No que foi o Orgullo LGTBI máis numeroso celebrado na nosa cidade, puidimos ver, unidas, unidos e unides, a persoas de tódalas idades, de moitas partes da Galiza, pertencentes a outros colectivos feministas...por un mesmo obxectivo: REIVINDICAR A DIVERSIDADE.
Dende Nós Mesmas é un orgullo aínda maior ver a tantisima xente na rúa, porque a diario atopámonos con persoas que chegan a asociación con vidas cheas de historias. Historias, que moitas veces non son doadas de contar nin de recordar, e historias que acontecen no presente.
Por iso, e por todo o que provoca estas situacións de discriminación, desigualdade, de agresións...seguiremos traballando día a día e seguiremos pedíndoos que polo 28 de xuño enchades as rúas de cor, de berros, de tambores e de orgullo.
Grazas a todas as persoas voluntarias que o fixechedes posible, a todos os locais que colaboraron e a todas as entidades compañeiras que puxeron o seu gran de area.
Deixamos vídeo da mani e enlace para ver fotos de todo o mes de actos do orgullo:
0 comentarios:
Publicar un comentario