Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

Amosando publicacións coa etiqueta tolerancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tolerancia. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de outubro de 2019

Entre NÓS, Grupo de acompañamento e crecemento para homes GBTI+



NÒS nace coa intención de facilitar, fomentar e conformar un grupo onde os chicos e homes GTBI+ atopen un lugar onde expresar as súas necesidades, intereses, dificultades… 
Onde poder compartir o noso proceso vital nun lugar de igualdade e respecto, coa comunidade como respaldo. Onde poder observar o que preciso na miña vida, neste momento, e que teño ao meu alcance para poder conseguilo. 

Onde poder descubrir á comunidade GTBI+ que nos acolle e decidir como quero/podo formar parte da mesma.

Este grupo xurde da proposta do que será o acompañante destas sesións, Iván Fernández, terapeuta Gestalt especializado no acompañamento de procesos personais e grupais de crecemento persoal a través da terapia Gestalt, como o grupo de exploración terapéutica acerca da e sobre a masculinidade, Lugar de Home. 

O grupo desenvolverase a través de sesións grupais, os luns ás 19.30h, comezando o 11 de novembro, con frecuencia quincenal na sede de Nós Mesmas, sendo ideal que os participantes manteñan un compromiso mínimo de participación que será comentado na primeira sesión pola cohesión grupal e para valorar resultados.

Para inscribirte podes chamar ao  661 536 263 ou mandar un correo a nosmesmas@felgtb.org

luns, 18 de maio de 2009

Día contra a homofobia, transfobia e bifobia!!

Manifesto do Día contra la Homofobia, Transfobia y Bifobia (17 de Maio):

Este día contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia impulsa o recoñecemento internacional da loita pola igualdade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que paso a paso vamos conseguindo.

Pero aínda que vemos hacia diante non nos podemos esquecer de todas e todos os que quedaron no camiño, víctimas de crimes homofóbicos como os nosos veciños Julio e Isaac, e de todos aqueles e aquelas que viven e sufren nas súas casas, nas aulas, no traballo…O odio e desprezo hacia a diversidade afectivo sexual.
E é importante lembrar que a nivel internacional a Homofobia, a Transfobia e a bifobia teñen forma de lei. Leis que condenan as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como ocorre actualmente en 80 países, e que incluso aplican a pena de muerte, como segue pasando en 8 nacións do mundo.

Destacar tamén a especial discriminación que sufren as mulleres lesbianas, esa dobre discriminación que as invisibiliza e victimiza unha vez máis por ser muller; así como destacar o pesadelo que viven no mundo as persoas transexuais que se enfrentan especialmente cada día á violencia, abuso, violación, tortura e crimes de odio en todo o mundo e que se atopan aínda máis desamparadas no ámbito legal e social.

Nunha sociedade como a nosta, que traballa pola igualdade e pretende rematar coa discriminación tránsfobica, homofóbica e bifóbica, a intervención no ámbito educativo é irrenunciábel, xa que a educación en valores, no respeto á diversidade é unha ferramenta básica para acabar co problema de raíz.

Porque é o descoñecemento, a ignorancia sobre a realidade LGTB, a que fomenta a maior parte das discriminacións. Consideramos fundamental a incorporación da diversidade afectivo-sexual e familiar na educación, asegurando un espazo de respeto e igualdade. Para extinguir dos centros educativos o acoso que sufren as e os menores e xóvenes e que quebranta a garantía do libre desarrollo da súa personalidade e do seu benestar.

É por isto que pedimos:

Á OMS, que deixe de considerar a transexualidade como transtorno mental, e promova o acceso á atención da saúde e o apoio psicolóxico axeitado, tal e como demandan.

Que os Organismos de Dereitos Humáns de Nacións Unidas examinen as violacións aos dereitos humáns que enfrentan ás persoas trans en todo o mundo, e que tomen medidas concretas para combatilas.

Que a educación na diversidade afectivo-sexual e familiar sexa unha realidade nas nosas aulas, contando co apoio e traballo dos centros e do profesorado.

Ás administracións públicas de Vigo, pedimos o seu apoio e o seu compromiso, na loita contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia; para promover e normalizar a visibilidade dos colectivos LGTB na cidade; e para establecer accións dirixidas especialmente a erradicar a homofobia entre a xuventude.

E a todas e todos vós, ás familias e amizades e coñecid@s de persoas gais, lesbianas, transexuais ou bisexuais, pedimos comprensión, empatía, apoio e, sobre todo, respeto.

Porque outro mundo é posibel, pero só é posibel con nós.

martes, 14 de abril de 2009

Presentación do novo Blog!!

Ola a todas!!!
Como vedes xa temos blog, por agora o máis parecido a unha web, nesta queremos manternos o día dás noticias do colectivo LGTB así como doutros temas de interesé e dás cousiñas que vaiamos facendo na Asociación.

Gustaríanos que este fose un espacio dinámico, onde os vosos cometarios cónten, e con eles nos axudedes a mellorar e a facer deste blogger un sitio un pouco de todas!

Así que esta é a benvida, para quén non nos coñeza, presentonos:
Somos unha asociación de recente creación, que xurdiu como a necesidade de facer valer os nosos dereitos que son ignorados e ata vetados polo feito de ter unha orientación sexual ou do desexo diferente do da maioría, ser mulleres lesbianas e bisexuais.

Temos unha meta moi pero que moi ambiciosa, conseguir a nosa igualdade real, acadar o respeto e a tolerancia nunha sociedade discriminadora, e para conseguilo creemos que o único xeito e unirnos, e erguernos denunciando inxustizas e exisindo o que nos corresponde.

Un saúdo, "Queda moito por facer para chegar a ser NóS MÉSMAS"