jueves, 9 de enero de 2020
STOP Agresións LGTBIfóbicas!
11:02
No comments
Dende Nós Mesmas condeamos a violencia machista e lesbófoba acontecida fai 15 días en Carballo, A Coruña.
Aquí a noticia da Voz de Galicia, 14/11/2019
Dúas menores agredidas físicamente por rapaces tamén menores, polo simple feito de SER.
Os discursos da extrema dereita, machistas, lesbófobos, tránsfobos, bífobos e gayfobos, fomentan a violencia e a discriminación e aumentan a brecha da desigualdade. SON DESCURSOS DE ODIO QUE FOMENTAN O ODIO, é como tal, son delito!
Dende Nós Mesmas condenamos esta agresión, condenamos e denunciamos unha sociedade homófoba que impide que dúas menores denuncien unha brutal agresión porque as súas familias non saben que son lesbianas e que permite que estes agresores (e todas as persoas ao redor) aprendan que non pasa nada por pegarlle unha paliza a unhas lesbianas e exisimos que se apliquen as leis e un partido como VOX España sexa declarado inconstitucional por vulnerar os dereitos humanos, por fomentar o odio. A intolerancia non é un discurso a tolerar!
Estes discursos provocan medo e rechazo na poboación, poñendo en perigo as nosas vidas, poñendo en perigo a convicencia e poñendo en risco o camiño feito cara a igualdade e a diversidade e a non discriminación no noso Estado.
Esta agresión quedará impune, como tantas outras, dende Nós Mesmas e dende os colectivos LGTBI galegos, non deixaremos de loitar cada día para que isto cambie, para que a LGTBIfobia non quede impune e non sexa considerada unha "opción ideolóxica democrática".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario