Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

miércoles, 5 de octubre de 2011

X Xornadas Xóvenes contra a LGTBfobia, en Madrid


Dende a Área Xóven da FELGTB organizamos as X Xornadas de Xóvenes contra a LGTBfobia que terán lugar en Madrid do 28 ao 31 de Outubro.

Estas xornadas son un espacio de formación que organizase este ano dende a Area Xoven da FELGTB có colectivo Arcópoli UCM. E nesta ocasión coñeceremos ás experiencias de traballo e reivindiación da historia do movemento LGTB en torno a saúde e a consecución do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, compartir experiencias persoais entre xóvenes pondo especial atención aos casos de discriminación dos xóvenes LGTB de zonas rurais e dotandonos de ferramentas persoais para foralecer o noso autoconcepto persoal e grupal.

Estas xornadas están abertas a xóvenes pertencentes a asociacións LGTB, a xóvenes doutras entidades de carácter xuvenil que queiran formar redes para a loita contra a lgtbfobia.

Dende Nós Mesmas participaremos con Raquel Cordeiro como relatora na mesa sobre a realidade LGTB no mundo rural.

Toda a información a podes atopar no Blog de las X Jornadas

Para máis información ou dúbidas contactade connosco no 647774051 ou por correo a nosmesmas@felgtb.org

Teatro da Oprimida, organizado dende a Marcha Mundial das Mulleres


As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres queremos convidarvos a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 21, 22 e 23 de Outubro no Centro Social de Valladares

Para formalizar a inscrición é preciso enviar a FICHA (clica para descargar) a marchagaliza@gmail.com ou contactarnos directamente no 698159764 ata o Venres 14 de Outubro (Prazas limitadas).


Que é o Teatro da Oprimida?

O “Teatro da Oprimida” comeza nos anos 60 no Brasil impulsado principalmente polo dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Nun contexto histórico de represión política, Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas a través de un teatro de cuño político, libertario e transformador.

Tratase de unha forma de Teatro, entre tantas outras, no entanto, diferénciase por asumir que todas somos e actrices e que o público debe ser o protagonista da acción teatral, o que lle da un carácter extremadamente innovador, creativo e, sobre todo, democrático e participativo.

Cales son os obxectivos?

A través das técnicas do Teatro da Oprimida exploraremos as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria.

Con este obradoiro procuramos: espazos de reflexión, debate e acción dende unha perspectiva feminista; explorar a creatividade e a imaxinación; potenciar a capacidade de resolución de conflitos; profundar na capacidade de acción colectiva e cooperativa e capacitar para unha cidadanía transformadora.

Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxía e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.


Outras informacións:

Prezo de compromiso: 10€ por persoa, 5€ estudantes e desempregadas e 15€ prezo solidario.

Para chegar ata o CS de Valadares organizarémonos en coches ou utilizaremos o transporte urbano (C7.Saída da Praza dos Cabalos cada 30 min. o venres e cada 45 min. o sábado e o domingo)