Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 26 de abril de 2018

Actos e manifesto Visibilidade Lésbica, 2018


Hoxe é 26 de abril, día da Visibilidade lésbica. 

Saíremos hoxe a rúa, con bicos reivindicativos e sabendo que teremos que explicar porque temos que visibilizarnos, porque temos que saír a rúa e bicarnos en espazos públicos como algo reivindicativo, en moitos casos, comentarios respaldados baixo un "se tedes os mesmos dereitos".

Pois non, nin temos os "mesmos dereitos" nin esta sociedade heteropatriarcal acolle a diversidade. Por isto e por todo o seguinte, hoxe daremonos moitos #BICOSVISIBLES:

-Visibilizar unha realidade que a diario se invisibiliza, ocultándoa e negándoa baixo a imposición da heteronormatividade.

-Por fin a discriminación e desigualdade no acceso aos tratamentos de reproducción asistida na Sanidade Pública en todo o Estado.

-Garantir a filiación das crianzas das parellas de mulleres sen a necesidade de contraer matrimonio previamente, así como a filiación sen ter que demostralo cunha documentación clínica.

-Garantir por lei a existencia de protocolos así como formación específica e adecuada do persoal sanitario. Maior compromiso no fomento e na protección da saúde sexual das mulleres que teñen sexo con mulleres. 

-Garantir por lei a formación do persoal docente en Diversidade Afectivo-Sexual, de xénero e familiar.

-Contribuir na construcción dunha sociedade diversa, alonxada deste modelo cisheteropatriarcal, defendendo de forma global os dereitos humanos, para promover medidas que acaben coa discriminación e persecución das mulleres que teñen sexo con mulleres.