Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 29 de diciembre de 2022

e as persoas trans, como estamos representadas na literatura?

 

Dentro do programa Mocidade LGTBI+, Presente! realizamos o último obradoiro co que non só

pechamolo ano, senon tamén o programa en sí.

Este obradoiro "A realidade trans na literatura" foi dinamizado por Rosa Chantada, da Asociación Mulleres e Palabras. 

O noso obxectivo era aprender a analizar como é que diferentes persoaxes trans son utilizados dentro dunha historia ficticia e afondar sobre o obxectivo da autora en incluír, nesa historia en concreto, unha persoaxe trans.

Puidemos facer un percorrido por diferente literatura infantil e xuvenil escrita por mulleres galegas, que inclúen de forma respectuosa, a persoaxes trans nas súas historias e así, de paso, animámonos a ler máis! xa que ter referentes e vernos representades é fundamental para a mocidade LGTBI, en especial para as persoas trans!




Esta actividade conta co apoio da Deputación de Pontevedra:





martes, 29 de noviembre de 2022

VI Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas aulas

 


Presentamos a VI edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.

Nestas xornadas abordaremos contidos e compartiremos experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa de forma preferente, pero con interese para futuros profesionais da educación, así como a psicólogxs, pedagogxs, integradorxs sociais…e aquelas persoas motivadas en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia.

Día: Sábado, 10 de decembro, 2022

Horario: 10 a 14h e de 16 a 20.30h

Lugar: Salón actos AVV de Navia Emilio Crespo, Rúa Bravo, 6, 36212 Vigo, Pontevedra

INSCRICIÓNS: 

70 prazas, con preferencia para profesorado da educación pública e concertada de Galicia (persoal fixo, provisional, interino e sustituto).

Aprobada a homologación previa da actividade por parte do Servizo de Programas de Formación, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia

Inscrición aberta

As prazas otorgaránse priorizando ao profesorado activo na educación pública e posteriormente por orde de inscrición ata o día 05/12/2022, contactaremos a través de correo ou por tlf  para informar da praza asignada e disporá de 1 días hábil para CONFIRMAR A ASISTENCIA, no caso de non confirmarla, a praza pasará as persoas en lista de espera.

PROGRAMACIÓN:
09:30h.    Apertura acreditacións.
10:00h.    Apertura das xornadas.10:05h. Roberta Mattia, De 2009 a 2022, a aposta de Nós Mesmas pola diversidade nas aulas

10:30h.    Beatriz Súarez Briones, Afondamos na Teoría Queer.
11:30h.    Alejandro Alder, Consecuencias do bullying lgtbifobico para a mocidade
12:30h.    Pausa Café.
13:00h.    Lara Boubeta, Traballamos a diversidade desde primaria. 
16:00h.   
María Rodriguez, Presentación Investigación Profesionais LGTBI no eido educativo da FELGTBI+
17:00h.    Carla Miguez, Linguaxe inclusiva máis alá do desdobramento: como naturalizar a linguaxe non binaria nas aulas
18:00h.    Pausa Café.
18:30h.    David Armenteros e Nee Barros, Integramos a diversidade en Secundaria
20:00h.    Actuación peche     

Coñece o noso blog de educación e descarga recursos educativos: querosaberporqueblog.wordpress.com


Actividade subvencionada pola:



viernes, 18 de noviembre de 2022

A mocidade LGTBI+ e as súas interseccións: discriminación racial e etnica

 Dentro do proxecto Mocidade LGTBI+, Presente! que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, tivemos onte o segundo obradoiro para o que contamos coa participación da Técnica do programa SAOVDRE, Lucía Cruces, de Red Acoge. 

Nesta charla-obradoiro falouse sobre que é a discriminación (en particular por motivos raciais ou étnicos) e que implica, sobre os incidentes discriminatorios aos que está exposto o colectivo migrante, e ofrecéronse recursos e ferramentas para combatila.

Abordamos a interseccionalidade do colectivo LGTBI cando ademais é atravesado pola súa etnia, raza ou incluso, lugar de orixe, plantexándonos que podemos facer nos como mocidade para evitar que esta discriminación se perpetúa. 



Esta actividade conta co apoio da Deputación de Pontevedra:






sábado, 29 de octubre de 2022

Tes dúbidas? necesitas apoio? ESTAMOS AQUÍ!

 


En Nós Mesmas estamos para axudarte!

Se tes algunha dúbida, precisas información acerca relacionado coa túa sexualidade ou orientación, incluso se cres que podes estar sufrindo violencia LGTBIfobica, conta con nós!

Podes contactarnos a través das redes sociais, do whatsapp, por correo ou pasarte pola sede, a forma que máis cómoda te pareza, a consulta será totalmente confidencial e non tes porque identificarte se non queres. 

Ademais, estamos creando un grupo de debate de mocidade LGTBI+ que realizará diferentes encontros e actividades nas que podes participar e coñecer máis xente da túa idade e coas túas inquedanzas.

Contáctanos!





Este programa conta coa subvención da Deputación de Pontevedra




miércoles, 26 de octubre de 2022

A importancia dos espazos de debate para a mocidade LGTBI+

 O pasado 21, 22 e 23 de outubro tiberon lugar as XX Jornadas Jóvenes sin Armarios que organiza o Grupo Joven de la FELGTBI. 

Estas xornadas, con xa 20 anos, son todo unha escola de aprendizaxe entre iguais á que levan acudindo xa 15 anos as activistas máis novas de Nós Mesmas.

Este ano 2022 tivemola ocasión de acudir dúas persoas de Nós Mesmas ata San Sebastian, onde acollía a realización das xornadas a Asociación Gehitu.

 

Durante esos 3 días, debatimos e abordamos as necesidades do noso colectivo desde unha mirada moza, transversal e interseccional e ao voltar a Vigo puidemos compartir todas as inquedanzas da mocidade LGTBI+ do resto do Estado, o traballo que se están a realizar noutras asociacións, as problemáticas que detectamos e as ideas que nos xurdiron para combatilas. 

Un espazo activista que nos recargou as pilas e que enfatizou as nosas ganas de seguir facendo activisto e a necesidade de que a mocidade se active para loitar contra as inxustizas que nos afectan! 

Do paso polas xornadas levamonos moitos aprendizaxes, amizades e proxectos, compartimos aquí a importancia que ten para nós contar con estos espazos e con proxecos como Mocidade LGTBI+, Presente! 

Marta: 

"Dicen en las jornadas que son como el campamento al que nunca fuimos de peques, y la verdad es que yo en parte lo viví así. 

Antes de transicionar no tenía ganas casi de salir de casa ni conocer gente, y para mí esta fue la oportunidad de estar en un espacio cómodo, con personas que sé que van a aceptar mi identidad y donde puedo ser yo misma"

Grey: 

"Las Jornadas Jóvenes son importantes para que les jóvenes que no pueden ser elles mismes en sus casas puedan hacerlo en un espacio seguro con sus iguales. 

Me llevo el hecho de que vayas a donde vayas siempre habrá alguien que te entienda y comparta tu sentir queer."

E recorda, se tes menos de 30 anos, participa no noso proxecto Mocidade LGTBI+, presente!! debatir, crear espazos propios onde coñecernos, crear sinerxias e facer activismo desde o noso propio ollar!! 

Contáctanos! 




Este publicación forma parte dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra





martes, 25 de octubre de 2022

Mocidade LGTBI+, PRESENTE!!

 Un novo ano comezamos o noso proxecto dirixido á mocidade.

E porque un proxecto específico para a mocidade LGTBI+?

para dar resposta as miñas dúbidas

para atopar un lugar seguro onde sentir que se me escoita

para crear lazos con outras persoas da miña mesma idade

para compartir o que me gusta, as miñas experiencias...e que lle sirvan a outras mozxs


Contáctanos a través do correo nosmesmas@felgtb.org, por teléfono ou whatsapp 722286300 ou envía un direct a traves de Instagram @asociacion_nosmesmas


Este é un proxecto subvencionado pola:





Volta ao cole 22-23!

 Voltamos ao cole e ao insti coa mochila cargada de ilusión!


