Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

domingo, 27 de diciembre de 2009

Obradoiro de lectura para nenas e nenos de 3 a 7 anos

OBRADOIRO DE LECTURA
PARA NENAS E NENOS DE 3 A 7 ANOS.


"UNHA PARELLA DIFERENTE"
Daniela Kulot
Factoria K de libros


Crocodilo e Xirafa son unha parella:
unha parella de namorados.

Xirafa é moi alta
e Crocodilo moi baixo,
por iso viven nunha casa
feita á súa medida.

Alí, apenas se decatan do diferentes que son.

Pero, un día que foron dar unha volta....

Martes 29 de decembro de 12h a 13.30h
na Biblioteca Central (Rúa Xoaquin Yáñez, 6; Casco Vello, preto da praza Princesa)

Organiza Asociación Nós Mesmas
Colabroa Concellería de Igualdade, Biblioteca Central, Libreria Papilio

lunes, 9 de noviembre de 2009

IV Xórnadas de Políticas Lésbicas


O pasado fin de semana puidemos disfrutar dás IV Xornadas de politicas Lésbicas que organizaron as nosas compañeiras de Trabadas de Asturias.

Nelas disfrutamos dun ambiente e dun trato inmellorable, pero ademáis regresamos coas pilas cargadas. Cargadas de empoderamento, de visbilizarnos, de debatir e de formarnos dende o activismo e en torno ás necesidades que sentimos principais actualmente no panoráma lésbico e coas que temos que tratar día a día.

Dende unha retrospectiva histórica do camiño das mulleres lesbianas no noso país ata a situación actual, centrándonos nos retos futuros do activismo. Retos que fomenten a visibilidade nás zonas rurais , prestar máis atención o maltrato nás relacións lésbicas, traballar os planes de igualdade para exixilos nosos dereitos e que estes queden estampillados nos mesmos, a importancia de formar ás nosas activistas, e ás mulleres en xeral en empoderamento, na resiliencia...para asegurar unha continudade da acción que nós comezamos a realizar.

Como dicia, voltamos coas pilas máis que cargadas, dispostas a seguir cara diante. E queremos agradecer todo o que ás rapazas de Tribadas-Xega fixeron para que nos atoparamos no mellos ambiente posible para traballar dende a confianza.

Así que esperndo para a próxima!!

domingo, 18 de octubre de 2009

Anulase o xuizo homófobo realizado contra Jacobo Piñeiro


Despois da cara de parvos que quedarasenos a tod@s pola resolución, claramente homófoba, do xurado popular que xulgaba a Jacobo Piñeiro polo asasinato confeso de doús xovenes, Julio e Isaac, temos de novo a ocasión (e a esperanza, por que non dicilo) de que poda ser xulgado facendose xustiza.



O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dictaminou nula tal sentenza xa que a redacción do obxeto de veredicto "foi defectuosa", e a motivación presentouse de xeito "absurdo, ilóxica e arbitraria en grandes aspectos frente os feitos basicos enxuizados."



E que claro, o medo insuperable e a lexitima defensa é o que teñen!!!, que o procesado é o que ten que demostralo (e non a defensa desmentilo).
¿E Jacobo demostrouno? ¿Aportou os indicios necesarios que xustificaran que os seus crimes deberonse a actuar impulsado por un medo insuperable dun mal igual ou maior??
ah! claro! é que eran gais e o ian violar!! esqueciaseme...

E ante iso quen non lle vai dar a razón....



Na miña opinión, sempre quedarán pendentes un par de cousas:
-se a sentenza non foi homófoba, se non resultado de devanala sesera o xurado; den quén foi a responsabilidade de que ese xurado popular non entendera que o medo e a lexitima defensa tiñan que estar xustificados con feitos e probas????


-e se si que o foi?? (que na miña opinión é o que ocurriu) que ocorre coa selección do xurado? non debería descartar persoas con ideas con tendencia homófoba?? que nunha ou un par de personas non se percaten, inda pasa!! xa que a homofobia é cotiá na nosa vida e na xente que nos rodea, iso vale, pero tanto como para que o xurado enteiro (creo que un salvávase) opinase igual....arre carallo! en boas mans estamos!!


Só queda esperar ata o próximo xuizo no que pomos tódalas nosas esperanzas e desexamoslle tódala sorte do mundo ós familiares e amigos dos rapaces.

lunes, 5 de octubre de 2009

Manifesto Plataforma Galega polo dereito a decidir, apoio reforma lei aborto.‏

Como Asociación adherimonos a Plataforma polo Dereito a Decidir, enviamovos o manifesto para que o leades e esperemos que firmedes, toda acción que realicemos é pouca para loitar polos dereitos que nos corresponden.

Queridas/os amigas/os:

O pasado mércores, despois dunha numerosa reunión, decidimos impulsar unha Plataforma polo Dereito a Decidir (As organizacións impulsoras somos PSdeG, UGT, Fademur, XSG, Teenses pola Igualdade, Mulleres Socialistas e a Asociación Galega de Mulleres Progresistas).

Quedamos en que a idea é ir sumando organizacións e persoas a dita Plataforma.
Pola presente informamos dos pasos dados dende o mércores:


1. Xa está solicitado o Club Internacional de Prensa para poder facer alí a presentación da Plataforma. Mari Lires xa se puxo en contacto con eles e se está esperando a súa resposta. O día para presentar publicamente a Plataforma será o mércores día 7, pola mañá (aínda non sabemos a hora exacta, informaremos en canto a teñamos).
2. Fíxose o manifesto que enviamos adxunto a esta mensaxe para que o asinedes: descargalo, cumplimentar datos e enviar de novo a este correo.
3. Vaise a colgar unha Causa no Facebook como quedamos na reunión, así quen estea interesado/a deberá unirse a Facebook para participar.
4. Laura Seara xa falou coa Plataforma Estatal para intregrarnos na mesma. Dese xeito avanzamos moito, xa que contamos coa cartelería precisa para a nosa Plataforma, así como outros materiais...
5. Tamén segundo Laura, a páxina web para colgar o Manifesto e pedir adhesións directamente estará funcionando mañá luns.

PEDÍMOSCHE A TÚA AXUDA PARA:


1. As persoas que queirades participar e/ou organizar charlas na provincia de Pontevedra, enviádeme os datos seguintes:
Localidades nas que sería interesante facer os actos.
Persoas coas que vos gustaría contar.
Lugar onde poderían ser eses actos (Centros Cívicos, Facultades, Sedes Sindicais, Casas do Pobo, Agrupacións, etc...)
2. Solicitar adhesións de asociacións e persoas individuais. O obxectivo é contar con máis de 200 o día da presentación da Plataforma.
Sin máis, e esperando que me envies o Manifesto cos teus datos e o de todas as persoas e/ou entidades que poidas conseguir antes do martes ás dúas da tarde, envíoche unha forte aperta.

martes, 8 de septiembre de 2009

Noticias

Por primeira vez, gais e lesbianas marcharan polos seus dereitos en Namibia.
Universogay.com
Esperanse que unhas 40 persoas marchen o sábado en Namibia, un dos países africanos no que a homosexualidade aínda é ilegal.

Televisión Española menciona ós gais nun video promocional da cadea.
dosmanzanas.com

Non é que sexa gran cousa, nin para que se queden tranquilos, ademáis o correcto sería usar o térmo "homosexual"...pero carallo! algo é algo!

Un ministro belga promove a doazón de sangue, índa que él mismo non pode por ser gai.

Apresan a 3 homes culpabeis do asasinato da muller transexual de Valencia.
Carlanatoneli.com

Un conto infantil sobre dous pingüínos gais que adoptan un ovo, o libro máis censurado en Estados Unidos por 4º ano consecutivo.
Dosmanzanas.com

martes, 25 de agosto de 2009

BOICOT ÁS FESTAS HOMÓFOBAS E HETEROSEXISTAS!!!!


"SUMMER GAY"


O pasado venres 7 de agosto tivo lugar na Sala A de Vigo o “Summer Gay”, un evento publicitado como “o primeiro festival GAY que tería lugar na cidade”.


Moita xente da que asistiu, e sobre todo da que non asistiu, tiña mínimas expectativas e agardaba algo bastante desastroso, de mala calidade, mal gusto e por desgraza, coma a maioría das veces, pouco representativo. A festa axustouse perfectamente ó patrón.


O que ninguén agardaba era un alarde de heterocentrismo.O que calificaron coma “show erótico para as mulleres” converteuse nun coito no escenario; en sexo heterosexual falocéntrico.


E é que pobre panda de invertidas que esperabamos que nun acontecemento desas características iamos ter un espazo para nós.

¿Pero cómo facer erotismo para lésbicas?


Se as mulleres non temos sexualidade, non sentimos desexo… se as lésbicas non fodemos. Deberon pensar que qué mellor que reunirnos a unhas cantas, e xa téndonos a todas xuntas sacar un bo macho, cunha boa verga, que nos ensine como se fode ademais do enganadas que estamos. O Summer Gay era un ritual de reconversión.


Por iso queremos dicirlle á Organización (ente invisible) que para enderezarnos non ten que amañar festas; que o mundo é heterocentrado e falocéntrico, que nos atopamos coa mostra que tivo lugar no escenario a cada momento e en cada espazo, a gran escala… que non nos ensinaron nada novo nin nada que quixeramos ver… que se aforren o esforzo. Que non nos vendan merdas das que estamos fartas, e que non tenten insultarnos nin insultar a quen comparte o noso modo de vivir a sexualidade.

Deixade xa de xerar moda coa nosa orientación, que cando queiramos festas propias farémolas nós. Unha realidade social tan grande non pode anularse coa comercialización dun movemento.


Se compartela nosa opinión unete o noso grupo de Facebook e denuncia o acontecido.


E en pouco tempo poderemos disfrutar dunha festa propia, creada por nós mesmas que non busque a mercantilización da nosa sexualidade para o enriquecemento dúns poucos!!!

martes, 30 de junio de 2009

Resultado sorteo Orgullo LGTB 09

Xa temos algún dos gañadores, pero ainda quedan premios por adxudicar, así que si tes algunha das seguintes papeletas premiadas, chamanos o 685475622 ou ponte en contacto connosco por mail aso_nosmesmas@hotmail.com para recibilo teu premio:

0042---Cena en A Pita Tola
0041---Cena no Mama Oko
0050---entrada vip SummerGay
0132---entrada vip SummerGay
0171---pack libros temática
0103---pack libros temática
0089---pack libros temática
0048---camiseta
0027---camiseta
0140---camiseta

Os números que foron premiados con copas, perdese o premio xa que era para consumir na propia noite.

Un saúdo e sorte!!!

lunes, 22 de junio de 2009

ORGULLO LGTB VIGO09'

Estades todas e todos convidados a festexar o
ORGULLO LGTB V I G O 0 9

Dende Nos Mésmas non queriamos deixar pasala oportunidade de organizar algo conmemorando as primeiras revoltas no 1969 en New York, protagonizadas por ciudadan@s gays, lesbianas y transexuales que decidiron revelarse contra as continuas vexacions e hostigamentos que padecian por parte das autoridades e da sociedade en xeral...

Foi a primeira vez que deron a cara contra a represion,a discriminacion e exisiron algo tan básico como o dereito a ssa dignidade. Elas e eles foron os primeiron en dalo paso, e dende enton avanzamos a mellor ou peor ritmo, pero sempre cara diante.

No 2009 temos que seguir con esa luita, pola nosa aceptación, por poder vivila nosa vida sen agocharnos, mostrįndonos como somos, mulleres e homes lesbianas, gais, bisexuais e transexuais. Asi que non faltedes!!!:


Vénres 26/06. "Festa Invertid@s Disco Party"
no Plaff! (Rsa Oliva, 8 Casco Vello)
Con música dos anos 80 e 90,
sorteos, agasaios, animación......e moito máis!!!
Dende as 00:30h


Sábado 27/06. Animación Infantil na rúa.
Na Praza da Constitucion (Casco Vello)
Con motivo do ano "Ás escolas sen armarios", achegamos ás familias a situación de nen@s e xóvenes nás escolas.
Con actividades para as e os máis pequerrech@s.
Dende as 17:30h

Concentración e Manifesto.
Na Praza da Constitucion (Casco vello)
Animádevos a traer a vosa propia cartaz ou pancarta
Dende as 20h


Ademáis atoparedevos con información nosa, doutros colectivos,
a nosa camiseta a venda, chapas, pegatas....

miércoles, 17 de junio de 2009

CAMISETAS

Miraide as super camisetas diseñadas por Danielle:


Descargar imaxen camiseta: peito costas

Quen estea interesada podea encargar por correo, e canto antes mellor xa que vou facelo encargo nestes días.

A elixir entre dous modelos: unha xl de chica, non é nada grande,(manga curta, pescozo redondo, licra) ou camiseta unisex (das míticas, tamén manga curta e pescozo redondo pero de algodón) en s ou m, son moito máis olgadas e longas, pero tampouco enormes.

