Asociación Nós Mesmas
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Orgullo LGTB Vigo 2018
Nin disfóricas nin incongruentes.
Batukada feminista
Reivindicación
Visibilidade lésbica 2018
Bicada polas rúas do centro Vigo.
Amosando publicacións coa etiqueta diversidad b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diversidad b>. Amosar todas as publicacións
venres, 27 de setembro de 2024
Plan de Formación en Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero para Educación Secundaria
Para este 2024-2025 non temos propostas pechadas de obradoiros para secundaria, xa que a diversdiade que nos atopamos entre uns cursos e outros do mesmo nivel, incluso dentro do mesmo IES é tremenda!
Polo que vos propoñemos impartir sesións adaptadas ás necesidades ou intereses que detectedes.
Facer obradoiros "a carta" escollendo desde a duración aos contidos.
Segundo se na vosa aula/centro xa teñen traballada a DASeX previamente ou exista unha circunstancia a abordar esperámos que nos digades a idea de contidos que pensades que precisan traballar ou cos que queredes que teñan contacto, por exemplo:
-Achegamento a que é a diversidade afectivo-sexual e de xénero e o respecto á mesma
-Afondar na realidade das adolescencias/persoas trans
-Coñecer referentes LGTBI+ para a mocidade
-Coñecer ferramentas para detectar a discriminación LGTBIfóbica e razoar sobre as razóns e as consecuencias da mesma.
-Coñecer o percorrido historico da conquista dos dereitos para as persoas LGTBI
-Calquera outro que sexa do voso interese
A metodoloxía que seguimos é a través do xogo, apoiandonos en recursos audiovisuais e no debate de grupo.
Se tes dúbidas, precisas que te fagamos unha proposta concreta ou queres pechar datas, escríbenmos a nosmesmaseducacion@gmail.com estaremos encantades de axudarvos!
mércores, 25 de setembro de 2024
Plan de Formación en Diversidade Afectiva-Sexual, de Xénero e Familiar para Infantil e Primaria 24-25
Coñece a nosa nova oferta formativa para o curso 2024-2025 dirixida a alumnado de Educación Infantil (segundo ciclo) e Educación Primaria.
Se a natureza é diversa....a diversidade é natural!!!
Como cada inicio de ano, contactamos cos centros escolares para facervos chegar unha proposta única, innovadora e divertida, coa que achegar a diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar ao voso alumnado.
Ainda que repetimos algún dos nosos obradoiros (os obradoiros "estrela"), como Bolechas ou Piratrans Carabarco, temos moitas propostas novas, máis dinámicas, utilizando o xogo como ferramenta educativa e como sempre, adaptables a realidade do voso centro e do voso alumnado.
Para máis información ou solicitar datas, escríbenos a nosmesmaseducacion@gmail.com
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
%20(2).png)

.png)



