Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

martes, 14 de agosto de 2018

Linguaxe tránsfoba: linguaxe asasina

Hoxe enviabamos unha denuncia a certos medios de comunicación pola utilización dunha linguaxe discriminatoria no tratamento da desaparición de Mark, o rapaz de Ourense trans. Durante días e en medios como El Español, La Región de Ourense, 20 Minutos, La Sexta....leímos como era tratado en femenino, nomeado incorrectamente, facendo caso omiso a súa autodeterminación do seu xénero. Foi unha de tantas veces que o tratamento que a prensa lle...

Obradoiro Autocoñecemento é Poder

Abrimos prazo de inscrición para os obradoiros continuos de Autocoñecemento é Poder que comezarán a primeira semana de setembro. Un espazo para re-coñecerse dende o bo trato. Un espazo para compartir e onde re-coñecenos semellantes e diversas. Hai límite de prazas polo que se tes interese é importante que nos contactes antes do venres día 24 de agosto.  Precisamos saber cal é a túa dispoñibilidade, día da semana e horario,...

lunes, 13 de agosto de 2018

1ª Merenda Trans*

Xuntxs creamos máis e mellor! Por iso vos propoñemos merendar xuntxs o próximo 23 de agosto ás 20h, para compartir e intercambiar ideas para a creación dun grupo de apoio Tran*. Confirma a túa asistencia no correo nosmesmas@felgtb.org ou por whatsapp no 627736965 ...

miércoles, 8 de agosto de 2018

Servizo gratuíto de Atención Psicolóxica

 O Servizo de Atención Psicolóxica, permanece activo e durante os meses de agosto e setembro, é gratuíto e realizará atencións individuais e grupais, traballando a aceptación persoal e familiar, obradoiros de autoestima e empoderamento, superación das agresións e como facerlle fronte á discriminación. A psicóloga estará dispoñible para as sesións, previa cita, os martes, mércores e xoves, para contactar pasate pola nosa sé na Porta...

jueves, 2 de agosto de 2018

Como foi o Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018

Neste 2018 milleiros de persoas acompañaron a bandeira multicolor polas rúas de Vigo no Orgullo LGTBI organizado por Nós Mesmas. No que foi o Orgullo LGTBI máis numeroso celebrado na nosa cidade, puidimos ver, unidas, unidos e unides, a persoas de tódalas idades, de moitas partes da Galiza, pertencentes a outros colectivos feministas...por un mesmo obxectivo: REIVINDICAR A DIVERSIDADE. Dende Nós Mesmas é un orgullo aínda maior ver a tantisima xente na rúa, porque a diario atopámonos con persoas que chegan a asociación con vidas cheas de historias....