Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

martes, 8 de noviembre de 2016

Agora os Centros de Información a Muller, tamén atenden aos LGTBI!

Achegase este ano o 25 de novembro, día contra a violencia machista, coa entrada en vigor da nova normativa dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) de Galiza, o novo decreto entrou en vigor o 24 de outubro, publicado no DOG o 3 de outubro. Son 81 os CIMs que atopamos no noso territorio, en TODO o territorio, para atender as demandas e necesidades de información, atención e asesoramento xurídico e psicolóxico de mulleres vítimas da violencia...

Concesión de subvención pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Este ano, grazas ao recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais, puidemos optar a solicitude da axuda económica destinada a fomentar o asociacionismo e participación das mulleres, convocada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Chegounos agora a confirmación de que concédesenos 2000€ para o mantemento do local da asociación. Isto é unha pequena axuda que facilítanos a labor social e reivindicativa que vimos e seguiremos...

miércoles, 19 de octubre de 2016

Actividades para Outubro e Novembro

OUTUBRO: 18_19h Mesa Redonda Sufrindo ás presións do patriarcado, organiza CIG, no seu local, falan: Eli Pérez (Nós Mesmas), Laura bugalho e Mai insúa (Lésbicas Creando) 21_20:30h Cineforum DiversXs: Las aventuras de Priscila Reina del Desierto, proxección e debate na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) Con motovo do día da Despatoloxización Trans 22_17:30 a 19h Actos de rúa polo día da Despatoloxización Trans: mesa informativa, acto de...

miércoles, 8 de junio de 2016

Semana Cultural Orgullo LGTBI Vigo 2016

Como non podía ser doutra maneira, este ano a Dinoseto enarbola a nosa bandeira para anunciar a chegada da SEMANA CULTURAL DO ORGULLO LGTBI+ VIGO 2016!! Este ano presentamosvos un programa que sacamos con moito traballo, horas de esforzo e adicación e pouco apoio (ou nada) por parte do Concello da nosa cidade, a lo menos que saibamos a data de hoxe. Pero contamos con moita xente, moitisima, que si quere ver Vigo das cores do arco da vella!...

domingo, 29 de mayo de 2016

Recadación fondos para o Orgullo LGTBI Vigo

Un ano máis esperamos construir Orgullo entre todas!! Recadamos fondos en Generosity de Indiegogo para facelo posible, colabora e difunde! este ano imos máis lentas que nunca coa publicación do Orgullo, xa que estanos costando suor e lágrimas conseguir a financiación coa que poder levalo adiante, por iso, cada € conta e recibimos donacións dende 1€ e todo o recadado vai destinado a financiar estas actividades. No video poderás...

jueves, 21 de abril de 2016

Accións mes de Abril: peli, coloquio e Día da visibilidade lésbica

Vénres 22 de Abril, dúas opcións en Vigo ou en Ourense,  con cal te quedas? Próximo sábado 30 de Abril....Xornada polo Día da Visibilidade Lésbica (toda info despois do cartaz) 17.30h Comezaremos cun obradoiro de empoderamento e visibilidade, para quentar motores. Facilitado por Mar Cendon, especialista en xénero e feminismos. O obxectivo é traballar as ferramentas coas que contamos todas para a autoaceptación,...

jueves, 24 de marzo de 2016

Bus Orgullo LGTBI Madrid 2016

Despois do éxito do ano pasado....REPETIMOS!! Viaxa a Madrid o Sábado 2 de Xullo, disfruta do ambiente, maniféstate, coñece a festa nas rúas madrileñas nestas datas e volve a casa a descansar o Domingo 3 de Xullo. Ás saídas realizaránse dende SANTIAGO, A CORUÑA E LUGO, por 50€ ida e volta e dende PONTEVEDRA, VIGO E OURENSE, por 40€ ida e volta. O desprazamento realizaráse nun autocar de alta gama e inclúe Seguro de Viaxe e a organización...

Coloquio “Corpos e sexualidades nas marxes do sistema laboral”

Coloquio organizado por FestiVal das Bretemas na Biblioteca Pública de Ponteareas   19 de marzo de 2016.  O pasado 19 compartimos esta gran mesa con compañeirxs do FestiVal das Bretemas e con Martina (sexóloga) e Antía (1ª xogadora de voleivol federado trans) que falaron, xunto a Nós Mesmas, sobre os corpos e sexualidades nas marxes. Deixamos a continuación a charla da nosa compañeira sobre o que tratamos. Esperamos a vosa...

domingo, 13 de marzo de 2016

Estaremos nas XII Xornadas para a Igualdade en Allariz

Aquí vos deixamos cartaz e programacións destas XII Xornadas para a igualdade que terán lugar, un ano máis en Allariz organizadas polo seu Concello e nas que temos o pracer de participar na xornada do martes 15 de marzo ás 19h. Animádevos a participar...

viernes, 26 de febrero de 2016

O Informe Delitos de Odio de 2015 amosa a punta do iceberg das agresións por LGTBfóbia

O Informe de Delitos de Odio 2015 do Ministerio do Interior, amosa a punta do iceberg das agresións por orientación sexual e identidade de xénero. Dito informe fixa a cifra en 1324 delitos relacionados co odio, e coloca as agresións deivadas da lgtbfóbia en cuarto lugar, por detrás dos delitos por racismo e xenofobia, por ideoloxía e dos ataques a persoas con discapacidade. De 523 delitos en 2014 a 168 en 2015. Unha baixada moi significativa...

martes, 16 de febrero de 2016

O caso Laura Bugalho ou a persecución xudicial á solidaridade.

Sí, fai un tempo que volven a circular novas polas redes sociais de Laura, compañeira no activismo (LGTBI no noso caso, pero aquí non remata o seu), falando de xuizo, anos de prisión....a data da nova, 2013, confusión...e suspiro! non está de novo a punto de ser enxuizada. Pero poucos días tiveron que pasar para darme de conta de que seguian circualndo novas en torno ao tema, e é que cando o río sona.... Volvamos ao principio para ver se...

Concentrámosnos diante do Marco por Antonio Roldan e Rober

MANIFIESTO CONCENTRACIÓN GALIZA UNIDA CONTRA A LGTBIFÓBIA Dende a Asociación Nós Mesmas reunímonos hoxe aquí con urxencia xa que o pasado martes tivo lugar en Santiago outra agresión homofóbica. Antonio Roldan foi agredido verbal e fisicamente nun supermercado e máis tarde, os mesmos agresores que os perseguiron ata o hospital onde era atendido, continuaron coa retaila de insultos e agravios contra Roberto Santiago, a súa parella, chegando...

viernes, 12 de febrero de 2016

Concentración en repulsa das agresións homofóbicas acontecidas en Santiago.

Mañán sábado, 13 de febreiro ás 12h, terá lugar fronte ao Museo Marco, unha concentración denunciando a agresión homófoba que tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela. A Asociación Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lésbicas e bisexuais, organiza dita concentración baixo o lema “Galiza unida contra a LGTBIfobia” convocándose de forma unitaria co resto de colectivos LGTBI galegos que realizan cadansúas concentracións...