Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 19 de agosto de 2010

Nova agresión homofóbica na nosa cidade por parte da Policia Nacional

"Esto os pasa por maricones" afirma un Axente da Policía Nacional despois da comisión dun delito.

Como sabemos pola noticia aparecida no Xornal De Galicia de hoxe, ocorre un novo atentado homófobo na nosa cidade que aconteceu cando dous homes acudían a denunciar unha agresión física acontecida na madrugada do luns o martes 17 deste mes e , o saír, un Axente de Policía Nacional (que negouse a identificarse e dar o seu número de placa) fai dito comentario ante a pasividade doutros Axentes que se atopaban presentes nese momento.


Condenamos a agresión rotundamente, esperamos que as persoas implicadas sexan xulgadas e preguntámonos canto máis teremos que esperar para que aplíquense ás medidas necesarias nunha administración pública como son ás forzas e corpos de seguridade do Estado, que traballen cos seus axentes a diversidade, a tolerancia, o respecto e a igualdade.

E que comportamentos como este, ou similares, impidan o exercicio dunha profesión que, supostamente, protéxenos a tod*s
.