Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Retrátate ante o VIH


Neste link podedes atopar unha acción sencilla pero importante para a loita contra a discriminación e a estigmatización das persoas con VIH.

Todxs coas nosas fotos sumamos e podemos facer unha marea de apoio, de solidariedade, unha marea de concienciación e de visibilidade.

Cumplense 30 anos dende o primeiro diagnóstico de VIH e non deixan de incrementarse os novos casos, especialmente entre homes que teñen sexo con homes. Cada ano producense novas infeccións, saltando as alertas no incremento de novas infeccións en rapaces menores de 20 anos. Este incremento pode verse debido a que a percepción do VIH/sida como unha enfermedade crónica fai que se baixe o coidade ante as relacións de risco e na realización da proba do VIH.

Precisamos de medidas que den unha resposta clara e contundente ante esta situación, as medidas tomadas ata o de agora (principalmente campañas informativas carentes de apoio educativo) non foron suficientes....ademáis das novas infeccións, temos que recordar que o VIH sobreapasa o ámbito sanitario incidindo gravemente no ámbito social das persoas que o portan, un estigma asociado ao VIH que fai que moitas persoas do noso entorno vivan discriminadas. Isto debese, unha vez máis, ao descoñecemento por parte de todas e todos da infección, ao silencio que ahi ao seu redor, a falta de accións educativas que rompan esta estigmatización que soamente funciona como unha barreira máis para a prevención e o control da infección, retrasando en moitos casos o diagnóstico, elevando os costes sanitarios, sociais e persoais.

E por todo isto, que dende Nós Mesmas exisimos ás autoridades sanitarias e educativas unha maior incidencia e un maior compromiso coa loita contra o VIH, e que esta non se quede en simples campañas con preservativo incluido (pero que non as quiten tampouco! que repartan máis e de balde! sempre de balde!!). E solicitamos todo o apoio por parte da sociedade neste día e no resto do ano.

Falemos abertamente do VIH/sida, informémonos, formemos a outrxs....e visibilicemos que é unha realidade cercana.

SE O VIH NON DISCRIMINA, NON O FAGAS TI.



martes, 22 de noviembre de 2011

“PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Día Internacional contra a Violencia Machista

25 de novembro de 2011


Dise do Feminismo que é a revolución silenciosa do século XX. Mais non podemos dar a razón a quen afirma que esta é unha revolución sen sangue. Neste novo século, como no anterior, esta revolución segue a engrosar a súa listaxe de mártires.

Desde a dereita política, mediática e relixiosa, fálase dunha perda dos valores da familia. E así é. O seu modelo de familia está en crise. Cada dia mais persoas aspiran a modelos de convivencia e afecto, máis democráticos que o seu modelo patriarcal. Cada dia mais mulleres e mais homes aceptan outros valores de convivencia: a igualdade, a corresponsabilidade, a cultura do diálogo, dos acordos...

Mais tamén quedan moitos homes, organizacións políticas, relixiosas e sociais, que se resisten ao cambio. A pandemia da resistencia machista mostra repuntes no poder xudicial ( actuacións en Sevilla e Murcia), no poder político (Lei da Familia do Parlamento Galego), nas institucións académicas (teoría do Síndrome da Alienación Parental), nas educativas (louvanzas á segregación por sexos), nas relixiosas (carta pastoral do bispo de Granada)... mentres se vai conformando un cambio político e económico que está levando aparellado unha perda importante de dereitos fundamentais, e un ataque sen precedentes aos servizos públicos, que en moitas ocasións aseguraban o exercicio deses dereitos. Un cambio político cuxos protagonistas aspiran a abolir leis que supuxeron logros importantes na vida de moitas mulleres e homes, a Lei de Igualdade, a Lei Integral contra a Violencia Machista, a Lei do Aborto, as reformas no Código Civil que igualan en dereitos ás persoas sen distinción da súa opción sexual.

O sistema económico, que nestes dous últimos anos acelerou a súa voracidade engulindo recursos públicos e impoñendo un modelo social de competitividade, acumulación e usura, impón ao poder político, recortar e abolir todas aquelas políticas de igualdade encamiñadas a previr a violencia machista, á atención ás vítimas e á concienciación da sociedade. Políticas que desde o Feminismo avaliabamos como insuficientes, pero que marcaban o camiño que había que encetar para conseguir arrincar o machismo das nosas vidas.

Cada día, diante do asasinato dunha muller a mans do seu ex marido, ou do seu compañeiro, as autoridades condenan os feitos, a veciñanza manifestase rexeitando a agresión e pedindo xustiza,preguntándose por que continua engrosándose esta tráxica lista de mulleres vítimas da violencia machista. Un feminicidio que vai marcando cada dia mais aldeas, vilas e cidades, no mapa dos asasinatos machistas.

As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.

A solución non é doada e necesita do compromiso de todos e de todas, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo.

Ao feminismo non nos asusta continuar coa nosa responsabilidade e activismo na loita contra a violencia machista...non queremos que se volva ao pensamento de que a violencia machista son “os trapos sucios que hai que lavar na casa”.

Queremos concienciar sobre as estruturas sociais que alimentan e reproducen o machismo.

Queremos deixar claros os vínculos que existen entre a desigualdade e a violencia machista.

Queremos facer reaxir á sociedade ante a perda de dereitos e ante o desmantelamento de servizos públicos.

EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDIAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRAS.

25 DE NOVEMBRO DE 2011

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, polo Día Internacional contra a Violencia Machista baixo o lema:

PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA”

Vigo

Xoves 24 e venres 25 de novembro "Museo interactivo contra a violencia machista". Diante do Marco.

25 de novembro de 2011, venres às 20:00 h. Manifestación desde a Farola de Urzáiz