Queremos que esta experiencia sexa sempre positiva para todo o alumnado, por isto, volcámonos en ofertar aos centros educativos diferentes propostas formativas para incluír nas súas aulas a diversidade afectiva-sexual e de xénero. 

Porque todas, todes e todos somos diversos, a diversidade é cousa de todas! 

Clica na imaxe para coñecer as nosas propostas para este curso e se tes calquera dúbida, contáctanos! nosmesmas@felgtb.org




Este programa está subvencionado pola: 







lunes, 17 de octubre de 2022

Novos estatutos. Traballamos para medrar.




 Despois de meses de traballo asembleario, temos xa os noso estatutos polos que rexiremola nosa acción social e activismo, onde contamos, como mellora dos anteriores estatutos, con todas as áreas de acción nas que incidimos e onde podemos atopar, igualmente, os deberes e dereitos das persoas asociadas. 

Como medida de transparencia e para coñecemento de todas as persoas interesadas, deixamos aquí os estatutos para a súa consulta.

Estatutos 




lunes, 23 de mayo de 2022

 

🗣🏳️‍🌈Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2022🗣🏳️‍🌈


        Volta con  máis forza o Orgullo organizado por Nós Mesmas, despois de dous anos complicados, coas medidas sanitarias e as restricións, por fin este ano vemos como mellorou a situación e xa non temos as restricións que nos impediron ocupar máis e mellor as rúas. Inda que nin o Covid foi quen de para a loita do colectivo LGTBI+ e de reivindicar unha data tan importante como é o Orgullo.

Como levamos facendo máis de 13 anos o Orgullo Crítico recopmpila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI+, unha realidade na que constatamos un crecemento das agresións o colectivo nestes últimos anos. Por elo queremos retornar con máis forza e alegría que nunca, reivindicando que as rúas tamén son nosas, ocupando os espazos públicos, volvendo a ter unha festa para bailar o son dos nosos dereitos. Xuntes , da man, amosamos sen medo o noso Orgullo a ser e a amar.

Achegamos a previsión do programa deste ano, e queremos que sexades partícipes máis ca nunca, acudindo as actividades que serán abertas e de balde, sexamos unha marea de cores. 

Para que todas as actividades saían adiante e de balde para todes necesitámoste!
Como todos os anos presentamos o programa a subvención de Igualdade do Concello de Vigo, do cal só financiaría unha parte moi pequena dos actos. A maiores buscamos a cooperación para cesión de espazos e contamos con merchandaising que xa temos na nosa sede. 

Necesitámosvos, máis ca nunca, volvemos contar coa colaboración de Entrapolis para a venda de Entradas Fila 0.  Temos entradas para todos os petos, onde realizas unha compra simbólica, non reserva butaca, é unha doazón para colaborar coa organización do Orgullo, lembramos que todos os actos son de balde e gratuítos pero coa túa doazón é posible realizalos.





Programación Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2022:
11/06_20h Performance sobre a formación da identidade de Sofía González Castro persoa non binarie, en Príncipe fronte ao Museo Marco. Con mesa informativa de Nós Mesmas
14/06_19:30 Presentación libro Memoria Diversa e coloquio coa autora, Eva Mejuto e protagonistas do libro no Museo Marco.
16/06_20h Inauguración da exposición Retratos Diversos de Cris Sicilia, con actuación de Sara Casas,  Casa das Mulleres
17/06 _18:30 Documental Bienvenidos a Chechenia e coloquio,coorganizado con Amnistia Internacional  terá lugar no Salón actos Sede AFundación
18/06 _11:30Pedalada con Orgullo, por unha cidade diversa e accesible! saída Paseo Alfonso XII e rematamos no vermú Transmaricabibollo para unirnos á festa.
18/06:12:30 Vermú Transmaricabibollo, Praza da Ribeira do Berbés
22/06_19:00 Documental Persoas S.A. e coloquio posterior. Coorganizado con Mulleres e Palabras no  Museo Marco 
26/06 Un día en familia, con actividades para as crianzas no Monte do vixiador 
28/06_20:00 Performance "Nos estan matando" de Xoel Ariezzz na Praza da Constitución con mesa informativa de Nós Mesmas
02/07_20:30h Manifestación "Contra as violencias, valentes e libres" Saída do Cruce Vía Norte.
02/07 Festa DiversXs en A Praza da Pedra
Actuación de Meiga-i
Concerto de O Rabelo
Dj Lakenobaila
Para consultar toda a información sobre cada evento presta atención as nosas redes sociais!
Pouco a pouco iremos actualizando a programación!!
Colabora para poder hacerlo posible. Fai o teu donativo:


Coa colaboración de: 






Coa subvención de: 



viernes, 29 de abril de 2022

Ampliamos o Servizo de atención psicolóxica ao colectivo LGTBI+

 



🗣🏳️‍🌈SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA 🏳️‍🌈🗣

De maio a xullo contaremos con máis horario de atención psicolóxica dirixida ao colectivo lgtbi+ e as súas familias.

Un espazo de seguridade, confidencialidade e aprendizaxe.

Se sintes que precisas acompañamento, porque estás pasando un mal momento, atravesando algunha dificultade ou pasando malestar, se precisas dalgún apoio para tomar decisións ou aclarar dúbidas e inquedanzas...podes contactar con nós para informarte e/ou para marcar unha cita. 
Atendemos de forma presencial e online.

Non dubides en contactarnos a través do correo nosmesmas@felgtb.org



Servizo financiado por: 








Oferta laboral para o Servizo de atención psicolóxica

 


OFERTA DE EMPREGO

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

Asociación que realiza a oferta:  Asociación Nós Mesmas

Posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:
Posto de psicóloga/o para a atención do colectivo de mulleres LBT, de maio a agosto de 2022, media xornada en horario de tarde.
Perfil: persoa titulada en Psicoloxía con formación en Xénero, Igualdade e Diversidade afectiva-sexual e de xénero. 

Requisitos xerais:
Empadroado en Vigo antes do 01/01/2021.
Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
Posuír o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos:
Coñecemento sobre a realidade do colectivo LGTBI+ 
Experiencia laboral previa en atención psicolóxica con colectivos de especial vulnerabilidade.
Experiencia en formación de grupos.
Coñecemento e uso da lingua galega

 
Presentación de currículums:
Prazo de remate de recepción de CV: 18/abril/2022
Enderezo de envío e/ou de entrega:      nosmesmasjoven@gmail.com

 





jueves, 17 de marzo de 2022

Axuda as persoas refuxiadas para habitar un mundo máis xusto



O drama da guerra

A cifra de persoas que teñen abandonado Ucraína cara os países veciños desde o inicio da invasión rusa supera xa os dous millóns de persoas, segundo os últimos datos da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), e agárdase que esta cifra siga a aumentar. A poboación está a atravesar unha grave crise humanitaria e tanto os ucraínos que xa foron evacuados do país coma os que teñen permanecido na zona de guerra, enfróntanse a duras condicións climáticas, ao medo, á inseguridade e á falta de medicamentos e alimentos.

 

Á crueza da guerra súmaselle, a maiores, outros perigos para a humanidade. O goberno ruso leva anos emprendendo unha guerra soterrada contra os valores da Unión Europea de igualdade, liberdade e diversidade. O que está a suceder na Ucraína non é só un ataque contra o pobo ucraíno, é parte dunha guerra contra os Dereitos Humanos e contra os valores fundacionais da Unión Europea. Esta situación fundamenta a necesidade de reforzar a unión, a cooperación, a solidariedade e a empatía coas persoas que están a fuxir da guerra, pero non só deste conflito, debería estenderse a todos os que acontecen no mundo.

Desde a FELGTBI+ poñemos en marcha esta campaña de recadación de fondos para axudar a todas aquelas persoas refuxiadas e vítimas das atrocidades de todas as guerras.


Coa túa doazón poderemos apoiar ás entidades sociais que traballan nos distintos territorios en conflito para tratar de aliviar a situación de miles de persoas refuxiadas de todas as guerras. Hoxe son elas, mañá pódete tocar a ti.

DOA: