Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

martes, 18 de novembro de 2014

Curso Iniciación á Talla Madeira, 36h

Abrimos portas a novas temáticas e persoas coas que contacta a Asociación.
Neste caso colaboramos coa cesión do noso local para a impartición dun Curso de Iniciación á Talla de Madeira.

Estás son as características do curso:

36 horas de duración.
Sábados de 10.30 ás 13.30h
Inicio 13 de decembro
Importe total 60€, inclue o material a utilizar.
Imparte David Portela, carpinteiro e ebanista.
Destinatarios: calquera persoa con interese, non son precisos coñecementos previos.

As prazas son limitadas, co fin de que a ensinanza sexa nun grupo reducido e podes inscribirte ata o 5 de decembro mandando un mail a d.portela2010@gmail.com ou contactando co profesor directamente no 610.381.125

Máis sobre o curso:

Para que te prepara?
-Adquirir coñecementos e metodoloxía necesaria para realizar a talla ornamental en madeira.
-Adquirir habilidade e destreza na utilización das ferramentas.
-Tomar contacto cos diferentes tipos de madeira idóneos para a talla e aprender a diferencialos.

Temario:
1. A madeira:
Tipos de madeira idóneos para a talla.
Características, aspecto e recoñecemento.

2.Ferramentas:
Descrición e características das ferramentas e materiais utilizados na talla de madeira.
Uso, seguridade e mantemento.

3. Nocións dibuxo técnico.

Parte práctica do curso:

-Adquirir un bo uso das ferramentas de talla de madeira ata conseguir habilidade e destreza.
-Práctica no afiado e suavizado das gubias.
-Exercicios prácticos para o recoñecemento da veta e sentido da madeira.
-Iniciación a talla a través dun primeiro exercizo bidimensional, para aprender a realizar representacións tridimensionais.
-Realización dun segundo traballo, libre, de elementos ornamentais aplicados ao mobiliario.


luns, 22 de setembro de 2014

A bisexualidade no ámbito público, unha mirada a historia

Deixamos aquí un pequeno percorrido das mulleres e homes que o longo da historia fixeron pública a súa bisexualidade, facendo camiño cara a igualdade e a visibilidade bisexual.

Cales máis coñeces?? axúdanos a completar este percorrido






domingo, 14 de setembro de 2014

Curso CHAPUZILLAS. Obradoiro de pequenas reparacións no fogar.


Dende Nós Mesmas poñemos en marcha un novo obradoiro chamado "CHAPUZILLAS. Obradoiro de pequenas reparacións no fogar", dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer pequenos arranxos na súa propia casa sen necesidade de depender dun profesional. O obxectivo é dotar ás persoas asistentes duns coñecementos mínimos en carpintería, ebanistería, fontanería, electricidade...

Realizaráse todos os mércores de 19.30h a 21.30h, dando comezo o mércores 1 de outubro e finalizando o 28 de xaneiro do próximo ano.

Ten un total de 30 horas, que serán abaladas por un certificado expedido pola Deputación de Pontevedra (curso subvencionado pertencente ao Programa Pensa en ti), nas que ademáis de todo o que aprendas poderás traer contigo todas as túas dúbidas ou cacharros que teñas na casa e queiras aprender (ou tentar) a arranxar.

O prezo total é de 10€ que abonarase o primeiro día do curso e realizarase na nosa sede: Porta do sol, 11-Bis, 1º en Vigo.

Podes inscribirte no seguinte formulario:

Para calquera dúbida contacta con Nós Mesmas en info@nosmesmas.com ou nosmesmas@felgtb.org



xoves, 19 de xuño de 2014

Obradoiro autoerotismo feminino, luns 23 ás 20h


Autoerotismo. Un encontro para intercambiar ideas e experiencias, e explorar a relación sexual e amorosa con nós mesmas.

A masturbación é a relación sexual e amorosa máis longa que podemos ter. É a forma de coñecer a nosa propia xeografía, para viaxarnos por pracer e compartir os mapas con quen desexemos. Neste encontro partiremos do proxecto colectivo "Masturbación e Boas Linguas", para intercambiar pensamentos, sensacións, experiencias... Dende unha perspectiva positiva da sexualidade.

Facilitadora: Mai Insua, Psicóloga especializada en sexualidade e xénero; formadora e tapersera en Los Placeres de Lola.

Onde: Casa das mulleres, Rúa Romil, 20, en Vigo.
Cando: Luns 23 de xuño ás 20h
inscrición: DE BALDE E SÓ 15 PRAZAS!! confirma a túa asistencia por correo a nosmesmas@felgtb.org

QUE MÁIS NESTA SEMANA DO ORGULLO??? MIRA AQUI

martes, 10 de xuño de 2014

ORGULLO VIGO 2014 "Polos Dereitos Humanos LGTB"


 PROGRAMACIÓN ORGULLO LGTB VIGO 2014

TODA A SEMANA:
Exposición fotográfica na Praza da Princesa
Exposición Biblioteca Pública Central  Onde??

LUNS 23

12h Izada bandeira LGTB  no Concello de Vigo
20h Obradoiro autoerotismo feminino
Casa das Mulleres Onde??
Facilitadora: Mai Insua, Psicóloga especializada en sexualidade e xénero; formadora e tapersera en Los Placeres de Lola.


MARTES 24
19h Lectura aberta monique Wittig
 Praza da Constiución
20.30h Presentación libro “Sangue doce”
Plaff Onde??

MÉRCORES 25
19h Curtametraxes LGTB “La Pecca Selección”
 Museo Arte Contemporáneo, MARCO Onde??

XOVES 26
19h Mesa redonda “Dereitos sexuais e reproductivos no colectivo LGTB”
Biblioteca Pública Central de Vigo  Onde??




VENRES 27
19.30h Contacontos infantil
Praza da Constitución

SÁBADO 28
20h Manifestación “Polos Dereitos Humanos LGTB”
Saída do cruce Colón con Urzaiz
Amenizada polo Bloquinho Aperta

21.15h Pregón por Beatriz Suárez Briones

21.45h Festa OrgullosX
Actuación de La Prohibida
Dj Pablo Senra


Praza da Pedra Onde??

DOMINGO 29
13h Encontro-xantar  de mulleres, Alcabre
INSCRIBETE POR MAIL: nosmesmas@felgtb.org (asunto "Encontro")


sábado, 10 de maio de 2014

17 de Maio, Día contra a LGTBfobia

O 17 de maio celebrase o Día contra a LGTBfobia coincidindo co aniversario da eliminación en 1990 da homosexualidade do listado de enfermedades mentas da OMS.

Xa fai 24 anos disto...pero aínda hoxe existen países nos que as leis penan a homosexualidade e a transexualidade, neste ano 2014 "Polos dereitos humanos LGTB" organizamos unha xornada especial na que coñecer máis sobre esta realidade:

Vénres 16 de maio, ás 19.30h na sede: Proxección e debate Documental "Caza al Homosexual" de Jon Sistiaga.

Domingo, 18 de maio: Andaina contra a LGTBfobia
Ruta de senderismo en San Miguel de Oia, de 6 km e de dificultade facil.

Traede as vosas mascotas!

Saída ás 11h do Porto de Canido

Churrascada no monte ao remate!
Despois de camiñar...un bo churrasquiño!! con acompañante, bebida e doce por 10€ co que financiamos o aluguer da sede.

Imprescindible inscribirse!!!! ata o vénres 16 ás 15h (por mail a nosmesmas@felgtb.org, correo de facebook ou tlf)
(entendemos que poda xurdir un problema de última hora, pero pensa que se te das de baixa o mesmo día, son cartos e alimentos que tiramos!)

sábado, 26 de abril de 2014

Porque un día como o de hoxe? 26 abril, día da visibilidade lésbica

Esta semana celébrase o Día da Visibilidade Lésbica, un día no que as mulleres lesbianas, algunhas de nós, as que podemos, vémonos na obriga de saír á rúa, unha vez máis, de romper armarios, de ter que VISIBILIZAR cal é a nosa orientación sexual, que nos gustan e nos sentimos atraídas sexual e afectivamente por outras mulleres.

E porque isto é necesario? Porque temos que facer pública unha parte da nosa vida que non lle tería que interesar a ninguén?

Pois porque, aínda agora, o que non se ve non existe. E as mulleres lesbianas, como sempre pasou ás mulleres noutros ámbitos, vivimos na invisibilidade, nas sombras escuras que negan  o noso pracer, o noso desexo…en definitiva, a nosa sexualidade como mulleres libres de decidir.

Unha vez máis, esta invisibilización débese en parte á violencia estrutural á que os gobernos nos tentan someter. Hoxe queremos denunciar a modificación que o Ministerio de Sanidade vai realizar na Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde.

Sabemos que non son amigos da autodeterminación das mulleres sobre a súa maternidade e sexualidade, e igual que queren impedirnos que decidamos como e cando queremos ser nais, coa modificación da lei do aborto,  restrínxenos tamén o acceso ás técnicas de Reprodución asistida ás parellas de mulleres e mulleres soas, baixo o criterio machista, inconstitucional e discriminatorio de protexer en exclusividade ás familias compostas por un home e unha muller.

Con esta medida, o Ministerio de Ana Mato só garante a paternidade cando haxa un home de por medio, xa que se el non está presente as mulleres non temos dereito a reprodución asistida na rede pública gratuíta. Con esta aplicación segada da Lei de Reprodución asistida, as mulleres non somos acredoras dun dereito, senón que só o é a súa parella masculina, quedando as mulleres lesbianas totalmente discriminadas da carteira de prestacións comúns do sistema sanitario público.

Son varias as Comunidades Autónomas que xa anunciaron que non vetarán o acceso a ningunha muller a este servizo (Andalucía, Estremadura, Asturias, País Vasco e Canarias), e decidiron aumentar a cobertura dos servizos mínimos para estes casos nos que a Carteira básica é discriminatoria, por iso demandamos hoxe aquí, á Consellería de Saúde da Xunta de Galicia a inclusión das parellas de mulleres e mulleres soas no acceso ás técnicas de Reprodución asistida, rexeitando esa medida discriminatoria do goberno.


Por todo iso e por moito máis, hoxe saíremos á rúa, aquí en Vigo, reivindicando a nosa condición sexual, facéndoa visible e reclamando o que se nos nega, e porque confiamos en que chegue un día en que todo isto xa non sexa necesario. Mentres tanto, contamos con vós mulleres e homes que estades aquí para facer solidaria á sociedade na nosa loita.

26 ABRIL, RÚA DE PRINCIPE ÁS 20H, ACCIÓN REIVINDICATIVA!
BALEIREMOS OS ARMARIOS!