Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

viernes, 26 de febrero de 2016

O Informe Delitos de Odio de 2015 amosa a punta do iceberg das agresións por LGTBfóbia

O Informe de Delitos de Odio 2015 do Ministerio do Interior, amosa a punta do iceberg das agresións por orientación sexual e identidade de xénero. Dito informe fixa a cifra en 1324 delitos relacionados co odio, e coloca as agresións deivadas da lgtbfóbia en cuarto lugar, por detrás dos delitos por racismo e xenofobia, por ideoloxía e dos ataques a persoas con discapacidade. De 523 delitos en 2014 a 168 en 2015. Unha baixada moi significativa...

martes, 16 de febrero de 2016

O caso Laura Bugalho ou a persecución xudicial á solidaridade.

Sí, fai un tempo que volven a circular novas polas redes sociais de Laura, compañeira no activismo (LGTBI no noso caso, pero aquí non remata o seu), falando de xuizo, anos de prisión....a data da nova, 2013, confusión...e suspiro! non está de novo a punto de ser enxuizada. Pero poucos días tiveron que pasar para darme de conta de que seguian circualndo novas en torno ao tema, e é que cando o río sona.... Volvamos ao principio para ver se...

Concentrámosnos diante do Marco por Antonio Roldan e Rober

MANIFIESTO CONCENTRACIÓN GALIZA UNIDA CONTRA A LGTBIFÓBIA Dende a Asociación Nós Mesmas reunímonos hoxe aquí con urxencia xa que o pasado martes tivo lugar en Santiago outra agresión homofóbica. Antonio Roldan foi agredido verbal e fisicamente nun supermercado e máis tarde, os mesmos agresores que os perseguiron ata o hospital onde era atendido, continuaron coa retaila de insultos e agravios contra Roberto Santiago, a súa parella, chegando...

viernes, 12 de febrero de 2016

Concentración en repulsa das agresións homofóbicas acontecidas en Santiago.

Mañán sábado, 13 de febreiro ás 12h, terá lugar fronte ao Museo Marco, unha concentración denunciando a agresión homófoba que tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela. A Asociación Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lésbicas e bisexuais, organiza dita concentración baixo o lema “Galiza unida contra a LGTBIfobia” convocándose de forma unitaria co resto de colectivos LGTBI galegos que realizan cadansúas concentracións...