Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 10 de mayo de 2018

Estreo film Nove de Novembro e coloquio con Lázaro Louzao

Dentro da Programación do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018
disfrutaremos do filme Nove de Novembro, primeiro de temática LGBT  rodado en galego.

O evento, coorganizado cos Multicines Norte, contará coa presencia do Director, Lázaro Louzao, co que se manterá un coloquio ao final da proxección.

O film protagonizado por Ademar Silvoso e Brais Yanek, tivo un orzamento de só 30.000 euros e foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding, ademais, o seu estreo non estivo exento de polémica, disto e de moito máis falaremos en persoa co director.

Para non quedar sen ela, poderás mercar as entradas, cerca da data, en:
https://www.reservaentradas.com/cine/pontevedra/multicinesnorte/





lunes, 7 de mayo de 2018

Noite Drag, participas?

O próximo sábado, 2 de xuño desde as 12 da noite no Mogambo, terá lugar a nosa primeira:

NOITE DRAG
Unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!!

Seleccionamos a un máximo de 7 participantes dragqueen e dragking, que queiran amosar a súa arte enriba dos escenarios cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público.

Os únicos requisitos son ser maior de idade e que a actuación non reproduza condutas machistas, sexistas ou lgtbfóbicas.

Se queres deslumbrar coa túa actuación ou queres máis información, escríbenos co asunto "Noite Drag" a nosmesmas@felgtb.org 


jueves, 3 de mayo de 2018

Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018

10 anos de OrgulloS, 10 anos de Orgullo.  

Nós Mesmas organiza o seu 10º Orgullo na cidade de Vigo 

 O 28 de xuño representa loita, reivindicación, rutura co sistema opresor, visibilidade, diversidade, dereitos humanos e empoderamento.

Por todo isto, dende Nós Mesmas organizamos de forma colectiva e asamblearia e autoxestionada case por completo, diferentes actos en todo o mes de xuño que recollen esta diversidade, esta loita e esta celebración do pulo e da valentía que tiveron moitas antes de nós e que seguimos tendo, a diario, cando transgredimos a norma da cisheteronormatividade imposta.



Subvenciona








POR UN ORGULLO LGTBI+ EN VIGO, + DIVERSO E +REIVINDICATIVO

Mentras rematamos a programación definitiva, vos imos deixando aquí o programa provisional, iremos actualizando pouco a pouco marcade as datas na axenda que este ano temos un mes de xuño cargadiño de ORGULLO E REIVINDICACIÓN!!




Clica na imaxe para saber máis sobre a Noite Drag do 2 de Xuño, no Mogamobo:



Contamos coa coorganización de:

Contamos coa colaboración de: 




Fotos Bicada Lésbica e mesa de experiencias, Día da Visibilidade Lésbica 2018


Aquí poder ver algunha das fotos da bicada polo día da Visbildiade Lésbica, moitas grazas a todas as que participaron na bicada!



Ademais, o 28 de abril tivemos a mesa de experiencias Lesbiana E Artista no Pub A Galería Jazz, onde nos acompañaron as grandes:

Montse SorBeata no papel de gran presentadora, lesbiana visible.


María Álvarez Hortas, alias Yupiyeyo, ilustradora, presntándonos o seu traballo en banda deseñada.

Alba Rubín, fotógrafa, abriunos o seu peculiar album de fotos da súa vida.

Tivemos a sorte de rematar co concerto das compañeiras Georgina e Maria, podes ver un anaquiño aquí: