No que levamos de ano, máis de 1000 alumnxs de 17 centros de ensinanza pública da provincia de Pontevedra asistiron a unha das charlas sobre Diversidade afectiva e de xénero que as voluntarias de Nós Mesmas imparten.
O Plan de Formación, como cada ano, comezou en xaneiro, máis este ano cunha novidade, no 2017 poderíamos chegar a moitísimos máis centros que noutras ocasións xa que a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto que lle presentamos e asinamos un convenio de colaboración.
Neste proxecto, ademais das charlas para educación secundaria e último ciclo de primaria, inclúense novidades, como unha campaña para os institutos e formación específica para profesorado, que levarase a cabo o próximo 21 de outubro.
En breve, informaremos polo miúdo destas dúas accións, por agora, tódolos centros ou o profesorado que estea interesadx en que acudamos ao seu centro a impartir unha charla só ten que escribirnos co asunto "Charlas DAS" ao correo nosmesmas@felgtb.org
Coa subvención de:
0 comentarios:
Publicar un comentario