miércoles, 13 de abril de 2011
CONCENTRACIÓN CONTRA A LEI DA FAMILIA
9:44
No comments
Este mércores 13 de abril ás 20h. diante do MARCO, R/ Príncipe, en Vigo. Convoca a Plataforma de Organizacións Feministas, baixo o lema:
"EN DEFENSA DA IGUALDADE: NON A LEI DA FAMILIA"
A Asociación Nós Mesmas apoia esta movilización, e manifesta o seu desacordo co nomeado anteproxecto presentado pola Xunta de Galiza, xa que supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres.
Este anteproxecto supón un claro chamado ao incremento da natalidade, de reforzar o concepto de familia patriarcal (ainda que a denominan tradicional), de introducir o recoñecemento de dereitos para o "nasciturus" -como paso previo á loita en contra do do dereito ao aborto, de paralizar a Lei Galega de Igualdade e a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero, …
Percibindo a intención do goberno actual da Xunta, de ir introducindo na lexislación as "recomendacións" do Vaticano, e polos motivos anteriormente descritos, a Marcha Mundial das Mulleres asistirá e, convida e anima as organizacións sociais, políticas, sindicais, ecoloxistas, veciñais, culturais,…e a toda a cidadanía á participar nesta concentración:
Este mércores 13 de abril ás 20h. diante do MARCO, R/ Príncipe, en Vigo. Convoca a Plataforma de Organizacións Feministas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario