viernes, 26 de febrero de 2016
O Informe Delitos de Odio de 2015 amosa a punta do iceberg das agresións por LGTBfóbia
20:01
No comments
O Informe de Delitos de Odio 2015 do Ministerio do Interior, amosa a punta do iceberg das agresións por orientación sexual e identidade de xénero.
Dito informe fixa a cifra en 1324 delitos relacionados co odio, e coloca as agresións deivadas da lgtbfóbia en cuarto lugar, por detrás dos delitos por racismo e xenofobia, por ideoloxía e dos ataques a persoas con discapacidade.
De 523 delitos en 2014 a 168 en 2015. Unha baixada moi significativa que non amosa realmente unha diminución dos delitos contra persoas LGTB, senon unha forma diferente de catalogalos.
Según o Observatorio de Redes contra el Odio da FELGTB, máis do 70% de quen sufre unha agresión física ou verbal, ou ameaza con tintes LGTBfóbicos non o denuncia, sendo unha das principais razóns o medo de saír do armario ou a sensación de que o agresor non terá consecuencias. A cifra de agresións, por tanto, extrapolando datos, superaría o medio millar.
Constantemente temos constancia dunha nova agresión a unha persoa LGTBI, ben a través das noticias (as menos), a través das redes sociais por difusión doutras entidades, ou porque chegan directamente a nos para denunciar e contar o que lles aconteceu.
En Galiza temos aínda moi fresco a agresión acontecida contra Antonio Roldan e a súa parella, fai escasas semanas, en Santiago de Compostela, unha agresión que férenos aínda máis ao ser conscientes de que contamos cunha Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galicia, carente de contido en sancións específicas (entre outras moitas cousas).
Con todo isto, sumámonos ás exisencias da FELGTB ao Ministerio do Interior:
-Unha Lei de Proteción integral contra os Delitos de Odio que mellore o tratamento das denuncias e a protección dxs afetadxs.
-Melloras nos rexistros policiais.
-Formación policial estructural.
-Formación dos operadorxs xurídicos.
-Aplicación do protocolo para as forzas e corpos de seguridade do Estado.
-Campaña de achegamento ás vitimas e apoio ás entidades que exercen de mediadoras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario