martes, 14 de agosto de 2018
Linguaxe tránsfoba: linguaxe asasina
17:15
bifobia, educación, igualdade, LGTB, Nos mesmas, respeto, transexuales, transfobia, transxénero
No comments
Hoxe enviabamos unha denuncia a certos medios de comunicación pola
utilización dunha linguaxe discriminatoria no tratamento da desaparición de
Mark, o rapaz de Ourense trans.
Durante días e en medios como El Español, La Región de Ourense, 20 Minutos,
La Sexta....leímos como era tratado en femenino, nomeado incorrectamente,
facendo caso omiso a súa autodeterminación do seu xénero.
Foi unha de tantas veces que o tratamento que a prensa lle da a novas
vencelladas ao colectivo LGTB non nos dignifica, restanos visibilidade,
estigmatízanos.
Está é unha das cartas que enviamos:
Isto sempre foi e é máis cruento cando o ou a protagonista é unha persoa
trans.
E xa temos un novo exemplo...20 minutos, Antena 3, Diario de Sevilla, El
Mundo, Diario de Valladolid, Diario de León, etc nomean a unha persoa trans,
que foi brutalmente agredida, como “un home vestido de muller”.
Os medios de prensa están fomentando a transfobia e a discriminación,
perpetúan a violencia e a exclusión que a cotío ten que afrontar unha persoa
trans. BASTA XA!
Non hai escusas, non son despistes, non é falta de información. Os medios
de comunicación que publican este tipo de novas, fomentan as agresións e as
discriminación, son CULPABLES DE INCITAR AO ODIO.
EXISIMOS POR PARTE DE ESTOS MEDIOS UNHA RECTIFICACIÓN E UN COMPROMISO,
PÚBLICO DE RESPECTO Á DIVERSIDADE.
E aquí deixamos o enlace á Guía de Boas Prácticas para os Medios de Comunicación elaborada no 2017 pola FELGTB e xs periodistas de CCOO: Guía Boas Prácticas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario