lunes, 22 de octubre de 2012

Curso "Relacionándonos en lingua de signos" e inscripción


Esta actividade xurde como compromiso de Nós Mesmas coa loita contra a discriminación e a desigualdade, situacións das que, en casos como a accesibilidade de persoas xordas, somos participes.

A través de este curso, aberto a calquera persoa que queira participar e aportar, achegarémonos á realidade e comunicación das persoas xordas.

Traballaremos expresión corporal, memoria visual, coordinación oculo-manual e, como non, lingua de signos.

Queremos que esta sexa unha ferramenta válida para a integración, para a creación de vínculos coa comunidade xorda galega e fomentar a comunicación entre persoas xordas e oíntes para relacionarnos sen barreiras.

Será un pequeno paseo, a través de 15 horas, pero esperamos que sexa un bo comezo.
Datas:
5, 7, 12, 14, 19 e 21 de novembro de 19.30 a 22h no local de Nós Mesmas, Porta do Sol, nº11 bis, 1º, Vigo

Prezo 20€ e de balde para asociadxs.

0 comentarios: