Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

martes, 23 de junio de 2015

Lectura e presentación poemario LESBIAR de María Xosé Queizán



AGRADECEMENTO Á AUTORA
Sentimos unha enorme gratitude e un gran orgullo polo regalo co que Mº Xosé Queizán nos agasalla, permitíndonos ser as primeiras en publicar e poñer en circulación este libro.

Son xa oito anos de traballo diario de Nós Mesmas na reivindicación dos dereitos e liberdades das mulleres lesbianas e bisexuais, na busca do empoderamento, na loita polo dereito a gozar da nosa sexualidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. Un traxecto cheo de atrancos, sen apoios oficiais, con dificultades para a realización das accións que permitan a visibilidade das mulleres cunha identidade sexual diversa, con poucos referentes sociais e culturais cos que as lesbianas nos poidamos identificar. Tampouco na literatura. Ata o de agora.

Por iso é un acontecemento histórico poder editar e publicar un poemario que visibilice as relacións lesbianas dun xeito claro, sen andrómenas, dotando o sexo lesbiano do seu propio verbo. LESBIAR. Queizán regálanos así, utilizando a nosa propia lingua, unha verba que representa a identidade lesbiana, única e con características que difiren da identidade hexemónica.

Grazas a María Xosé Queizán, contamos con esta oportunidade única e grazas a ela as novas xeracións contarán cun libro de referencia que derruba muros e abre camiño cara un mundo diverso.

Asociación Nós Mesmas

sábado, 6 de junio de 2015

Semana Cultural Orgullo LGTBI Vigo 2015






E xa chega o 28 de Xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI.

Este ano queremos saír ás rúas e reivindicar as discriminacións e vulneración de dereitos, especialmente as que sufrimos as persoas LGTBI na Galiza, xa que somos a terceira comunidade autónoma cun maior número de delitos de odio por orientación ou identidade sexual, somos a comunidade que ten un lei de igualdade e non discriminación que nos fai invisibles e somos a comunidade na que o Plan Galego do VIH estigmatiza e estereotipa as nosas relacións sexuais. 

POR ISTO E POR MOITO MÁIS SAÍREMOS A RÚA!!

Aquí vos deixamos a programación que organiza Nós Mesmas​ durante o mes de Xuño de este ano e todo de balde:

17 ao 26 Exposición fotográfica "Abrindo portas a diversidade" de Javier Piñeiro no Centro Cívico de Teis.

22 ao 26 Exposición filmografía e literatura de temática nas Bibliotecas Públicas Pondal (Casco Vello) e Neiras Vila.

Domingo 21 ás 11.30h Senderísmo Río Lérez (quedamos ás 10h na Laxe para saír a Pontevedra e na Ponte peonil preto da praia fluvial en Pontevedra ás 11h)

Luns 22, Izada Bandeira no Concello de Vigo.




Mércores 24 ás 19h Proxección curtametraxes La Pecca Selección, coa colaboración da Asociación DeFrente. 
No Museo MARCO

NOVO!! Xoves 25 ás 20h María Xosé Queizán presenta LESBIAR, poemario editado por Nós Mesmas coa lectura de varios poemas no Café de Catro a Catro (rúa Gerona, 16)


Vénres  26 ás 20h Charla " A transexualidade: da nenez a adultez" con Beatriz Suárez Briones​ Asociación Chrisallis e Laura Bugalho​. Na cafetería Hashtag (Lopez Mora , 26)





Sábado 27 TODO O DÍA DE FESTA NA PRAZA DA PEDRA!!!

ás 12h actividades infantis có Paiaso Tachán e contacontos

ás 18.30h actuación do Vatapá-cuarteto​

ÁS 19.30H SAÍDA MANIFESTACIÓN "ORGULLO É REIVINDICACIÓN" (saímos da Praza da Pedra e volvemos alí!)

ás 21h Actuación Ge Drag 

ás 21.30h Actuación de Rodrigo Cuevas.

de 22.30h a 24h DJ Pettro 

O Concello de Vigo, pasándose por alto as ordenanzas municipais, negase, un ano máis, en concedernos permiso ata ás 3 da mañan, polo que a festa pechará ás 12 da noite, pesandonos moito e a pesar do gran esforzo que supon organizar todo isto así como o peso que ten para a cidade, non lle interesa celebrar unha data como o 28 de xuño como se merece.