lunes, 22 de octubre de 2012

Obradoito: ¿Que é "ser unha muller"? ¿Que é "que che gusten as mulleres"?


Venres 26 de outubro de 2012, de 19:30 a 21:30 horas na Casa da Muller de Vigo (Rúa Romil, 20)

¿Hai mulleres con pene? ¿Hai lesbianas que están con homes? ¿Que é 
ser pansexual? ¿Que é iso da orientación afectiva? Esta e outras preguntas son as que plantexaremos e debatiremos neste obradoiro organizado pola Asociación Nós Mesmas (Aso Nosmesmas) e impartido por Xiana GF.

O obradoiro está deseñado especialmente para persoas que se identifican como “mulleres ás que lle gustan as mulleres” (o significado desta frase está suxeito a interpretacións persoais), pero pode acudir calquera persoa que teña interese no tema e queira participar dun xeito aberto e respetuoso.

Durante a xornada combinaremos dinámicas de reflexión individual, chuvia de ideas e debate en grupo. Esta é unha lista dalgúns dos temas que imos tratar:
- Sexo (biolóxico) e xénero (cultural)
- Femia, macho, muller, home, feminino, masculino
- Corpos e identidades transxénero/transexuais
- Corpos e identidades de xénero non-binario
- Corpos e identidades diversexo/intersexo
- Orientacións e identidades sexuais: homosexual, bisexual, polisexual, pansexual, asexual
- Orientacións e identidades afectivas

O obradoiro está impartido por Xiana GF. Xiana é estudiante de Ciencias Agrarias e Botánica en Cornell University (EEUU); autora do documental curto “Vera, Lara (and visas)”, premiado no festival de cine GLBT Lesgaicinemad (Madrid, 2011) e proxectado noutros festivais internacionais; pensadora e blogueira enhttp://xianagf.wordpress.com/; e coordinadora do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero do partido EQUO.

¡Agardamos por vós o venres 26 de outubro de 19:30 a 21:30 horas na Casa da Muller de Vigo (Rúa Romil, 20)!

0 comentarios: