Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

sábado, 29 de mayo de 2010

Deseños camisetas, podedes ir votando:

Seguimos engadindo deseños novos!!!

Para votar o deseño que máis te guste, basta con que deixes un comentario nesta entrada ou o envies por correo o mail nosmesmas@felgtb.org se non contas cunha conta gmail para non deixar o comentario como anónimo, indicando no asunto "Voto deseño camiseta Orgullo 2010", e o pseudonimo do deseño que queres votar, mentras non actualizamos a entrada cun sistema de votos, cada voto quedara rexitrado igualmente.

DESEÑO 13: PSEUDÓNIMO UXA



DESEÑO 12: PSEUDÓNIMO LAURA A.


DESEÑO 11: PSEUDONIMO MANUELA


DESEÑO 10: PSEUDONIMO LIA




DESEÑO 9: PSEUDONIMO VIÑAS



DESEÑO 8: PSEUDÓNIMO AIDA






DESEÑO 7: PSEUDÓNIMO ANA PÉREZ


DESEÑO 6: PSEUDONIMO MINERVITA



DESEÑO 5: PSEUDONIMO MERY













DESEÑO 4: PSEUDONIMO ANDREA




DESEÑO 1: PSEUDONIMO CABEZITA LOCA







DESEÑO 2: PSEUDONIMO OGILVY







DESEÑO 3: PSEUDÓNIMO MARÍA
















martes, 25 de mayo de 2010

Concurso diseño camisetas e flyers Orgullo 2010 "Ano para TRANSformar"

Con motivo do Día do Orgullo de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais deste 2010, convocase o "Concurso de deseño de camisetas e folleto Orgullo LGTB 2010"
O lema central é "Un Ano para TRANSformar", neste ano destacamos a problemática na que viven as persoas transexuais nos diferentes ámbitos da súa vida, así como exisimos a despatoloxización da transexualidade dos manuales de psicoloxía e psiquiatria.
O deseño pode ser a modo de denuncia, de celebración, parodia...non ten por que estar relacionado totalmente coa temática deste ano, pero si có ideario da asociación.
A mensaxe debe estar en positivo e destacar a visibilidade lésbica.

Para cosultar os demáis requisitos, tempos e bases descarga aqui o documento.

SORTE!!!

lunes, 17 de mayo de 2010

II Semana contra a Transfobia, a Bifobia e a Homofobia

DO 18 O 21 DE MAIO



POLO DEREITO A IDENTIDADE E A LIBERTADE AFECTIVA E SEXUAL.
Martes 18___MESA INFORMATIVA ás 18h na farola de Urzaiz.
Outro 17 de Maio no que o Mundo non aprendeu a aceptar e respetar a diversidade sexual. Outro ano máis no que algo tan doado como que todas as persoas somos diferentes -con diversas formas de entender o amor, o sexo, as identidades…- lonxe de comprenderse como unha riqueza, segue habenco quén o percibe como unha amenaza....por iso este día segue sendo preciso que as nosas voces alcense alto e claro.
Mércores, Xóves e Vérnes___PELIS+COLOQUIO
Día 19_ "C.R.A.Z.Y." ás 18.30h no Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12)
Sinopse: relato dun neno, e logo dun adolescente, diferente que renegará da súa natureza máis profunda por non perder o amor do seu pai. Zachary cóntanos a súa historia de 1960 a 1980, rodeado dos seus irmáns, de Pink Floyd e dos Rolling Stones, entre as voltas en moto para impresionar ás rapazas, os porros fumados ás agachadas e un pai ao que intenta volver a atopar con desesperación.
Día 20_"¿Entendes?" ás 18.30 na Casa da Muller (Rúa Romil, 20)
Sinopse: Aínda que os catro amigos vivan a súa propia homosexualidade como algo moi importante e non o oculten na vida diaria, non responden igual en presenza dos seus pais. Ninguén mais que Josepha, a nai de Camille, está o corrente e co fin de axudar a pais e fillos a dialogar decide organizar unha fin de semana familiar moi especial.
Día 21_"Ma vie en rose" ás 18.30 no Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12)
Sinopse: : Ludovic é un neno que soña con converterse nunha rapaza. Unha historia que fala da identidade sexual dende o punto de vista da infancia onde todo é posible, sen ter en conta as barreiras impostas pola sociedade.