sábado, 2 de abril de 2011

Concentración contra o recurso de inconstitucionalidade do matrimonio homosexual



O pasado 23 de Marzo cumplieronse 2000 días da presentación do PP do recurso contra a ampliación de dereitos civís, a Asociación Nós Mesmas organiza unha concentración o día 5 de Abril do 2011 ás 19.00h na Rúa Principe (fronte o Museo MARCO).


O pasado 23 de Marzo cumprironse 2000 días dende que o Partido Popular presentou un recurso de inconstitucionalidade á reforma do Código Civil que recoñece o dereito ó matrimonio para as parellas do mesmo sexo.


A histórica reforma do Código Civil, aprobada polas Cortes Xerais o 30 de xuño de 2005, supuso a igualdade legal para as familias de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, que aportou definitivamente garantías e a máxima protección ós seus fillos e fillas, ademáis do recoñecemento da sua dignidade.


O Partido Popular recurriu estas reformas legais ante o Tribunal Constitucional cuestionando o dereito ao matrimonio e á protección efectiva das nosas familias.


Nesta data, depois de tres anos e medio de silencio, dende a Asociación Nós Mesmas, a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais e outras entidades que se adhíren a este manifesto:


-Reclamamos, ante a sociedade, ante o Tribunal Constitucional e ante o Partido Popular, noso dereito a acceder ao matrimonio, en plano de absoluta igualdade, con todos os dereitos e as obrigas e baixo ese término.


-Exiximos ao Partido Popular que retire inmediatamente ese recurso que pone en cuestión a nosa dignidade e ameaza a igualdade conseguida.


-En caso de non ser retirado o recurso, pedimos ao Tribunal Constitucional que resuelva canto antes. Dende as asociacións LGTB esperamos unha sentencia favorable á plena igualdade conforme ó que establecese nos artículos 9 e 14 da Constitución Española.


Finalmente, ante los mensajes que se lanzan desde el Partido Popular en boca de propio presidente, Mariano Rajoy, amenazando con derogar la reforma del Código Civil, independientemente de cuál sea la sentencia del Tribunal Constitucional, denunciamos que una fuerza política que aspira a gobernar España no puede hacerlo sobre la base de la discriminación de una minoría para contentar a los sectores más retrógrados del país.


Asiste a concentración o martes 5 de abril, ás 19h na Rúa Principe (onde o Museo MARCO)


0 comentarios: