viernes, 12 de febrero de 2016
Concentración en repulsa das agresións homofóbicas acontecidas en Santiago.
19:33
No comments
Mañán sábado, 13 de febreiro ás 12h, terá lugar fronte ao Museo Marco, unha concentración denunciando a agresión homófoba que tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela.
A Asociación Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lésbicas e bisexuais, organiza dita concentración baixo o lema “Galiza unida contra a LGTBIfobia” convocándose de forma unitaria co resto de colectivos LGTBI galegos que realizan cadansúas concentracións entre este vénres e sábado.
O pasado martes, Antonio José Roldan, foi agredido física e verbalmente nun supermercado da capital galega e as agresións continuaron, xa cara el e a súa parella, no hospital no que foi atendido. As agresións de carácter LGTBIfóbico suceden en Galicia constántemente, e debido a invisibilidade do colectivo, o medo das vitimas e o descoñecemento dos nosos dereitos, case non son denunciadas, aínda así, Galicia é a terceira comunidade con maior porcentaxe de delitos de odio cara lesbianas, gays, bisexuais e transexuais.
Ante situacións coma esta, Elisabet Pérez, representante de Nós Mesmas, afirma que “denunciar ante as autoridades é fundamental, pero ademáis debemos ser conscientes da importancia de realizar unha denuncia social, pública, xa que visibilizar estas agresións permítenos facer cómplices a sociedade da inxustiza cometida e concienciar para que todas e todos se impliquen na erradicación da LGTBIfóbia” e engade que “hai que ter en conta, que a Lei galega de visibilidade e non discriminación do colectivo LGTBI, carece de contido no referente ás sancións das agresións LGTBIfóbicas e por tanto, non pode ser condeada co agravante discriminatorio que ten.”
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario