Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

viernes, 9 de noviembre de 2018

Charla de reproducción asistida e dereitos na maternidade homoparental

O próximo 20 de novembro a nosa compañeira Soledad Torres compartirá experiencias e testimonios reais en torno a Reproducción asistida e a maternidade homoparental nestas xornadas que organiza o Hospital de Fátima. Dúbidas tan comúns como como iniciar o proceso, quen me ten que derivar, que técnica é a que mellor se axusta a miña situación ou como é o proceso de filiación, DEBEMOS ESTAR CASADAS?? terán resposta nestas charlas Pero ademais,...

miércoles, 7 de noviembre de 2018

II Xornadas Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas

A Asociación Nós Mesmas leva 10 anos introducindo a diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas, impartindo charlas e obradoiros a alumnado de todos os niveis educativos e facilitando ferramentas e recursos pedagóxicos ao profesorado para traballar o respecto pola diversidade no día a día dos centros educativos. Estas actuacións no eido da educación, se complementan coa II edición destas Xornadas de Tratamento educativo da diversidade...

domingo, 4 de noviembre de 2018

Servizo de Orientación a mocidade LGTBI

Se tes menos de 30 anos este espazo é para ti! Pásate ou contáctanos con calquera dúbida ou inquedanza, se queres coñecer máis xente nova LGTB ou saber que actividades hai nas que podes participar. Temos info sobre ITS e prevención, sobre acoso escolar, sobre o proceso de tránsito, sobre como saír do armario coa familia...todo aquelo que poida ser do teu interese. Podes contactarnos por correo a nosmesmasjoven@felgtb.org ou...

martes, 14 de agosto de 2018

Linguaxe tránsfoba: linguaxe asasina

Hoxe enviabamos unha denuncia a certos medios de comunicación pola utilización dunha linguaxe discriminatoria no tratamento da desaparición de Mark, o rapaz de Ourense trans. Durante días e en medios como El Español, La Región de Ourense, 20 Minutos, La Sexta....leímos como era tratado en femenino, nomeado incorrectamente, facendo caso omiso a súa autodeterminación do seu xénero. Foi unha de tantas veces que o tratamento que a prensa lle...

Obradoiro Autocoñecemento é Poder

Abrimos prazo de inscrición para os obradoiros continuos de Autocoñecemento é Poder que comezarán a primeira semana de setembro. Un espazo para re-coñecerse dende o bo trato. Un espazo para compartir e onde re-coñecenos semellantes e diversas. Hai límite de prazas polo que se tes interese é importante que nos contactes antes do venres día 24 de agosto.  Precisamos saber cal é a túa dispoñibilidade, día da semana e horario,...

lunes, 13 de agosto de 2018

1ª Merenda Trans*

Xuntxs creamos máis e mellor! Por iso vos propoñemos merendar xuntxs o próximo 23 de agosto ás 20h, para compartir e intercambiar ideas para a creación dun grupo de apoio Tran*. Confirma a túa asistencia no correo nosmesmas@felgtb.org ou por whatsapp no 627736965 ...

miércoles, 8 de agosto de 2018

Servizo gratuíto de Atención Psicolóxica

 O Servizo de Atención Psicolóxica, permanece activo e durante os meses de agosto e setembro, é gratuíto e realizará atencións individuais e grupais, traballando a aceptación persoal e familiar, obradoiros de autoestima e empoderamento, superación das agresións e como facerlle fronte á discriminación. A psicóloga estará dispoñible para as sesións, previa cita, os martes, mércores e xoves, para contactar pasate pola nosa sé na Porta...

jueves, 2 de agosto de 2018

Como foi o Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018

Neste 2018 milleiros de persoas acompañaron a bandeira multicolor polas rúas de Vigo no Orgullo LGTBI organizado por Nós Mesmas. No que foi o Orgullo LGTBI máis numeroso celebrado na nosa cidade, puidimos ver, unidas, unidos e unides, a persoas de tódalas idades, de moitas partes da Galiza, pertencentes a outros colectivos feministas...por un mesmo obxectivo: REIVINDICAR A DIVERSIDADE. Dende Nós Mesmas é un orgullo aínda maior ver a tantisima xente na rúa, porque a diario atopámonos con persoas que chegan a asociación con vidas cheas de historias....

viernes, 6 de julio de 2018

jueves, 10 de mayo de 2018

Estreo film Nove de Novembro e coloquio con Lázaro Louzao

Dentro da Programación do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018 disfrutaremos do filme Nove de Novembro, primeiro de temática LGBT  rodado en galego. O evento, coorganizado cos Multicines Norte, contará coa presencia do Director, Lázaro Louzao, co que se manterá un coloquio ao final da proxección. O film protagonizado por Ademar Silvoso e Brais Yanek, tivo un orzamento de só 30.000 euros e foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding,...

lunes, 7 de mayo de 2018

Noite Drag, participas?

O próximo sábado, 2 de xuño desde as 12 da noite no Mogambo, terá lugar a nosa primeira: NOITE DRAG Unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!! Seleccionamos a un máximo de 7 participantes dragqueen e dragking, que queiran amosar a súa arte enriba dos escenarios cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público. Os únicos requisitos son ser maior de idade e que a actuación...

jueves, 3 de mayo de 2018

Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018

10 anos de OrgulloS, 10 anos de Orgullo.   Nós Mesmas organiza o seu 10º Orgullo na cidade de Vigo   O 28 de xuño representa loita, reivindicación, rutura co sistema opresor, visibilidade, diversidade, dereitos humanos e empoderamento. Por todo isto, dende Nós Mesmas organizamos de forma colectiva e asamblearia e autoxestionada case por completo, diferentes actos en todo o mes de xuño que recollen esta diversidade, esta loita...

Fotos Bicada Lésbica e mesa de experiencias, Día da Visibilidade Lésbica 2018

Aquí poder ver algunha das fotos da bicada polo día da Visbildiade Lésbica, moitas grazas a todas as que participaron na bicada! Ademais, o 28 de abril tivemos a mesa de experiencias Lesbiana E Artista no Pub A Galería Jazz, onde nos acompañaron as grandes: Montse SorBeata no papel de gran presentadora, lesbiana visible. María Álvarez Hortas, alias Yupiyeyo, ilustradora, presntándonos o seu traballo en banda deseñada. Alba...

jueves, 26 de abril de 2018

Actos e manifesto Visibilidade Lésbica, 2018

Hoxe é 26 de abril, día da Visibilidade lésbica.  Saíremos hoxe a rúa, con bicos reivindicativos e sabendo que teremos que explicar porque temos que visibilizarnos, porque temos que saír a rúa e bicarnos en espazos públicos como algo reivindicativo, en moitos casos, comentarios respaldados baixo un "se tedes os mesmos dereitos". Pois non, nin temos os "mesmos dereitos" nin esta sociedade heteropatriarcal acolle a diversidade. Por...

jueves, 25 de enero de 2018

Cara fresca, mesmos valores #SempreNósMesmas

Cara fresca, mesmos valores #SomosNósMesmas Queremos presentárvos a nosa nova imaxe.  Este cambio de logo recolle o testigo destes 10 anos de loita polos dereitos das mulleres LBT, 10 anos de reivindicación polos dereitos e a igualdade das persoas LGTBI e 10 anos de visibilidade.  Feminismo, sororidade, compromiso, liberdade, empoderamento, horizontalidade, apoio mutuo... son conceptos que nos definen e que compartimos a diario...

viernes, 5 de enero de 2018

NOVO Servizo de Orientación e Apoio a Mocidade LGTB

Se tes menos de 30 anos este espazo é para ti! Pásate ou contáctanos con calquera dúbida ou inquedanza, se queres coñecer máis xente nova LGTB, ou saber que actividades hai nas que podes participar. Temos info sobre ITS e prevención, sobre acoso escolar, sobre o proceso trans...todo aquelo que te poida interesar! Podes contactarnos por correo a nosmesmasjoven@felgtb.org ou nos tlf 627 736 965 (Whatsapp) ou 722...