Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

lunes, 8 de noviembre de 2021

V Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas aulas, 27 de novembro

 A educación é un pilar fundamental para o avance social. Para construír unha sociedade na que todas, todos e todes teñamos cabida.Presentamos a V edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.Nestas xornadas abordaremos contidos e compartiremos experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos...

viernes, 22 de octubre de 2021

MOCIDADE LGTBI+, PRESENTE! Atención, asesoramento, encontros, actividades e moito máis!!

 Se tes entre 16 e 30 anos, este é o teu espazo!Un lugar propio onde poder informarte, despexar dúbidas, asesorarte sobre os temas que máis te interesan ou preocupan! Sexualidade, ITS, acoso escolar, tránsito, saída do armario, agresións ou discriminación...pero tamén sobre axudas e programas para mocidade nos que inscribirte, cursos e formación...Ademais poderás participar nun montón de actividades, obradoiros e encontros que temos preparados,...

miércoles, 6 de octubre de 2021

Volta ao cole Curso 2021-2022!

 Coñece as novas propostas que o Equipo de Educación de Nós Mesmas ten preparadas para este novo curso escolar!Desde Infantil a Formación Profesional, temos claro que a diversidade é un valor que debemos integrar con independencia da idade do noso alumnado, con estas propostas esperamos axudar ao profesorado na sensibilización da diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar e contra a discriminación.Clica nas imaxes e entra no blog de educación...

martes, 7 de septiembre de 2021

Cineastas galegas en Vigo

 Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo presentan este ciclo de cinema de cineastas galegas, con proxeccións de balde e debate posterior coas directoras.Os 3 traballos merecen, e moito, a pena, pero tiramos polo que nos toca e queremos destacar e animarvos a acudir o día 22 de setembro ás 20h ao visionado de Persoas S.A. de Carmen Granxeiro e producido por Arelas, asociación de familias de menores trans, e que recolle unha diversa...

miércoles, 25 de agosto de 2021

Obradoiros Pensar o Sexo

 Convidámoste a participar no próximo obradoiro para despedir o verán!Como cada ano, dende o servizo de atención psicolóxica de Nós Mesmas, organizamos un espazo para o encontro e o crecemento persoal. Desta volta trátase dun convite para pensar o sexo, reflexionar e compartir. Queremos con esta proposta achegar nocións e ideas dende unha educación sexual con sexoloxía que podan ser de utilidade para entendernos, vivir e convivir o máis agusto...

lunes, 26 de julio de 2021

Voluntariado LGTBI+ xuvenil

  O teu tempo e as túas capacidades son moi valiosas e útiles! Por iso animámoste a que te sumes ao proxecto de voluntariado xuvenil A mocidade en prol da diversidade!Se tes entre 16 e 30 anos e queres invertir parte do teu tempo para loitar contra a LGBIfobia, para contribuir en por fin á violencia e a discriminación cara as persoas sexo-diversas e para sensibilizar e visibilizar a realidade LGTBI ante outra xente nova, INSCRÍBETE! Este...

jueves, 22 de julio de 2021

Ven merendar! próximo xoves 29 de xullo ás 19hs

"Ven merendar!" un espazo no que coñecer-se dende a diversidade de experiencias e procesos identitarios relacionados coa transexualidade.Se te atopas con líos en relación á identidade e en particular se sintes estar ou estás en situación de transexualidade e che presta coñecer a outras persoas en situación semellante escríbenos a este email ou chámanos ao 722 286 300 Será a próxima semana, o xoves 29 de xullo ás 19hs no parque Camilo...

martes, 20 de julio de 2021

Denuncia aos Rexistros Civis por transfobia

 As persoas trans ven vulnerados os seus dereitos para cambiar o DNI,    [20/07/2021] As persoas trans seguen sometidas á vontade de quen as atende. A Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista de defensa dos dereitos das mulleres LBT, denuncia ante a Valedoría do Pobo a forma de proceder transfóbica dos Rexistros Civís ante a solicitude de cambio da mención ao sexo do DNI.   No contexto actual no que constantemente vemos...

viernes, 9 de julio de 2021

O servizo de atención psicolóxica na prensa

 O Servizo de atención psicoloxica comezou a andar fai catro anos, de forma gratuíta e desenvolvese entre os meses de maio e setembro, podes solicitar cita previa a través do correo nosmesmas@felgtb.orgContar con atención psicolóxica para o colectivo LGTBI é unha necesidade que en Nós Mesmas temos presente desde fai moitos anos, unha atención de calidade, especializada en sexualidade e na atención á identidade, cercana, sen tempos de espera...

martes, 6 de julio de 2021

Xustiza para Samuel

MANIFESTO CONCENTRACIÓN 5 DE XULLO XUSTIZA PARA SAMUELFotografía na concentración de Vigo de AlberteBelloO pasado sábado ás 3 da madrugada un grupo de salvaxes deulle unha malleira ata a morte a Samuel na Coruña. Asasinárono brutalmente. Aínda que estamos agardando a que as investigacións avancen, non podemos ficar calades fronte á morte dunhe des noses.Samuel era un mozo gay de 24 anos. Podería ter sido eu, poderías ter sido ti, ou...

jueves, 3 de junio de 2021

Servizo de atención psicolóxica, de maio a setembro do 2021

 Reabre o servizo de atención psicolóxica en Nós Mesmas! Un espazo de seguridade, condifencialidade e aprendizaxe. Un recurso gratuíto e aberto á comunidade.Os mércores e xoves en horario de mañá e de tarde e os venres en horario de mañá. Durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro.Se sintes que precisas acompañamento porque estás a pasar un mal momento, atravesando algunha dificultade ou sentindo malestar, se precisas dun...

Faladoiro con María Reimóndez sobre o libro Cobiza

 María Reimóndez, muller activista, feminista, cooperante, comprometida coa terra, implicada coas persoas. No pasado mes de febreiro o seu libro “Cobiza” conseguiu o “1º Premio Literario Pinto e Maragota” do presente ano.   Elixir este libro como un dos actos protagonistas do Orgullo Crítico LGTBI+ 2021 foi un acto premeditado, feito a conciencia e con moita satisfacción persoal. Este acto está organizado pola Asociación Nós Mesmas e...

miércoles, 2 de junio de 2021

Programación Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2021

Chega o mes do Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2021!!!! O Orgullo Crítico que organizamos desde Nós Mesmas, recompila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI, e como non pode ser doutra forma, este ano centrámosnos en visibilizar a realidade das persoas trans e en reivindicar unha lei integral trans! 2021 está sendo, ao igual que ano anterior, un ano compricado, con medidas sanitarias que...

lunes, 31 de mayo de 2021

Hemeroteca LGTBI+ online

É fundamental que coñezamos a memoria histórica do colectivo LGTBI+, saber de onde vimos, quen precedeu a nosa loita, que camiños abriron e cales seguen sendo as batallas que veñen de atrásNos seguintes enlaces podes atopar revistas e novas das décadas 90´s, 00´s e 10´s, cedidas por Susho Muiños e Esteban Souto, aos que lles agradecemos ternos cedido todo este materialEsperamos que, estes pequenos retazos de historia, sexan do teu interese!!!Índice...