martes, 16 de febrero de 2016
Concentrámosnos diante do Marco por Antonio Roldan e Rober
20:36
No comments
MANIFIESTO CONCENTRACIÓN GALIZA UNIDA CONTRA A LGTBIFÓBIA
Dende a Asociación Nós Mesmas reunímonos hoxe aquí con urxencia xa que o pasado martes tivo lugar en Santiago outra agresión homofóbica.
Antonio Roldan foi agredido verbal e fisicamente nun supermercado e máis tarde, os mesmos agresores que os perseguiron ata o hospital onde era atendido, continuaron coa retaila de insultos e agravios contra Roberto Santiago, a súa parella, chegando tras el ata a mesma habitación onde Antonio se atopaba e onde o persoal médico tivo que “custodialos” ata a chegada, de novo, da policía.
Neste caso, os agravios non só estaban cargados dun profundo sentimento homofóbico, senon tamén serófobo, realidade moitisimo máis invisibilizada que a relativa á orientación sexual e que exclúe ás persoas que viven con VIH+ do ámbito social, familiar, laboral...as criminaliza e culpabiliza, obrigándoas a vivir ocultas.
E sí, esta é outra agresión de tantas, de tantas que ocorren a cotío, nas escolas, dentro da familia, no grupo de iguais, no noso lugar de traballo, na sanidade, cando paseamos por un parque ou, como neste caso, cando imos facer a compra.
A prensa di que estamos ante un aumento das agresións LGTBIfóbicas, pero é asi?
Pensamos que non, pero ninguen pode corroboralo xa que carecemos de rexistros, de investigacións, dun observatorio contra a LGTBIfóbia.....que xunto a invisibilidade do noso colectivo, do medo a que se repita ou á repercusión que pode ter unha denuncia, o descoñecemento dos nosos dereitos, a inseguridade ante a policía....impídenos, na maioría dos casos, denunciar e facelo público.
Aínda así, en Galicia seguimos a ser a terceira comunidade con maior número de delitos de odio por orientación sexual e identidade de xénero, sendo ata 3 veces maior a incidencia contra as mulleres lesbianas, bisexuais ou transexuais que sobre os homes.
E, que vai pasar cos agresores de Antonio e Rober?
Pois tampouco podemos dicilo.
Xa que a pesar de contar en Galicia coa primeira Lei estatal pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, o Goberno actual encargouse de vaciala de contido, eliminando, incluso, o artígo de sancións, co que está agresión non contará con ningún agravante de homofóbia, se non como simple delito de lesións.
Pero hoxe estamos aquí todas e todos nós, para apoiar a Antonio e a Rober, e para rexeitar pública e socialmente as agresións e a discriminación que vivimos lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais polo simple feito de ser quen somos.
Repetimos o lema feminista contra a violencia machista “Ningunha agresión sen resposta” e o facemos noso. Rechazamos o machismo e o patriarcado que pretende manter a súa fortaleza, o seu imperio e ditadura a través da imposición, da discriminación, da violencia e do asasinato de mulleres e nenas e daquelas que temos unha orientación sexual ou identidade de xénero que non responde o seu patrón heterocéntrico.
Seguiremos visibilizando estas agresións, facendo cómplices o resto da sociedade da inxustiza cometida e concienciando para que non se mire cara outro lado e todas e todos, nos impliquemos na erradicación da homofóbia, da bifobia e da transfóbia.
STOP LGTBIFOBIA!!
Queremos recordar ademáis, que esta tarde ás 20h volveremos a estár aquí coa Marcha Mundial das Mulleres na concentración en repulsa polo asesinato por violencia machista acontecido en Becerrea.
Ningunha agresión sen resposta!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario