miércoles, 30 de octubre de 2019

#EuEducoEnDiversidade #TeñenDereitoASaber Acción contra a campaña lgtbfóbica de HazteOír nas escolas

Segundo a lexislación actual, os centros educativos de todo o territorio estatal teñen a obriga de incluír nos seus contidos a educacion en diversidade afectiva sexual e de xénero.

Por iso hoxe, entidades LGTBI de todo o estado, solicitamos ao Ministerio de Educación como as nosas respectivas Consellerías de Educación que se posiciónen ante este ataque a diversidade e recorden a toda a comunidade educativa a necesidade e obrigatoriedade de incluír a formación en diversidade afectiva sexual e de xénero nas súas aulas.

Dende Nós Mesmas envíamos a seguinte carta a Carmen Pomar Tojo, Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:


Estimada Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; Carmen Pomar Tojo;

Poñémonos en contacto con  Vd. dende o colectivo  lgtbi+:  Asociación Nós Mesmas, entidade membro da  FELGTB.

O motivo desta solicitude é para trasladarlle a nosa preocupación e malestar pola repartición en diferentes centros educativos de cartas, folletos, panfletos, etc… entidade HazteOir, con mensaxes en contra da realidade  lgtbi+, xa que non só son dirixidas á dirección dos centros senón que tamen directamente ao profesorado, asociacións de ANPAS e entre o propio alumnado. Denunciamos que nesta campaña, aténtase contra os dereitos fundamentais das persoas, o dereito á educación e a liberdade do ensino, fomenta  odio cara ás persoas e familias  lgtbi+, incumprindo  a vixente lei  educativa e as normativas en materia de Igualdade e Diversidade e que poden incorrer nun delito de odio.

Nós Mesmas confía plenamente no labor e no valor docente, achegando as aulas a diversidade existente na nosa sociedade e que tanto enriquece as aulas, pero preocúpanos o efecto que recibimos dalgúns centros educativas e familias, parte tan importante da comunidade educativa, despois da recepción de dito material e como, este efecto, repercutirá no alumnado.
Coñecemos a inclusión da obrigatoriedade de traballar a diversidade afectivo sexual no Plan de igualdade que se atopa recollido no Plan Educativo do Centro co fin de que se garantan os elementos incluídos na vixente lexislación educativa:

Na  LOMCE como un dos principios do sistema educativo “a equidade, que garanta a igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades que axuden a superar calquera discriminación”  así como “a transmisión e posta en marcha de valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como que axuden a superar calquera tipo de discriminación” 

No Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o Currículo de Educación Infantil en en Galicia, onde recollesé como fin da educación desta etapa, no seu artigo 3: “Potenciarase a transmisión de aqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidaridade, a tolerancia, o respecto (...) en todolos ámbitos da vida persoal, familiar e social” e como obxectivo para o segundo ciclo de infantil, entre outros, plasma o “Recoñecemento e respecto dos diferentes tipos de familias.”

No Artigo 11  do  Decreto 105/ 2014  do 4 de setembro do Currículo de Primaria: “Evitaranse os  comportamentos, estereotipos e  contidos sexistas, así como  aqueles que  supoñan discriminación por razón dá orientación sexual  ou dá  identidade de  xénero,  favorecendo a  visibilidade dá realidade homosexual, bisexual, transexual,  transxénero e  intersexual.”

No Decreto 86/2015, do 25 de xuño, do Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no artigo 4 establece que: “A consellería con competencias en materia de educación fomentará o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con discapacidade, e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Evitaranse os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.”

E no VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, na área estratéxica 1, dedicada á igualdade na educación e nos valores, establece a necesidade de actuar na promoción de valores e actitudes inclusivas e normalizadoras respecto da orientación sexual e as identidades de xénero, dado que a “homofobia, a lesbofobia e a transforbia teñen a súa orixe nun sistema machista, que utiliza estas manifestacións de rexeitamento social como un mecanismo para limitar a diversidade de xéneros e que é moi efectivo para manter que os modelos de “home” e de “muller” se sitúen dentro da “normalidade”, isto é, no socialmente establecido” e no obxectivo específico 1.6, dirixido a promover valores e actitudes inclusivas e normalizadoras respecto da orientación sexual e as identidades de xénero, con tres medidas concretas, que, polo interese para este proxecto, se detallan a continuación:
o 2.1.6.1 Desenvolvemento de accións de visibilización e sensibilización social que fomenten actitudes de respecto e tolerancia á diversidade de orientación sexual, desde a promoción dun cambio cultural e de valores en favor da igualdade de xénero.
o 2.1.6.2 Impulso de espazos de encontro e participación do conxunto da comunidade educativa nos que se promovan valores e actitudes favorecedores da plena inclusión e a normalización das orientacións sexuais e a identidade de xénero.
o 2.1.6.3 Fomento de actitudes de respecto e tolerancia entre a poboación adolescente e xuvenil que favorezan a inclusión das diversas orientacións sexuais e identidades de xénero.
Como na  Lei 2/2014 do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e  intersexuales que ten coma  obxectivo garantir o principio de igualdade de trato e de non discriminación

Pero é preciso unha aposta maior polos dereitos do alumnado, polo que esixímoslle un posicionamento público e firme a través dun comunicado chegue a toda a comunidade educativa, en especial ás familias, ANPAS e Escolas de Familias, afianzando os valores democráticos  que a Carta Magna outorgou a todos os cidadáns, coma queda recollido no  Art. 27 “a educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto ós principios democráticos e ós dereitos e liberdades fundamentais”, para erradicar calquera comportamento discriminatorio cara a comunidade LGTBI+ e a necesidade e a obriga de formar o alumando na diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero.

Pola nosa banda, estamos á súa disposición para facer todo o necesario para axudar a construír  unha sociedade de persoas responsables, respectuosas, con valores, con capacidade de esforzo e compañeirismo, alegres e tolerantes.  Así mesmo, emprazámoslle a unha reunión proximamente para abordar este tema entre outras cuestións







0 comentarios: