Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

miércoles, 4 de octubre de 2017

Queres batuquear con nós?


Somos un grupo de mulleres cis e trans que estamos creando un espazo para nós, para empoderarnos e saír ás rúas a facer balbordo e reivindicar o noso espazo e os nosos dereitos.

Creamos os nosos propios instrumentos e aprendemos, primeiro guiadas e logo buscando a autoxestión.

Se queres máis info para unirte, saber os horarios e demáis, inscríbete no seguinte cuestionario e te contactaremos:

INSCRÍBETE

Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo



viernes, 22 de septiembre de 2017

Xornadas Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas



Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo.

Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional; así como ás asociacións de familiares de alumnxs, activistas LGTBI e todas as persoas interesadas na educación non formal.

Contamos con 120 prazas para profesorado  e para xs asistentes non profesorado haberá portas abertas ata completar aforo.

Pretendemos:

-Visibilizar a diversidade afectiva-sexual e de xénero nas aulas a través de referentes positivos.

-Fomentar a integración e o desenvolvemento dos contidos transversais referentes ao respecto cara á diversidade afectivo-sexual e de identidades de xénero na práctica docente.

-Formar na prevención e detección de situacións de conflito e acoso no centro escolar derivadas da orientación sexual ou da identidade de xénero de calquera integrante da comunidade educativa, proporcionando ferramentas para enfrontar unha situación de acoso LGTBIfóbico.

Programa: 

9.30 _Presentación das xornadas da man de Sra. Presidenta da         
           Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; 
           Sra. Deputada Isaura Abelairas 
           Representantes de Nós Mesmas.

10.00_"Nós Mesmas nas aulas."

           Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira

10.45_Pausa


11.15_"Abrimos as portas á divcrsidade: como integrala nas nosas               aulas"

            Kika Fumero

12.40_"Ferramentas inspiradoras de educación inclusiva"

            José Joaquín Álvarez de la Rosa

16.00_"Entender a realidade trans como unha realidade social para             un acompañamento positivo na aula"

           Nac Bremón e Soraya Vega

18.30_Pausa


19.00_"Mesa de experiencias de profesorado e alumnado LGTBI                 en Vigo"

           Ana Ojea Alonso e alumnado do IES Politécnico de Vigo



Inscricións:

O profesorado que queira participar deberá inscirbirse a través do FPROFE coa referéncia V1702027 para recibir Certificado de Formación de 8h, o prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro




O resto de persoas interesadas, non precisan inscrición, portas abertas ata cubrir o aforo (150 prazas aprox.).


Actividade subvencionada pola:                Coa colaboración:



jueves, 21 de septiembre de 2017

Plan de Formación en Diversidade Afectiva e de Xénero

No que levamos de ano, máis de 1000  alumnxs de 17 centros de ensinanza pública da provincia de Pontevedra asistiron a unha das  charlas sobre Diversidade afectiva e de xénero que as voluntarias de Nós Mesmas imparten.

O Plan de Formación, como cada ano, comezou en xaneiro, máis este ano cunha novidade, no 2017 poderíamos chegar a moitísimos máis centros que noutras ocasións xa que a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto que lle presentamos e asinamos un convenio de colaboración.

Neste proxecto, ademais das charlas para educación secundaria e último ciclo de primaria, inclúense novidades, como unha campaña para os institutos e formación específica para profesorado, que levarase a cabo o próximo 21 de outubro.

En breve, informaremos polo miúdo destas dúas accións, por agora, tódolos centros ou o profesorado que estea interesadx en que acudamos ao seu centro a impartir unha charla só ten que escribirnos co asunto "Charlas DAS" ao correo nosmesmas@felgtb.org

Coa subvención de:


jueves, 14 de septiembre de 2017

#BiEnVigo

Día Internacional da Bisexualidade 2017

O 23 de setembro é celebrase o día da bisexualidade, día no que reivindicar a nosa visibilidade e rachar con todos os prexuízos e tabús que seguen existindo, moitos deles afianzados pola idea social de ter que escoller e posicionarse dentro da dicotomía que nos impoñen, ou es heterosexual ou homosexual.


Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón heterosexuaias, como a única opción a ter en conta de primeiras, pero ademais disto monosexuais, como unha forma máis aceptable de non ser heterosexual, esta situación a compartimos con outras persoas plurisexuais pero que non se senten representadas baixo o paraugas da bisexualidade, se non baixo outros moitos existentes e que reflicten a gran diversidade no-monosexual que existe.

