Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 14 de mayo de 2015

Autobus I/V Orgullo LGTBI Madrid 2015

¿Queredes ir a mani do Orgullo en Madrid??? Saír de festa o sábado, ver o ambiente que hai en toda a cidade, facer algo diferente.....E SEN PREOCUPARVOS DE COMO IR, ONDE APARCAR, AS HORAS DE COCHE......




Este ano, xunto coa Axencia de Viaxes Agarimo, organizamos a viaxe por tan só 35€ ida e volta e incluíndo seguro de viaxe.

Aquí vos concretamos todas as condicións e como reservar, date prisa que só temos 55 prazas!!

-Saída dende Vigo o sábado 4 de xullo ás 6AM, dende Praza de España. (con parada en Ourense para recoller xente)
-Regreso dende Madrid o domingo 5 de xullo ás 12.30h dende Praza de España ou Atocha (está por cerrar o lugar e a hora exacta de saída).

-55 prazas máximas por orde de reserva e pago fianza.
-Prezo de 35€ Ida e volta cada praza (non hai prezo só ida, nin se pode devolver nada se non colles o bus de volta)

Reserva:

-Por teléfono 627 73 69 65 ou por mail info@nosmesmas.com, indicando no asunto "Autobus Madrid", inclué o nome completo e tlf de contacto ou mail de cada persoa que reserve praza.

-Unha vez que te confirmemos que tes/tendes praza, deberás facer o pago de 10€ en concepto de fianza por persoa cun tope de 4 días (se non recibimos a fianza perderás a reserva e deberás volver a inscribirte por mail), directamente na sede ou ingresando na seguinte conta do Santander a nome da Asociación Nós Mesmas, indicando como concepto o teu "nome+1ºapelido Bus Madrid"
IBAN ES50 0049 1788 2623 9001 3927 

-A semana do luns 29 de xuño, avisaremos se temos as reservas necesarias para pechar o bus (40 prazas) e terás un prazo de 3 días hábiles para facer o pago dos 25€ restantes. 

En caso de cancelar a praza a fianza non será devolta. Sí devolverasé a fianza, no caso de non chegar ás 40 prazas reservadas, xa que non poderíamos alugar o bus.

Organización Técnica: Viajes Agarimo –XG528
c/General Rubin, 21 Bajo – 36800 Redondela – Pontevedra: Tel 986 125 438.

ADEMÁIS!!! Se alguén animase, Nós Mesmas, asistirá un ano máis, a manifestación coa nosa faixa, vente con nós!!!

miércoles, 13 de mayo de 2015

Resultados campaña Vota Rosa, reunións con partidos políticos.



Despois de redactar o documento da entrada anterior coas propostas de Nós Mesmas aos partidos políticos, adicámonos a contactar con todos eles para facerlles chegar as nosas inquedanzas de cara ao tratamento e a representación do colectivo LGTBI nas políticas locais e solicitamos reunirnos para tratalas polo miudo.

Os partidos contactados e as súas respostas foron as seguintes:

PSOE___non entendían moi ben que queríamos, pasáronnos con Alcaldía no concello e a persoa que nos atendeu, tomou nota e quedou en chamar. Seguimos a espera. Non atopamos por o de agora o programa para facer unha lectura do mesmo.

PP___non nos pasaron con ningún responsable, convidáronnos a envíar a proposta por correo e xa a valorarían. Fixémolo. Lido o seu programa electoral, NON HAI NIN UNHA SOA MEDIDA DIRIXIDA AO COLECTIVO LGTBI, nin campañas de sensibilización ou medidas de inclusión laboral....nada.

BNG___aceptaron reunión, tivo lugar na nosa sé con Serafín Otero, cabeza de lista e Vitoria Iglesias (nº2). Pareceulles fundamental as demandas presentadas e comprometéronse a incluilas.
Agora mesmo o seu programa xa está colgado e atopamos incluidas parte das nosas propostas, por exemplo, varias no ámbito laboral, no de igualdade con medidas de especial atención as problemáticas das mulleres LBT ou contra a violencia machista por razón de orientación sexual das mulleres, propoñen a creación dun Programa de Información e Atención a población LGTB, campañas de sensibilización, etc.

Esquerda Unida___contactaron primeiro elxs con nós, pero finalmente unironse a Marea de Vigo.

Marea de Vigo___asistimos a unha das súas xuntanzas de elaboración asamblearia do programa. Apoiaron todo o contido das propostas que lle realizamos e así aparecen recollidas no seu programa, transversalizando a realidade LGTBI en todo o seu documento.

UPyD____non obtivemos resposta

CxG___non obtivemos resposta

Ciudadanos___non sabiamos que se presentaban ata fai pouco

A maiores, contactou con nos o BNG de Ourense, solicitando poder incluir as nosas propostas para a cidade de Ourense xa que coñeceran o documento que colgamos na web e estaban moi interesadas ao non poderse reunir con ningún colectivo ourensá LGTBI.


Como recollemos no documento coas nosas propostas, todas e cada unha de elas, forman un documento de mínimos que sentimos fundamental para respaldar a nosa cidadanía.
Non pedimos imposibles, pedimos dereitos, pedimos estar representadxs no noso goberno local, pedimos que se aborden as problemáticas que nos afectan e que se constrúa unha cidade diversa e igualitaria de forma visible e consciente.


O 24 de maio chamannos as urnas, e nos queremos dicirlle a todos os partidos políticos:

"O meu voto conta, os meus dereitos tamén"


miércoles, 8 de abril de 2015

Campaña Vota Rosa, eleccións municipais Vigo 2015


Falta moi pouco para as elección municipais, falta moi pouco para decidir quen gobernará no Concello de Vigo durante os próximos anos.

Nós Mesmas, unha vez máis, comeza a súa campaña Vota Rosa e aporta a todos os partidos políticos unha serie de premisas necesarias para superar as barreiras da discriminación. Un documento de mínimos, porque é de mínimos demandar, como cidadás, os mesmos dereitos para todas e todos, unha igualdade xusta, unha igualdade real.

Os partidos políticos deben ter presente que o colectivo LGTBI valorará e dará prioridade ás propostas que se encamiñen a superar as barreiras que sufrimos e así mellorar a situación de desigualdade na que vivimos, porque as nosas vidas non poden seguir marcadas por tabús, discriminacións e agresións cotiás. E por isto, que valoraremos o seu compromiso coa liberdade e a igualdade para superar os problemas que actualmente vivimos as persoas LGTBI na nosa localidade.

Nós Mesmas quere deixar como aclaración, que estas non son as nosas demandas, son as demandas de centos de nenas e nenos, mulleres e homes, que hoxe, non se atopan representados na educación, que hoxe, reciben insultos nos patios das escolas, que hoxe, están discriminados do empleo pola súa identidade, que hoxe, sufren agresións e acoso por bicar a súa parella en público. Con esta aclaración queremos dicir que estas eleccións, non son unha exame que aprovar ou suspender con nota, son un compromiso que deberán ter presente en todas as políticas que elaboren, xa que esta transversalización  é indispensable para camiñar cara a normalización da realidade LGTBI na sociedade. 

Os compromisos demostranse con feitos, as boas palabras non son dabondo.


Dende Nós Mesmas enfocamos está campaña abordando a diversidade de partidos que presentaránse na nosa cidade. Actualmente seguimos contactando e establecendo reunións cos partidos que queren atendernos, outros simplemente nos facilitan o seu email. 

En posteriores post, actualizaremos as xuntanzas que teremos cos diferentes partidos e cales foron as nosas impresións.

Agradecémosvos que nos comentedes calquera cousa sobre os nosas propostas.

martes, 3 de marzo de 2015

8 Marzo XUNTAS NUNHA MESMA LOITA


MANIFESTO 8 DE MARZO

Milleiros en todo o mundo manifestámonos, afirmamos, reivindicamos, ao redor desta data, o noso compromiso coa radical idea de que as mulleres, as nenas, as mozas, somos persoas. Eis o ideario do feminismo defendido en todas partes do planeta. Eis o que temos que defender todos os días, a todas horas, as mulleres, as máis novas e as de idade: a nosa condición, de persoas con dereitos.

De novo ocupamos xuntas as rúas, para amosar que seguimos e seguiremos unidas na loita polos nosos dereitos, para acadar plena autonomía e liberdade, para conseguir unha cidadanía que non teña que ver coas imposicións normativas ou cos estereotipos que actualmente nos encorsetan. 

De novo queren negarnos a nosa condición de persoas. Así o lexislan na reforma da lei do aborto onde as mulleres máis novas, mozas de 16 e 17 anos, son condeadas a vivir baixo a ameaza dunha maternidade imposta.

Xuntas, denunciamos que nos últimos 5 anos se perderon en Galiza 50.900 postos de traballo ocupados por mulleres. As mulleres máis novas viven condenadas a construirem o seu proxecto de vida coa saída da emigración ou a precariedade laboral.

Tamén xuntas, denunciamos  a progresiva privatización e os recortes nos servizos públicos: sanidade, educación, servizos sociais, atención á dependencia... Estes servizos públicos viñan ata agora funcionando como un amortiguador do desigual reparto das responsabilidades familiares e dos coidados. E estes servizos eran, ata agora, unha mínima garantía de igualdade laboral para as mulleres, que retrocede coa privatización.

Xuntas denunciamos as reformas educativas, privatizadoras e sexistas, que nos apartan do obxectivo da coedución, e xuntas reivindicamos o dereito a recibir unha educación afectivo sexual que abra ás novas xeracións a un futuro de igualdade, e combata as raíces da violencia machista.

O patriarcado galopa por toda Europa, avanza da man das políticas do austericidio da Troika. Pero tamén, en toda Europa, as mulleres resistimos e defendemos o noso dereito a ser persoas, aínda que moitas cada ano perdan por iso a vida, a mans do machismo que segue matando, violando, agredindo, humillando... aínda que a nosa rebeldía é imparable. 

Somos conscientes de que os cambios impulsados e as vitorias logradas polo movemento feminista, están sendo atacados polas forzas reaccionarias e o poder financeiro. O patriarcado e o seu grande aliado, o capitalismo, querenos submisas, explotadas e pobres. Agora é máis importante que nunca a nosa unión.

Pratiquemos logo a sororidade, a fraternidade entre todas nós, e fortalezamos as alianzas co resto da cidadanía activa nos procesos de cambio que precisamos. Uns cambios que non poden construírse de costas aos dereitos das mulleres, sen a  participación do 51% da poboación.

Feminismo para avanzar! Xuntas nunha mesma loita! 


lunes, 12 de enero de 2015

Acción #BesosContraLaViolencia 30 Xaneiro





O vénres 30 de xaneiro ás 20h Gran Bicada na rúa do Principe, fronte ao Marco.

Estamos fartas de tanta agresión contra as nosas relacións, a nosa forma de amar, a expresión da nosa sexualidade...

Asi que este 30 de xaneiro temos que cortar a Rúa de Principe cunha marea de bicos, esta acción replicarase simultaneamente noutras provincias do estado e queremos que todas as persoas que estades contra as agresións por LGTBfobia unádesvos a nos cun bó bico!