As cores en cualquera modelo serán en rosa, branco ou azul claro coa impresión en morado.


E o prezo é de 10€, 9€ para socias.

miércoles, 10 de junio de 2009

URXENTE: actúa en favor dos dereitos LGTB en Lituania

Mañan, 11 de Xuño, o Parlamento Lituano votará unha enmenda que, de aprobarse, supondrá a prohibición de debatila homosexualidade nas escolas e toda referencia a ela en calquera información pública que poidan ver menores.
A reforma proposta equipara a homosexualidade a situacións como a descripción de violencia física ou psicolóxica, a exhibición dun corpo humano morto ou cruelmente mutilado e a información que suscite terror ou fomento a automutilación ou o suicidio.
A modificación proposta é parte dun crecente clima de intimidación e discriminación el Lituania contra lesbianas, gays, bisexuais e persoas transxénero. No último ano, as autoridades munincipais emitiron declaracións despectivas. Se a lei é aprobada, reforzarase aínda máis se cabe a violencia contra as persoas a causa da súa oriencaión ou identidade de xénero, socabando na súa integridade e dignidade.
ACTÚA!!Pedimoste que enviedes cartas como as que figuran na seguinte descarga ás direccións que podes atopar no mesmo documento e que difundas esta información.

sábado, 6 de junio de 2009

Radio Diversa, emisora gay sudamericana ameazada

Dende o pasado mes de abril, a emisora latina (Colombia) Radio Diversa, destinada o público LGTB, foi atacada de distintos xeitos: roubos, ameazas de bomba, intimidacións...conseguindo que abandoasen o seu exercicio de liberdade de expresión e tiveránse que esconder e realizalo seu traballo en condicións precarias e fora dos seus locais.

Reporteros sen fornteiras trata de reporlle o material sustraído, para que tan cedo coma sexa posible volte a acción.

Estás accións, realizadas por un grupo chamado "A organización", pretenden defender unha "cruzada moral", con violentos actos homófobos...dende a Asociación apoiamos a Radio Diversa e a Reporteiros sen Fronteiras. 


Podedes axudarlles mecando o albúm "100 FOTOS DE DON McCULLIN POR LA LIBERTAD DE PRENSA"

lunes, 18 de mayo de 2009

Día contra a homofobia, transfobia e bifobia!!

Manifesto do Día contra la Homofobia, Transfobia y Bifobia (17 de Maio):

Este día contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia impulsa o recoñecemento internacional da loita pola igualdade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que paso a paso vamos conseguindo.

Pero aínda que vemos hacia diante non nos podemos esquecer de todas e todos os que quedaron no camiño, víctimas de crimes homofóbicos como os nosos veciños Julio e Isaac, e de todos aqueles e aquelas que viven e sufren nas súas casas, nas aulas, no traballo…O odio e desprezo hacia a diversidade afectivo sexual.
E é importante lembrar que a nivel internacional a Homofobia, a Transfobia e a bifobia teñen forma de lei. Leis que condenan as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como ocorre actualmente en 80 países, e que incluso aplican a pena de muerte, como segue pasando en 8 nacións do mundo.

Destacar tamén a especial discriminación que sufren as mulleres lesbianas, esa dobre discriminación que as invisibiliza e victimiza unha vez máis por ser muller; así como destacar o pesadelo que viven no mundo as persoas transexuais que se enfrentan especialmente cada día á violencia, abuso, violación, tortura e crimes de odio en todo o mundo e que se atopan aínda máis desamparadas no ámbito legal e social.

Nunha sociedade como a nosta, que traballa pola igualdade e pretende rematar coa discriminación tránsfobica, homofóbica e bifóbica, a intervención no ámbito educativo é irrenunciábel, xa que a educación en valores, no respeto á diversidade é unha ferramenta básica para acabar co problema de raíz.

Porque é o descoñecemento, a ignorancia sobre a realidade LGTB, a que fomenta a maior parte das discriminacións. Consideramos fundamental a incorporación da diversidade afectivo-sexual e familiar na educación, asegurando un espazo de respeto e igualdade. Para extinguir dos centros educativos o acoso que sufren as e os menores e xóvenes e que quebranta a garantía do libre desarrollo da súa personalidade e do seu benestar.

É por isto que pedimos:

Á OMS, que deixe de considerar a transexualidade como transtorno mental, e promova o acceso á atención da saúde e o apoio psicolóxico axeitado, tal e como demandan.

Que os Organismos de Dereitos Humáns de Nacións Unidas examinen as violacións aos dereitos humáns que enfrentan ás persoas trans en todo o mundo, e que tomen medidas concretas para combatilas.

Que a educación na diversidade afectivo-sexual e familiar sexa unha realidade nas nosas aulas, contando co apoio e traballo dos centros e do profesorado.

Ás administracións públicas de Vigo, pedimos o seu apoio e o seu compromiso, na loita contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia; para promover e normalizar a visibilidade dos colectivos LGTB na cidade; e para establecer accións dirixidas especialmente a erradicar a homofobia entre a xuventude.

E a todas e todos vós, ás familias e amizades e coñecid@s de persoas gais, lesbianas, transexuais ou bisexuais, pedimos comprensión, empatía, apoio e, sobre todo, respeto.

Porque outro mundo é posibel, pero só é posibel con nós.

jueves, 7 de mayo de 2009

Día da Visibilidade Lésbica


O pasado mércores 29 de abril, celebramos en Vigo o Día da Visibilidade Lésbica cunha concentración e a lectura do manifesto.


Este día estableceuse o ano pasado para o día 26 de abril, polo que está foi a segunda edición a nivel estatal e a primeira vez que se celebra en Vigo algo semellante.

Ben, celebrar, celebrar non é que tiraramos cohetes, eramos poucas e máis ben coitadiñas, pero dando o tipo durante casi unha hora, coa nosa pancarta e os carteliños de "LESBIANAS: HABELAS HAILAS".


E esque hableas hailas, ou non? pero inda temos que andar a procura delas. E que non é doado dicir que a visbilidade das mulleres lesbianas e bisexuais en Vigo é casi nula por completo, e que claro, non é doado admitir que, chegando onde chegei, superando máis que obstáculos, non son capaz de mostrarme tal e como son, como decido ser e sentirme, e vivir dacordo ás miñas ideas e desexos....



A invisibilidade significa moitas cousas, é medo, é maltrato, é inxustiza, é rechazo (propio e dós demáis)....e todo isto débese a un único motivo: a discriminación sufrida nás diferentes áreas da nosa vida diaria.


¿Qué facer ante iso? ¿Cómo se soamente son unha podo loitar contra un sistema establecido décadas, séculos...atrás?



Pois penso que con a nosa VISIBILIDADE, individual, única, elixida libre e honestamente por cada unha de nós. Mostrando o mundo que somos como somos e punto!


Pero tamén EXISINDO, exisindo dereitos e o seu cumprimento, exisindo educación, exisindo sistemas de sanidade adaptados as nosas necesidades...exisindo todo o que nos corresponde por ser persoas.




Vós diredes que vos parece e que opinades.



Unha perta

martes, 14 de abril de 2009

Presentación do novo Blog!!

Ola a todas!!!
Como vedes xa temos blog, por agora o máis parecido a unha web, nesta queremos manternos o día dás noticias do colectivo LGTB así como doutros temas de interesé e dás cousiñas que vaiamos facendo na Asociación.

Gustaríanos que este fose un espacio dinámico, onde os vosos cometarios cónten, e con eles nos axudedes a mellorar e a facer deste blogger un sitio un pouco de todas!

Así que esta é a benvida, para quén non nos coñeza, presentonos:
Somos unha asociación de recente creación, que xurdiu como a necesidade de facer valer os nosos dereitos que son ignorados e ata vetados polo feito de ter unha orientación sexual ou do desexo diferente do da maioría, ser mulleres lesbianas e bisexuais.

Temos unha meta moi pero que moi ambiciosa, conseguir a nosa igualdade real, acadar o respeto e a tolerancia nunha sociedade discriminadora, e para conseguilo creemos que o único xeito e unirnos, e erguernos denunciando inxustizas e exisindo o que nos corresponde.

Un saúdo, "Queda moito por facer para chegar a ser NóS MÉSMAS"

viernes, 10 de abril de 2009

....ainda non estamos listas.....

Estamos en construcción, pronto atoparanos traballando!!
mentras contactanos en http://www.nosmesmas.forogratis.es/
ou no tuenti e Facebook, e por correo a aso_nosmesmas@hotmail.com