Para falar disto, de vivencias e de moito máis, temos preparados varios actos abertos a todx aquelx que queira participar:
23/09 ás 18h Café "Charlando de bisexualidade" na nosa sé, Porta do Sol, 11-bis, 3º                                                      25/09 ás 19h Proxección e coloquio "Sobreviviré" na Casa das Mulleres, R/Romil, 20
 Ademais de animarvos a apoiar a nosa acción en Redes Sociais que comezará o día 20/09 cos hastags #BiEnVigo, #BisexualVisible e #bi-sibilidad.
Atópanos en:
Facebook Asonosmesmas
Twitter @nosmesmas
Instagram asociacion_nosmesmas

jueves, 13 de julio de 2017

Proxecto Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais.








Dende Nós Mesmas iniciamos o proxecto "Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais", a través da Subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, sendo esta unha Operación cofinanciada pola Unión Europea, PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

A través de este proxecto se realizará un servizo de atención, orientación e asesoramento integral a mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, que oferta os seguintes servizos:

-Orientación laboral e prelaboral a través de Itinerarios persoais de inserción.
-Formación para a mellora das habiliades sociais básicas e habilidades sociolaborais (procura de emprego, manexo básico de internet, correo electrónico...)
-Asesoramento psicolóxico
-Asesoramento xurídico (vencellado aos dereitos civis, laborais e sanitarios)

O proxecto desenvolverase do mes de xullo a setembro con prazas reducidas, se estás interesada en participar ou queres máis información, contacta:

627736965 en horario de 8-16h





Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para

programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade


Secretaría Xeral da Igualdade

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 

Promover a igualdade e a inclusión social

O FSE Inviste no teu futuro

miércoles, 14 de junio de 2017

Programa Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2017

,
19-28 Exposición "Abríndo portas á diversidade" de Javier Piñeiro no Mercado Urbano do Progreso
Exposición filmografica e bibliográfica nas Bibliotecas Juan Compañel e Neira Vilas

21/06 18.30h Obradoiro autodefensa feminista impartido por Lésbicas Creando 
na Casa das Mulleres, R/Romil, 20
Inscrìbete en lesbicascreando@gmail.com

22/06 21.30h  Proxecciòn Curtas Festival La Pecca, coa colaboraciòn da Asociaciòn Defrente
Bingo +Dj Petard Pop organizado pola AA Cultural e de Vecinos Casco Vello Alto
Na praza do Abanico (Casco Vello Alto)




23/06 20h  Senderismo ata a fogueira transmaricabollo
màis info no correo nosmesmas@felgtb.org

24/06 na Praza da Pedra
19.30h Obradoiro batukada da man de Tamborililàs-Batukada
20.30h Manifestación "Orgullo é reivindicación" 
22h Festa DiversX con 
Dj Noe
Dj Gato Astronauta 


27/06 18.30h Mesa redonda "Interseccionalidade e sexualidades non normativas" 
no Marco 
Con Laura Bugalho, activista
ACADAR, asociaciòn de mulleres con discapacidade de Galicia
Angel Amaro, activista
Càndida Alvarez e Fabiàn Aradas de AGAVIH

28/06 20h Festa da poesía Lgtb  con Dj Raquel Soto na Praza da Colexiata

Participaràn as escritoras e poetas:

Maria Xosé Queizàn
Marìa Reimòndez
Elvira Riveiro
Andrea Nunes Briòns
Lara Rozados
Marga do Val
Susana Sànchez Arìns
Paula Gòmez del Valle

Ademàis micro aberto para que todxs poidamos participar!


miércoles, 7 de junio de 2017

Creamos Orgullo!!! COLABORAS?

En Vigo levamos 9 anos creando un Orgullo LGTBI libre, digno, reivindicativo e combativo!

Festexamos a diversidade, a liberdade de ser quen somos e visbilizarnos, tamén reivindicamos os nosos dereitos aquí e en todo o mundo, denunciamos as agresións, a lgtbifóbia e a discriminación e mantemonos en pé loitando porque o mundo sexa, cada día, máis e máis diverso!

Un ano máis tentamos sacar unha programación do Orgullo que responda a este espíritu, e un ano máis precisamos da colaboración de todxs!







Como colaborar?

-Facendo un donativo, calquera cantidade conta!
Podes facer un ingreso na conta de Nós Mesmas:

ES50 0049 1788 26 2390013927


Ou facelo a través de Paypal coa túa tarxeta (non precisas conta en PayPal e non ten coste para ti):

PayPal.Me/nosmesmas



-Como voluntarix para as diferentes actividades, para distribuir cartaces pola cidade e arredores ou como voluntario para a manifestación do día 24:

escríbenos a nosmesmas@felgtb.org


-Mercando o noso Merchandaising!!! estará en tódalas actividades que realicemos pero non esperes a quedarte sen el! témolo xa na nosa sede! Camisetas, bandeiras, pegatas, chapas....contacta por Whatsapp a:

627736965