Aqui podes ler o Manifesto #BesosContraLaViolencia, ASINAO, DIFUNDE E SEXAS COMO SEXAS, BICATE CONNOS POR UNA VIDA LIBRE DE VIOLENCIA

jueves, 18 de diciembre de 2014

Galicia sumase á acción estatal contra a exclusión da reprodución asistida a lesbianas e bisexuais na sanidade pública

Fuente: www.flickr.com/photos/laraorca/

A asociación Nós Mesmas, colectivo LGTB, piden a la Consejería de Sanidade que inclúa a súa atención na carteira autonómica de servicios complementaria

 A asociación Nós Mesmas únese ás asociacións que conforman a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais, FELGTB, para realizar unha acción conxunta en todas as comunidades autónomas trala publicación no BOE, o pasado 6 de novembro, da exclusión do aceso ás técnicas de reprodución asistida a todas as mulleres sen parella varón na Carteira Común do Sistema Nacional de Saúde.

Hoxe, 18 de decembro, coincidindo co día en que se aprobou a Convención sobre a eliminación da discriminación contra a muller, Nós Mesmas pedirá á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia que ofreza un servizo sanitario libre de discriminación, incluíndo o servizo ás mulleres excluídas na lexislación estatal a través da carteira de servizos autonómica.

Comunidades como Extremadura, Andalucía, Canarias, País Vasco, Cataluña e Asturias xa se comprometeron a que a reprodución asistida siga sendo un dereito para todas as mulleres e non so para aquelas con parella varón, nestas comunidades os colectivos pediranlle aos seus gobernos que o formalicen antes das próximas eleccións.

Na carta, que foi entregada hoxe destinada á Consellería, podese ler que “a saúde, según o conceto que define a OMS, é o estado de benestar biolóxico, psicolóxico e social, e non unha cuestión meramente biomédica, polo que o suposto de incapacidade de procreación das nosas parellas, ou das mulleres soas, tendría cabida na nosa sanidade pública”.

“Se dan razóns económicas para ocultar as ideolóxicas: a exclusión do dereito á maternidade ás familias que non están constituidas por un home e unha muller. Cremos que Rocío Mosquera Álvarez, Conselleira de Sanidade, debe tomar cartas no asunto e protexer a todas as familias en igualdade de condicións en Galicia”, declarau Raquel Cordeiro, representante de Nós Mesmas.


martes, 18 de noviembre de 2014

Curso Iniciación á Talla Madeira, 36h

Abrimos portas a novas temáticas e persoas coas que contacta a Asociación.
Neste caso colaboramos coa cesión do noso local para a impartición dun Curso de Iniciación á Talla de Madeira.

Estás son as características do curso:

36 horas de duración.
Sábados de 10.30 ás 13.30h
Inicio 13 de decembro
Importe total 60€, inclue o material a utilizar.
Imparte David Portela, carpinteiro e ebanista.
Destinatarios: calquera persoa con interese, non son precisos coñecementos previos.

As prazas son limitadas, co fin de que a ensinanza sexa nun grupo reducido e podes inscribirte ata o 5 de decembro mandando un mail a d.portela2010@gmail.com ou contactando co profesor directamente no 610.381.125

Máis sobre o curso:

Para que te prepara?
-Adquirir coñecementos e metodoloxía necesaria para realizar a talla ornamental en madeira.
-Adquirir habilidade e destreza na utilización das ferramentas.
-Tomar contacto cos diferentes tipos de madeira idóneos para a talla e aprender a diferencialos.

Temario:
1. A madeira:
Tipos de madeira idóneos para a talla.
Características, aspecto e recoñecemento.

2.Ferramentas:
Descrición e características das ferramentas e materiais utilizados na talla de madeira.
Uso, seguridade e mantemento.

3. Nocións dibuxo técnico.

Parte práctica do curso:

-Adquirir un bo uso das ferramentas de talla de madeira ata conseguir habilidade e destreza.
-Práctica no afiado e suavizado das gubias.
-Exercicios prácticos para o recoñecemento da veta e sentido da madeira.
-Iniciación a talla a través dun primeiro exercizo bidimensional, para aprender a realizar representacións tridimensionais.
-Realización dun segundo traballo, libre, de elementos ornamentais aplicados ao mobiliario.