Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

xoves, 16 de maio de 2019

II Noite Drag, queres participar?


O sábado, 15 de xuño desde as 12 da noite no Mogambo, terá lugar a 

II NOITE DRAG

Despois do éxito da pasada edición, afianzamos as perrucas, tacóns, bigotes postizos e maquillaxe para repetir unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!!

Seleccionamos a un máximo de 8 participantes dragqueen e dragkings que queiran amosar a súa arte enriba do escenario do Mogambo cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público asistente!

Os únicos requisitos son, ser maior de idade, que a actuación non reproduza condutas machistas, sexistas ou lgtbfóbicas e que  a actuación teña unha duración máxima de 5 minutos. 

Se queres ser a Drag do Orgullo LGTBI+ Vigo 2019, non tardes en inscribirte, tes de prazo ata o 5 de xuño!!

Inscríbete no seguinte formulario.

Primeiro premio_ King ou Queen do Orgullo LGTBI+ 2019, ademais da posibilidade de actuar o 29 de xuño, despois da manifestación do Orgullo, na Praza da Pedra ante miles de persoas, recibirás un lote de produtos valorado en 150€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.

Segundo premio_King ou Queen Fantasía 2019, recibirás un lote de produtos marabillosos por valor de 80€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.

Ademais....agasallos para todas as e os Drag participantes!


martes, 23 de abril de 2019

26 abril, Día da Visibilidade Lésbica

Aquí vos deixamos os actos que temos preparados para este vindeiro venres 26 de abril!


Bicada no BolloBus, ás 19h saída dende A Laxe 👩‍❤️‍💋‍👩👩‍❤️‍💋‍👩👩‍❤️‍💋‍👩
Lesbicas e desportistas, mesa de experiencias con:
Cristy Shedimar Tojo Velasco, Campiona Europea de Parakátate, 
Romina Davila, xogadora de balonman, 
Lucia Nespereira, xogadora de fútbol sala 
Carmen Mariño, capitana do equipo de rugby feminino. 🥋🏐⚽️🏈
Ás 20.30h na "LA GALERIAjazz"

BolloCea 👩‍❤️‍💋‍👩🍮🍮🍻🍷🍤🍻🍻🍻ás 22h na sede de Nós Mesmas
(incríbete para poder asistir no correo nosmesmas@felgtb.org)

Resumo atencións 2018

Despois dun ano máis de traballo aquí vos deixamos unha pequena infografía que recolle parte das nosas accións desenvolvidas no 2018. Esta información reflicte as atención realizadas na nosa sede, así como a través do correo electrónico ou da liña de teléfono, sendo atendidas na súa maior parte polo equipo de voluntarias de Nós Mesmas.

Se queres ver a Memoria de actividades de 2018 completa clica aquí

Todas estas accións deseñanse, organizanse e levanse a cabo grazas a todas as persoas voluntarias que fan posible Nós Mesmas. Organizanse nas asambleas e xestionanse en diferentes grupos de traballo, se queres coñecer máis sobre como traballamos, se te gustaría participar e por da túa parte, contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no tlf 627736965 e informámoste!!


martes, 22 de xaneiro de 2019

Curso de preparación de probas de Competencias Clave

O próximo mes de febreiro, comezamos cun curso gratuíto de preparación das probas de competencias clave nivel 2 en Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Estranxeira (Inglés) orientado a aquelas persoas que desexen acceder a formación conducente aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e non contan co título da ESO ou equivalente.

A formación é gratuíta e desenvolverase en grupos de máximo 10 persoas.

Duración: 70h
Inicio: Febreiro
Horario: martes e xoves de 10h a 12.30h
Lugar de impartición: Asociación Nós Mesmas, Praza Porta do Sol, 11-Bis, entresollado 3, Vigo.

PRAZAS LIMITADAS

Se desexas máis información ou inscribirte, contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no teléfono 627736965




venres, 9 de novembro de 2018

Charla de reproducción asistida e dereitos na maternidade homoparental

O próximo 20 de novembro a nosa compañeira Soledad Torres compartirá experiencias e testimonios reais en torno a Reproducción asistida e a maternidade homoparental nestas xornadas que organiza o Hospital de Fátima.

Dúbidas tan comúns como como iniciar o proceso, quen me ten que derivar, que técnica é a que mellor se axusta a miña situación ou como é o proceso de filiación, DEBEMOS ESTAR CASADAS?? terán resposta nestas charlas

Pero ademais, son outra ocasión para reivindicar a falta de formación e información sobre Reproducción Asistida para parellas de mulleres que ten moito persoal médico, en especial na mediciña de familia, primeiro paso na derivación así como facer patente a necesidade de que se aprobe a Lei estatal de igualdade LGTBI e as parellas de mulleres deixemos de ter a obriga de contraer matrimonio para filiar a unx fillx.

Inscríbete en jornadasfatima@vithas.es ou no teléfono 986 901 975

DÍA 20 novembro ás 19h
LUGAR Pranta Baixa do Hospital de Fátima, vía Norte, 48

mércores, 7 de novembro de 2018

II Xornadas Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas


A Asociación Nós Mesmas leva 10 anos introducindo a diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas, impartindo charlas e obradoiros a alumnado de todos os niveis educativos e facilitando ferramentas e recursos pedagóxicos ao profesorado para traballar o respecto pola diversidade no día a día dos centros educativos.

Estas actuacións no eido da educación, se complementan coa II edición destas Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas que brinda coñecementos e comparte experiencias prácticas para levar a cabo o mandato legal de introducir o recoñecemento da diversidade afectivo-sexual e de xénero como un dos obxectivos do sistema educativo, polo que está destinada ás e aos actuais e futuros profesionais da educación, así como a psicólogos, pedagogos, educadores sociais...e aquelas persoas motivadas a adquirir formación na educación en valores, en introducir a diversidade afectivo-sexual na súa labor con menores e na prevención da discriminación por razón de orientación sexual e/ou identidade de xénero.

Día: Sábado, 1 de decembro, 2018

PROGRAMACIÓN:

9.15h Apertura acreditacións*

10h Apertura xornadas

10.15-11h Ponencia Achegamento á Diversidade afectiva-sexual e de xénero 
                 Elisabet Pérez Costas
                 Raquel Cordeiro Ferreira

11-12.15h Ponencia Educar na diversidade para a igualdade. Proxecto “Diversigualdad”
                 María Jesús Guedes

12.15-12.45h Pausa café

12.45-14h Ponencia Transitando cara a diversidade co alumnado trans 
                 Diana Rey

16-17.15h Ponencia Ciberbullying LGTBfóbico. Acoso nas redes, relacións sociais 2.0 e como afrontalas en contextos educativos.
                 Jose Vela


17.15-17.45h Pausa café

17.45-19.30h Mesa experiencias en centros educativos.
      CEIP Plurilingüe Tirán, Marcos Barreira
      IES Politécnico de Vigo, Ana Ojea e alumnado Grupo Apoio LGTB
      IES Castro Alobre, Paloma García e alumnado Grupo Apoio LGTB

19.30-20h Conclusións e clausura.

*Recoméndase acudir con tempo de antelación para acreditarse antes do inicio das ponencias xa que é un proceso lento pero fundamental para poder recibir o recoñecemento de puntos ou a certificación de asistencia.

INSCRICIÓNS: 

Existen dúas modalidades de inscripción:
1-PROFESORADO EN ACTIVO EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA 
100 prazas 
Inscripción a través do seguinte enlace Inscrición CFR
Referencia do curso V1802031
Instrucións de inscrición 

2- RESTO DE PERSOAS INTERESADAS (profesionais da educación, educadores sociais, estudantes, familias, etc)

60 prazas  Ampliamos a 100 prazas pola alta demanda!
Inscrición a través do seguinte enlace Inscrición aberta


As prazas otorgaránse por orde de inscrición ata o día 20/11/2018


Coñece o noso blog de educación e descarga recursos para traballar na aula:



Organiza:


 Subvenciona:

Colabora:
         


domingo, 4 de novembro de 2018

Servizo de Orientación a mocidade LGTBI


Se tes menos de 30 anos este espazo é para ti!

Pásate ou contáctanos con calquera dúbida ou inquedanza, se queres coñecer máis xente nova LGTB ou saber que actividades hai nas que podes participar.

Temos info sobre ITS e prevención, sobre acoso escolar, sobre o proceso de tránsito, sobre como saír do armario coa familia...todo aquelo que poida ser do teu interese.

Podes contactarnos por correo a nosmesmasjoven@felgtb.org ou nos tlf 627 736 965 (Whatsapp) ou 722 286 300
 
Atópanos nas RRSS!! 
FB: @asonosmesmas
Insta: @asociacion_nosmesmas
 
E estamos na sede de Nós Mesmas (Porta do Sol, 11-bis, 3º) no seguinte horario:

Luns: 15-19h
Martes: 15-19h
Mércores: 15-19h
Xoves: 10-14h 17-19.00h
Vénres: 10-14h

Se non no atopas nalgún momento, seguro estamos dando algunha charla, envíanos un whatsapp/correo e te respostaremos rapidamente.