lunes, 11 de abril de 2011

Nova Campaña FELGTB: Me quiero, Me cuido y Me portejo. Ante el VIH....estoy seguro


Este mes coñecemos a nova campaña da FELGTB para a prevención do VIH en homes gais, bisexuais e outros homes que teñen sexo con homes (HSH).

É de especial interese difundir o máximo posible esta campaña así como a información que segue, pola mesma gravedade dos datos que reflexan a realidade do VIH entre xóvenes en España, especialmente o colectivo que mencionamos, polo que considerase un colectivo especialmetne vulnerable.

En España, 1 de cada 10 gai, home bisexual ou outros HSH ten o VIH, ademáis entre os infectados, 3 de cada 10 non é consciente. E entre os que foron diagnósticados en 2009, 4 de cada 10 xa precisaba tratamento antirretroviral.

As cifras van en aumento, pero temos que concienciarnos para concienciar; esas cifras non son número sen máis, son persoas. Homes que contraen unha infección que non ten curación nin vacuna, que compromete o sistema inmunolóxico da persoa con VIH, porque a propia infección ou outras enfermidades poden ter graves consecuencias e porque é preciso seguir un tratamento médico riguroso de por vida. Aínda así, actualmente, quen ten VIH pode ter unha boa calidade e expectativa de vida se está medicado e leva unha vida saludable.


Na outra cara, tamén atopamos persoas que dentro do colectivo, rechazan e discriminan a quen vive có VIH, creando para estas persoas outro "armario" do que é moi dificil saír.

Por todo isto, segue sendo preciso que falemos do VIH e que rechacemos o estigma.

Deixamos aqui a web da campaña, nela podedes atopar os cartaces, as chapas e os videos creados e que teñen como protagonistas compañeiros doutras entidades da FELGTB así como a participación de Eduardo Casanova (Fidel da serie Aída) que participou desinteresadamente nesta campaña e que está volcado na causa.



0 comentarios: