Convidámoste a participar no próximo obradoiro para despedir o verán!
Como cada ano, dende o servizo de atención psicolóxica de Nós Mesmas, organizamos un espazo para o encontro e o crecemento persoal. Desta volta trátase dun convite para pensar o sexo, reflexionar e compartir. Queremos con esta proposta achegar nocións e ideas dende unha educación sexual con sexoloxía que podan ser de utilidade para entendernos, vivir e convivir o máis agusto posible.
Un convite a explorar dende outras miradas o sexo, e isto vai de: identidades, desexos, relacións, proxectos de vida e de convivencia...
Un espazo para encontrarnos e entendernos, mover o corpo e animar as ideas.
Será os xoves días 9, 16, 23 e 30 de setembro, das 17.30 ás 20hs. O lugar está pendente de confirmar, será polo centro de Vigo.
Lembra que hai límite de prazas polo que se tes interese e curiosidade chámanos ou escríbenos para preguntar e inscribirte.
Tlf contacto 722286300
Correo nosmesmas@felgtb.org