Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

Amosando publicacións coa etiqueta homofobia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homofobia. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de outubro de 2019

Entre NÓS, Grupo de acompañamento e crecemento para homes GBTI+



NÒS nace coa intención de facilitar, fomentar e conformar un grupo onde os chicos e homes GTBI+ atopen un lugar onde expresar as súas necesidades, intereses, dificultades… 
Onde poder compartir o noso proceso vital nun lugar de igualdade e respecto, coa comunidade como respaldo. Onde poder observar o que preciso na miña vida, neste momento, e que teño ao meu alcance para poder conseguilo. 

Onde poder descubrir á comunidade GTBI+ que nos acolle e decidir como quero/podo formar parte da mesma.

Este grupo xurde da proposta do que será o acompañante destas sesións, Iván Fernández, terapeuta Gestalt especializado no acompañamento de procesos personais e grupais de crecemento persoal a través da terapia Gestalt, como o grupo de exploración terapéutica acerca da e sobre a masculinidade, Lugar de Home. 

O grupo desenvolverase a través de sesións grupais, os luns ás 19.30h, comezando o 11 de novembro, con frecuencia quincenal na sede de Nós Mesmas, sendo ideal que os participantes manteñan un compromiso mínimo de participación que será comentado na primeira sesión pola cohesión grupal e para valorar resultados.

Para inscribirte podes chamar ao  661 536 263 ou mandar un correo a nosmesmas@felgtb.org

mércores, 8 de agosto de 2018

Servizo gratuíto de Atención Psicolóxica

 O Servizo de Atención Psicolóxica, permanece activo e durante os meses de agosto e setembro, é gratuíto e realizará atencións individuais e grupais, traballando a aceptación persoal e familiar, obradoiros de autoestima e empoderamento, superación das agresións e como facerlle fronte á discriminación.

A psicóloga estará dispoñible para as sesións, previa cita, os martes, mércores e xoves, para contactar pasate pola nosa sé na Porta do Sol, 11-Bis, entresollado (Vigo) ou contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no tlf 627736965 (tamén atendemos Whatsapp)

En setembro terán lugar os Obradoiros de autoestima e empoderamento, contarán con prazas limitadas e son tamén gratuítos, polo que se tes interese en participar podes pre-inscribirte no seguinte formulario:




Este servizo está Subvencionado: 





mércores, 10 de xuño de 2009

URXENTE: actúa en favor dos dereitos LGTB en Lituania

Mañan, 11 de Xuño, o Parlamento Lituano votará unha enmenda que, de aprobarse, supondrá a prohibición de debatila homosexualidade nas escolas e toda referencia a ela en calquera información pública que poidan ver menores.
A reforma proposta equipara a homosexualidade a situacións como a descripción de violencia física ou psicolóxica, a exhibición dun corpo humano morto ou cruelmente mutilado e a información que suscite terror ou fomento a automutilación ou o suicidio.
A modificación proposta é parte dun crecente clima de intimidación e discriminación el Lituania contra lesbianas, gays, bisexuais e persoas transxénero. No último ano, as autoridades munincipais emitiron declaracións despectivas. Se a lei é aprobada, reforzarase aínda máis se cabe a violencia contra as persoas a causa da súa oriencaión ou identidade de xénero, socabando na súa integridade e dignidade.
ACTÚA!!Pedimoste que enviedes cartas como as que figuran na seguinte descarga ás direccións que podes atopar no mesmo documento e que difundas esta información.

sábado, 6 de xuño de 2009

Radio Diversa, emisora gay sudamericana ameazada

Dende o pasado mes de abril, a emisora latina (Colombia) Radio Diversa, destinada o público LGTB, foi atacada de distintos xeitos: roubos, ameazas de bomba, intimidacións...conseguindo que abandoasen o seu exercicio de liberdade de expresión e tiveránse que esconder e realizalo seu traballo en condicións precarias e fora dos seus locais.

Reporteros sen fornteiras trata de reporlle o material sustraído, para que tan cedo coma sexa posible volte a acción.

Estás accións, realizadas por un grupo chamado "A organización", pretenden defender unha "cruzada moral", con violentos actos homófobos...dende a Asociación apoiamos a Radio Diversa e a Reporteiros sen Fronteiras. 


Podedes axudarlles mecando o albúm "100 FOTOS DE DON McCULLIN POR LA LIBERTAD DE PRENSA"

luns, 18 de maio de 2009

Día contra a homofobia, transfobia e bifobia!!

Manifesto do Día contra la Homofobia, Transfobia y Bifobia (17 de Maio):

Este día contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia impulsa o recoñecemento internacional da loita pola igualdade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que paso a paso vamos conseguindo.

Pero aínda que vemos hacia diante non nos podemos esquecer de todas e todos os que quedaron no camiño, víctimas de crimes homofóbicos como os nosos veciños Julio e Isaac, e de todos aqueles e aquelas que viven e sufren nas súas casas, nas aulas, no traballo…O odio e desprezo hacia a diversidade afectivo sexual.
E é importante lembrar que a nivel internacional a Homofobia, a Transfobia e a bifobia teñen forma de lei. Leis que condenan as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como ocorre actualmente en 80 países, e que incluso aplican a pena de muerte, como segue pasando en 8 nacións do mundo.

Destacar tamén a especial discriminación que sufren as mulleres lesbianas, esa dobre discriminación que as invisibiliza e victimiza unha vez máis por ser muller; así como destacar o pesadelo que viven no mundo as persoas transexuais que se enfrentan especialmente cada día á violencia, abuso, violación, tortura e crimes de odio en todo o mundo e que se atopan aínda máis desamparadas no ámbito legal e social.

Nunha sociedade como a nosta, que traballa pola igualdade e pretende rematar coa discriminación tránsfobica, homofóbica e bifóbica, a intervención no ámbito educativo é irrenunciábel, xa que a educación en valores, no respeto á diversidade é unha ferramenta básica para acabar co problema de raíz.

Porque é o descoñecemento, a ignorancia sobre a realidade LGTB, a que fomenta a maior parte das discriminacións. Consideramos fundamental a incorporación da diversidade afectivo-sexual e familiar na educación, asegurando un espazo de respeto e igualdade. Para extinguir dos centros educativos o acoso que sufren as e os menores e xóvenes e que quebranta a garantía do libre desarrollo da súa personalidade e do seu benestar.

É por isto que pedimos:

Á OMS, que deixe de considerar a transexualidade como transtorno mental, e promova o acceso á atención da saúde e o apoio psicolóxico axeitado, tal e como demandan.

Que os Organismos de Dereitos Humáns de Nacións Unidas examinen as violacións aos dereitos humáns que enfrentan ás persoas trans en todo o mundo, e que tomen medidas concretas para combatilas.

Que a educación na diversidade afectivo-sexual e familiar sexa unha realidade nas nosas aulas, contando co apoio e traballo dos centros e do profesorado.

Ás administracións públicas de Vigo, pedimos o seu apoio e o seu compromiso, na loita contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia; para promover e normalizar a visibilidade dos colectivos LGTB na cidade; e para establecer accións dirixidas especialmente a erradicar a homofobia entre a xuventude.

E a todas e todos vós, ás familias e amizades e coñecid@s de persoas gais, lesbianas, transexuais ou bisexuais, pedimos comprensión, empatía, apoio e, sobre todo, respeto.

Porque outro mundo é posibel, pero só é posibel con nós.