Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

viernes, 26 de abril de 2013

Por que un día da Visibilidade lésbica?




Hoxe é o noso día, e unha vez máis festexamos nosa loita diaria pola visibilidade da nosa realidade. Somos mulleres diversas, mulleres que sabemos que o mellor valor dunha sociedade radica na súa diversidade, mulleres que sabemos que a democracia sen nosoutras, non é democracia. E así, hoxe como cada día damos un portazo os armarios, por nós mesmas e a nosa felicidade, pola liberdade das xeracións futuras, pola dignidade de quen loitaron pola visibilidade, cando realmente todo, o tiñan en contra.


Porque a vida, nosas vidas, están fora do armario. Porque non estamos soas. Porque como mulleres lésbicas existimos, traballamos, amamos, creamos, temos fillas e fillos, pagamos nosos impostos, votamos, decidimos. É o momento de rachar o silencio dunha vez por todas, o momento de vivir unha vida plena, o momento de darnos a nos mesmas o dereito a felicidade. Só con IGUALDADE E VISIBILIDADE outra política, realidade e sociedade é posible. Por unha sociedade na que todas e todos somos diferentes e iguais en dereitos.

Non é só nosa loita, é a de todas as mulleres, mulleres mozas e maiores, é a de toda unha sociedade que cree na igualdade, na liberdade de todas e todos.

Hoxe estaremos na Casa da Muller, Rúa Romil, 20, dende ás 19h con diferentes actos conmemorativos, pásate e coñecenos!
19h_Proxección video Bicada lésbica
19.30h_Obradoiro-merenda "...e agora que? Activismo lésbico en Vigo"


martes, 16 de abril de 2013

Actos Día Visibilidade Lésbica 2013, 26 de Abril


Bollera e Visible!
26 de abril, Día da Visibilidade Lésbica

Pasamos de manifestos no que dicir con palabras (que sempre as leva o vento) o que podemos expresar nós mesmas, cos nosos corpos, cos nosos beizos e as nosas voces: 

Son bollera, lesbiana, tortillera! e son visible!
e quero ser visible!
e quero poder ser visible!
Na rúa, nas escolas, na miña casa, na sanidade, no meu traballo, na educación....
Rachemos coa violencia patriarcal, estrutural e simbólica que nos quere oprimir e agochar trala heteronormalidade! 
Sexas como sexas, che guste o que che guste...vente a bicada este xoves 18 ás 19h polo Sireno!

E se non podes, hai máis onde elixir: