Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

domingo, 26 de octubre de 2025

Inauguración exposición Rostros e Corpos B

 

Inauguración da exposición Rostros e Corpos B: unha celebración da diversidade e das identidades visíbeis

Onte vivimos un deses momentos que nos lembran por que existe Nós Mesmas: para crear espazos onde a diversidade afectivo-sexual e de xénero non só se respecte, senón que se celebre. A inauguración da exposición “Rostros e Corpos B” encheu a sala de cores, emocións e moitas ganas de compartir experiencias arredor da bisexualidade e das identidades plurisexuais.

Esta mostra nace coa intención de ruptura e reivindicación. A través dunha serie de fotografías a través da camara de Moni  Kuti e a ollada da curadora Paola O. Velasquez e testemuños persoais, “Rostros e Corpos Bi” pon o foco en vidas reais: corpos que habitan fronteiras, rostros que rompen silencios e miradas que reclaman ser recoñecidas máis alá de estereotipos.

Durante o acto de apertura tivemos a ocasión de entrevistar a varias das persoas participantes, que falaron da importancia de construír referentes visíbeis dentro da comunidade bisexual pero tamén da importancia, a nivel persoal que tiña participar nun acto tan visible como este. Tamén abordaronse temas como a bifobia, a hipervisibilización e invisibilización simultáneas, e a necesidade de crear espazos seguros onde todas as identidades poidan sentirse acompañadas.

Como "guinda" para o acto, disfrutamos da marabillosa actuación de Sara Casas en directo, que nos fixo bailar, cantar e emocionarnos.

A exposición estará dispoñible durante as próximas semanas, e desde Nós Mesmas queremos convidar a toda a comunidade a achegarse, gozar da arte e, sobre todo, reflexionar sobre a pluralidade das nosas vivencias.

Esta exposición será itinerante, queremos rachar a bifobia a golpe de visibilidade, polo que se tes interese en que se expoña no teu local/centro social ou centro educativo, contáctanos!

Porque somos moitas, somos diversas e estamos aquí.
“Rostros e Corpos B” é un recordatorio de que cada identidade merece ser vista.


Esta exposición foi posible pola financiación recibida a través do Convenio con Colectivos LGTBI e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.