Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

Amosando publicacións coa etiqueta no binario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta no binario. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de setembro de 2024

Mocidade LGTBI+, presente!! Comeza unha nova edición

 


Que te ofrecemos?

Un espazo seguro, onde ser ti misme e poder resolver as túas dúbidas, recibir asesoramento sobre as cuestións que te atañen, ser acompañade nos trámites que precises, etc. 

Ademais de poder participar no Grupo de apoio Entre Iguais, onde coñecer máis xente nova LGTBI+, falar e debatir das túas inquedanzas.

E que tramamos?

Posi temos preparados diferentes encontros de debate, obradoiros e noites de lecer alternativo!!!

Este proxecto o desenvolvemos de setembro a decembro, así que moi atente ás nosas redes sociais para coñecer as actividades, datas e proceso de inscrición!! 
Contaremos con Nuria Vil, Nenaza e Nee Barros entre outres! Non volo perdades!




Este proxecto está parcialmente financiado pola: 




luns, 9 de xaneiro de 2023

Para Nós, Servizo de atención integral a mulleres trans.

O Para Nós é un servizo integral de atención, orientación e asesoramento socioeducativo, laboral, xurídico, psicolóxico e de mediación familiar, especializado na atención ás mulleres trans e ten por finalidade, ofrecer as estratexias e recursos necesarios para mellorar a súa calidade de vida.

Este servizo desenvolvese na nosa sede en Nós Mesmas, dando atención a mulleres trans de toda a provincia de Pontevedra, pero tendo en conta que moitas veces o desprazamento é unha dificultade engadida, realizaránse atencións en materia social e laboral nos concellos de Nigrán e Baiona.

Proporcionamos información, orientación e asesoramiento ás mulleres trans e achegados  sobre os seus derechos, exercicio dos mesmos e recursos sociaies adecuados para resolver as súas necesidades, así como orientación en materia de emprego, onde poderán recibir de forma semanal, información sobre formación, ofertas laborais, tips para a mellora da empregabilidade, a través dunha lista de suscripción.

Para nós conta coas seguintes características:

  • Servicio gratuito, profesionalizado e confidencial.
  • Acollida e información.
  • Atención e asesoramento social, derivación e acompañamento a recursos externos.
  • Atención psicolóxica individual ou grupal.
  • Mediación familiar.
  • Sensibilización e formación.
  • Orientación laboral.
  • Asesoramento a profesionais de outros ámbitos.
  • Asesoramento xurídico.
O servizo de atención psicolóxica e de asesoramento xurídico comezará a finais de maio, podes pedir a túa cita por adiantado.


  • Imprescindible cita previa, podes solicitala a través de:

E-mail: nosmesmas@felgtb.org

Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 ou no +34 627 736 965

O servizo se desenvolverá ata o 31 de agosto de 2023.


Este servizo: 







luns, 23 de maio de 2022

 

🗣🏳️‍🌈Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2022🗣🏳️‍🌈


        Volta con  máis forza o Orgullo organizado por Nós Mesmas, despois de dous anos complicados, coas medidas sanitarias e as restricións, por fin este ano vemos como mellorou a situación e xa non temos as restricións que nos impediron ocupar máis e mellor as rúas. Inda que nin o Covid foi quen de para a loita do colectivo LGTBI+ e de reivindicar unha data tan importante como é o Orgullo.

Como levamos facendo máis de 13 anos o Orgullo Crítico recopmpila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI+, unha realidade na que constatamos un crecemento das agresións o colectivo nestes últimos anos. Por elo queremos retornar con máis forza e alegría que nunca, reivindicando que as rúas tamén son nosas, ocupando os espazos públicos, volvendo a ter unha festa para bailar o son dos nosos dereitos. Xuntes , da man, amosamos sen medo o noso Orgullo a ser e a amar.

Achegamos a previsión do programa deste ano, e queremos que sexades partícipes máis ca nunca, acudindo as actividades que serán abertas e de balde, sexamos unha marea de cores. 

Para que todas as actividades saían adiante e de balde para todes necesitámoste!
Como todos os anos presentamos o programa a subvención de Igualdade do Concello de Vigo, do cal só financiaría unha parte moi pequena dos actos. A maiores buscamos a cooperación para cesión de espazos e contamos con merchandaising que xa temos na nosa sede. 

Necesitámosvos, máis ca nunca, volvemos contar coa colaboración de Entrapolis para a venda de Entradas Fila 0.  Temos entradas para todos os petos, onde realizas unha compra simbólica, non reserva butaca, é unha doazón para colaborar coa organización do Orgullo, lembramos que todos os actos son de balde e gratuítos pero coa túa doazón é posible realizalos.





