Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

viernes, 22 de septiembre de 2017

Xornadas Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas

Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo. Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación...

jueves, 21 de septiembre de 2017

Plan de Formación en Diversidade Afectiva e de Xénero

No que levamos de ano, máis de 1000  alumnxs de 17 centros de ensinanza pública da provincia de Pontevedra asistiron a unha das  charlas sobre Diversidade afectiva e de xénero que as voluntarias de Nós Mesmas imparten. O Plan de Formación, como cada ano, comezou en xaneiro, máis este ano cunha novidade, no 2017 poderíamos chegar a moitísimos máis centros que noutras ocasións xa que a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto que lle...

jueves, 14 de septiembre de 2017

#BiEnVigo

Día Internacional da Bisexualidade 2017 O 23 de setembro é celebrase o día da bisexualidade, día no que reivindicar a nosa visibilidade e rachar con todos os prexuízos e tabús que seguen existindo, moitos deles afianzados pola idea social de ter que escoller e posicionarse dentro da dicotomía que nos impoñen, ou es heterosexual ou homosexual. Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón...