Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

luns, 28 de outubro de 2019

Entre NÓS, Grupo de acompañamento e crecemento para homes GBTI+



NÒS nace coa intención de facilitar, fomentar e conformar un grupo onde os chicos e homes GTBI+ atopen un lugar onde expresar as súas necesidades, intereses, dificultades… 
Onde poder compartir o noso proceso vital nun lugar de igualdade e respecto, coa comunidade como respaldo. Onde poder observar o que preciso na miña vida, neste momento, e que teño ao meu alcance para poder conseguilo. 

Onde poder descubrir á comunidade GTBI+ que nos acolle e decidir como quero/podo formar parte da mesma.

Este grupo xurde da proposta do que será o acompañante destas sesións, Iván Fernández, terapeuta Gestalt especializado no acompañamento de procesos personais e grupais de crecemento persoal a través da terapia Gestalt, como o grupo de exploración terapéutica acerca da e sobre a masculinidade, Lugar de Home. 

O grupo desenvolverase a través de sesións grupais, os luns ás 19.30h, comezando o 11 de novembro, con frecuencia quincenal na sede de Nós Mesmas, sendo ideal que os participantes manteñan un compromiso mínimo de participación que será comentado na primeira sesión pola cohesión grupal e para valorar resultados.

Para inscribirte podes chamar ao  661 536 263 ou mandar un correo a nosmesmas@felgtb.org

venres, 18 de outubro de 2019

III Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo Sexual e de Xénero nas aulas, 30 novembro 2019



A educación é un pilar fundamental para o avance social. 
Para construír unha sociedade na que todas, todos e todes teñamos cabida.

Presentamos a III edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.

Nestas xornadas se abordan contidos e se comparten experiencias que se están a desenvolver nos centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa, a futuros profesionais da educación, así como a psicólogos, pedagogos...e aquelas persoas motivadas a adquirir formación para introducir a diversidade afectivo, sexual e de xénero na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia.


Día: Sábado, 30 de novembro, 2019
Lugar: IES Audiovisual de VigoRúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, Pontevedra

PROGRAMACIÓN:

10.00-11.00h Coñecer a DASeX para unha educación inclusiva con José Ignacio Pichardo, Universidade Complutense de Madrid.
11.00-12.00h Prevención do acoso por diversidade afectiva- sexual e de xénero en secundaria. A experiencia de Xàbia Diversa con Carmen Ivárs, Universidade de Sevilla e formadora en Xàbia diversa.

12.00-12.30h Pausa café

12.30-14.00h Traballar a diversidade nas aulas de primaria. Proxecto Plurileand con María Jesús Guedes, Coordinadora del Programa de Igualdad y Educación Afectivo Sexual. Dirección General de Ordenación, Innovación y Calidad. Consejería de Educación del Gobierno de Canarias.

16.00-17.15h Como incluír a DASeX nos plans de igualdade nos CEIP e IES. con Marcos Barreira, CEIP Plurilingüe de Tirán e Paloma García, IES Castro Alobre.
17.15-18.10h A importancia de crear referentes: profesorado LGTBI visible con Javier Cantos, Universidade Jaume I e investigador social.

18.10-18.30h Pausa café

18.30-20.00h Boas prácticas para centros escolares: Rede Escolas Seguras e Rede Educativa de Apoio LGBTQI con Juan Francisco Fernández,director proxectos educativos Lambda e Ana Ojea e Denis Vicente, Rede Educativa de Apoio LGTBQI.


INSCRICIÓNS: 

Dúas modalidades de inscripción:

1-PROFESORADO EN ACTIVO EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA 
120 prazas 
Inscripción a través do Fprofe,  Inscrición CFR
Referencia do curso V1902027
Instrucións de inscrición 

2- RESTO DE PERSOAS INTERESADAS 

60 prazas  
Inscrición aberta


As prazas otorgaránse por orde de inscrición ata o día 15/11/2019, enviarase un correo para informar da praza asignada e disporá de 3 días hábiles para CONFIRMAR A ASISTENCIA, no caso de non confirmar, a praza pasará as persoas el lista de espera.


Coñece o noso blog de educación e descarga recursos para traballar na aula:



Organiza:


 Subvenciona:


         


luns, 2 de setembro de 2019

Neste setembro seguimos coas merendas!

Se che presta pasarte por algunha das merendas do grupo de apoio contacta!
Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.


venres, 23 de agosto de 2019

Punto Arco da Vella, nas festas #RespectoADiversidade!


As festas son espazos nos que todas as persoas imos a disfrutar, pasar un bo rato, coñecer xente, vivir novas experiencias...en moitas ocasións estas non son un espazo seguro. 
Desde o propio movemento feminista naceron fai anos os grupos de autodefensa e os puntos lilás, recollemos o seu bo facer para facer fronte a unha lacra, a LGTBIfobia, que ten a súa raíz, igualmente, no machismo.

O Punto Arco da Vella está atendido por profesionais formados en xénero, diversidade afectivo-sexual e igualdade, persoas do colectivo que se visibilizan e empoderan para:

- Concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario cara a discriminación por LGTBIfobia.

- Informar, asesorar e repartir material de prevención ante o VIH e outras infeccións de transmisión buco xenital.

-Previr posibles agresións e situacións de discriminación.

- Garantir o normal desenvolvemento das festas e das persoas que estan na mesma.

- Dar atención, apoio e asesoramento ás posibles vítimas de acoso, agresións ou discriminacións de carácter LGTBIfóbico.

- Asesorar en materia de diversidade ás empresas ou organismos organizadores do evento.





mércores, 21 de agosto de 2019

Próxima merenda do grupo de apoio mútuo de persoas trans*

Martes día 27 de agosto ás 18.30hs no local da asociación, pásate!


martes, 13 de agosto de 2019

Próxima merenda: martes día 20 de agosto ás 18.30hs

Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.


Obradoiro "Autocoñecemento é poder"

O obradoiro “Autocoñecemento é poder” consiste nun espazo onde explorar os coidados cara unha mesma e cara as demais, os conflitos e os medos que estes xeran, así como para indagar sobre as estratexias persoais e colectivas coas que acompañarnos.
Farémolo a través de dinámicas grupais con apoio na palabra, no corpo, nos sentidos e no movemento como vías expresivas para o intercambio de sentires e de ideas.
Esta proposta pensa o autocoñecemento ligado ao apoderamento, entendido como un proceso de toma de conciencia individual e colectivo, no que darnos conta dos nosos dereitos, fortalezas e intereses e xunto con outras persoas transformar a sociedade. Poder para medrar na nosa comprensión sobre os diversos xeitos particulares de ser e de estar no mundo.
Esta proposta xorde da idea de que parar a observar e observarse amplifica a nosa mirada sobre nós e sobre as outras persoas, axuda a ver a diversidade que habita en todas nós, a diversidade de corpos, de xeitos de expresión, de gustos, de sentires...
Trátase de facilitar un tempo e un lugar no que “parar” para escoitarse e escoitar outras voces, un convite para re-coñecernos nas semellanzas e nas diferenzas.
Aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas, curiosidade e gañas de mergullarse nalgúns aspectos do autocoñecemento e dos coidados persoais e colectivos.
Unha semente para unha mellor convivencia e un mellor vivir.

O obradoiro comeza o martes día 3 de setembro ás 17hs no Centro cívico do Casco Vello de Vigo.
Será todos os martes do mes de setembro, días 3, 10, 17 e 24 en horario das 17 ás 20hs.
Para inscricións e máis información:nosmesmas@felgtb.org Teléfono: 722 286 300
Ou cubrindo directamente o formulario de inscrición AQUÍ


Organiza: asociación Nós Mesmas. Colabora: Concellería de Participación Cidadá.
Facilita: Beatriz P.F. LaranXeira