Programación Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2022:
11/06_20h Performance sobre a formación da identidade de Sofía González Castro persoa non binarie, en Príncipe fronte ao Museo Marco. Con mesa informativa de Nós Mesmas
14/06_19:30 Presentación libro Memoria Diversa e coloquio coa autora, Eva Mejuto e protagonistas do libro no Museo Marco.
16/06_20h Inauguración da exposición Retratos Diversos de Cris Sicilia, con actuación de Sara Casas,  Casa das Mulleres
17/06 _18:30 Documental Bienvenidos a Chechenia e coloquio,coorganizado con Amnistia Internacional  terá lugar no Salón actos Sede AFundación
18/06 _11:30Pedalada con Orgullo, por unha cidade diversa e accesible! saída Paseo Alfonso XII e rematamos no vermú Transmaricabibollo para unirnos á festa.
18/06:12:30 Vermú Transmaricabibollo, Praza da Ribeira do Berbés
22/06_19:00 Documental Persoas S.A. e coloquio posterior. Coorganizado con Mulleres e Palabras no  Museo Marco 
26/06 Un día en familia, con actividades para as crianzas no Monte do vixiador 
28/06_20:00 Performance "Nos estan matando" de Xoel Ariezzz na Praza da Constitución con mesa informativa de Nós Mesmas
02/07_20:30h Manifestación "Contra as violencias, valentes e libres" Saída do Cruce Vía Norte.
02/07 Festa DiversXs en A Praza da Pedra
Actuación de Meiga-i
Concerto de O Rabelo
Dj Lakenobaila
Para consultar toda a información sobre cada evento presta atención as nosas redes sociais!
Pouco a pouco iremos actualizando a programación!!
Colabora para poder hacerlo posible. Fai o teu donativo:


Coa colaboración de: 






Coa subvención de: 



venres, 22 de outubro de 2021

MOCIDADE LGTBI+, PRESENTE! Atención, asesoramento, encontros, actividades e moito máis!!

 

Se tes entre 16 e 30 anos, este é o teu espazo!

Un lugar propio onde poder informarte, despexar dúbidas, asesorarte sobre os temas que máis te interesan ou preocupan! Sexualidade, ITS, acoso escolar, tránsito, saída do armario, agresións ou discriminación...pero tamén sobre axudas e programas para mocidade nos que inscribirte, cursos e formación...

Ademais poderás participar nun montón de actividades, obradoiros e encontros que temos preparados, pasalo ben e coñecer máis xente nova! 

Contáctanos! 
Pasa pola sede en R/Torrecedeira, 26, baixo ou chama/whatsapp ao 722286300. Tamén podes enviarnos un correo a nosmesmas@felgtb.org




Programa subvencionado pola: 






martes, 20 de xullo de 2021

Denuncia aos Rexistros Civis por transfobia

 


As persoas trans ven vulnerados os seus dereitos para cambiar o DNI, 

 

[20/07/2021] As persoas trans seguen sometidas á vontade de quen as atende. A Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista de defensa dos dereitos das mulleres LBT, denuncia ante a Valedoría do Pobo a forma de proceder transfóbica dos Rexistros Civís ante a solicitude de cambio da mención ao sexo do DNI.

 

No contexto actual no que constantemente vemos nos medios a loita incesante por unha lei trans que despatoloxice e respalde os dereitos que lles corresponden ás persoas trans, estas seguen enfrontándose, a diario, á situacións que vulneran, incluso, os escasos dereitos que están recollidos na lexislación.

 

"Nos últimos meses-- comenta Elisabet Pérez-- representante e educadora social en Nós Mesmas, recibimos varias solicitudes de apoio de mulleres trans que reciben citacións para seren recoñecidas polo médico forense para o cambio da mención ao sexo no seu DNI cando xa cumpren os requisitos establecidos na lei para realizar o cambio. Esta solicitude é totalmente arbitraria, dependendo unicamente da vontade da persoa responsable do Rexistro, e está a acontecer en varios Rexistro Civís de Pontevedra"

 

A lei actual é clara, patoloxizadora, establece que para o cambio á mención ao sexo, deberán aportar informe psicolóxico de disforia de xénero, estable e persistente no tempo e informe de tratamento médico, por doutor/a colexiado, que certifique que a persoa leva, mínimo, dous anos, con tratamento para adecuar as súas características físicas. 

 

Estes requisitos, denuncian desde Nós Mesmas, así como fan todas as entidades e colectivos LGTBI e trans, son patoloxizantes, ignoran a autodeterminación do xénero, poñendo en risco a saúde das persoas trans e imposibilitando a súa inserción social e laboral, de aí a urxencia de verse aprobada a Lei Integral Trans estatal que elimine estes requisitos arcaicos. 

 

"A pesar do cumprimento de estes requisitos--continúa Elisabet-- o Rexistro Civil de Vigo e de Ponteareas continúa a solicitar máis probas e, sen ningunha explicación nin xustificación legal, cita as persoas trans que solicitan esta modificación en medicina forense no IMELGA para que acredite a súa condición. Este trato é denigrante, vulnera todos os dereitos das persoas trans e as sitúa nunha situación de indefensión e desprotección máxima, xa que, de non acudir á cita en medicina forense, o cambio quedaría paralizado cando xa levan máis de dous anos esperando, con ansia, poder concluír este trámite, polo que non lles queda máis opción que asumir a transfobia institucional e ver vulnerados os seus dereitos e a súa dignidade."

 

Desde Nós Mesmas, despois de intentar cambiar esta situación mediando cos Rexistros Civís de Vigo e Ponteareas, sen éxito e no prazo tan corto de tempo antes das citas no IMELGA, presentan hoxe unha denuncia ante a Valedoría do Pobo que espera poña luz sobre unha situación máis de vulneración e discriminación transfóbica.


venres, 9 de xullo de 2021

O servizo de atención psicolóxica na prensa

 

O Servizo de atención psicoloxica comezou a andar fai catro anos, de forma gratuíta e desenvolvese entre os meses de maio e setembro, podes solicitar cita previa a través do correo nosmesmas@felgtb.org

Contar con atención psicolóxica para o colectivo LGTBI é unha necesidade que en Nós Mesmas temos presente desde fai moitos anos, unha atención de calidade, especializada en sexualidade e na atención á identidade, cercana, sen tempos de espera eternos e de balde.

Maila a súa necesidade, carecemos das posibilidades de manter o servizo profesionalizado todo o ano, polo que esta segue a ser unha necesidade vital para o colectivo LGTBI de toda a provincia polo que seguiremos traballando para conseguilo.

No ano 2020, este servizo deu atención a máis de 25 persoas, menores e adultxs lgtbi, familias e profesionais que precisaban apoio ou asesoramento. Se queres información sobre o mesmo, non dubides en contactarnos.




mércores, 2 de xuño de 2021

Programación Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2021

Chega o mes do Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2021!!!! 

O Orgullo Crítico que organizamos desde Nós Mesmas, recompila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI, e como non pode ser doutra forma, este ano centrámosnos en visibilizar a realidade das persoas trans e en reivindicar unha lei integral trans! 

2021 está sendo, ao igual que ano anterior, un ano compricado, con medidas sanitarias que preveen novos contaxios e que limitan as actividades, os aforos, os tempos...aínda así, non quixemos renunciar a seguir reivindicando unha data tan fundamental como é o Orgullo, por iso, presentamos a programación que con tanto amor e traballo organizamos para este ano: 


10/06 18.30h Pregón, Museo Marco (rúa)

10/06 19h Coloquio Movementos sociais ás marxes, con Abrir Fenda, Bloque Obreiro e Xacia Ceive de Sete Outeiros, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)

15/06 19.30h Faladoiro con Mª Reimondez sobre Cobiza, actividade coorganizada coa Asociacion Mulleres e Palabras, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)

19/06 19h Documental Vestida de azul e coloquio posterior cunha das protagonistas, Nacha La Poderosa, Auditorio Teis (aforo limitado sen inscrición)

22/06 19.30h Memorias da Galicia LGTBI con Eva Mejuto e Daniela Fernández, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)

25/06 19h Documental Noite Irisada e coloquio posterior con Nanina Santos, Xosé Buxán e Beatriz S. Briones; Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)

26/06 11.30h Pedalada por unha cidade diversa e accesible (inscrición previa aquí)

27/06 12.30h Un día en familia, Monte do vixiador (inscrición previa aquí)

28/06 20h Manifestación "Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse: Lei Integral Trans Xa!" Saída de Praza dos Cabalos.

Peche do Orgullo, actuación Petra Porter


Para facer todo isto posible, precisamos de colaboración económica. 

Como todos os anos, presentamos o programa a subvención de Igualdade do Concello de Vigo, que esperemos financie unha pequena parte dos actos, a maiores, buscamos a cooperación doutras institucións que nos cedan espazos e contamos con merchandaising que podes facerte con el na nosa sede. 

Este ano, a maiores, contamos coa colaboración de Entrapolis para a venda de Entradas Fila 0. Esta entrada é unha compra simbólica, non reserva butaca, é unha doazón para colaborar coa organización do Orgullo, todos os actos organizados son gratuítos e abertos.


Coorganizado con: 


Coa colaboración de: 






Coa subvención de: