Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

xoves, 28 de setembro de 2023

Volta ao cole 2023-2024!!

 Voltamos ao cole e ao insti coa mochila cargada de ilusión!


Queremos que esta experiencia sexa sempre positiva para todo o alumnado, por isto, volcámonos en ofertar aos centros educativos diferentes propostas formativas para incluír nas súas aulas a diversidade afectiva-sexual e de xénero. 

Porque todas, todes e todos somos diversos, a diversidade é cousa de todas! 

Clica no enlace para coñecer as nosas propostas para este primeiro trimestro do curso 23-24 e se tes calquera dúbida, contáctanos! nosmesmas@felgtb.org


PROGRAMACIÓN PARA INFANTIL E PRIMARIA

PROGRAMACIÓN PARA SECUNDARIA (ESO, BACH E FP)




Este programa está subvencionado pola:



venres, 22 de setembro de 2023

Encontros de debate, Mocidade LGTBI+ presente!

 O vindeiro venres 29 de setembro, ás 19h terá lugar o primeiro encontro de debate do noso programa Mocidade LGTBI+, presente!


Que é isto dun encontro de debate? aínda que o nome soe rimbombante non é nada máis que xerar un espazo de e para a mocidade onde poder falar, compartir inquedanzas, experiencias e a nosa visión sobre temas que nos afectan e competen.

Asi que o primeiro encontro tratará sobre o "Acoso lesbófobo e bífobo nas rúas", esperámosvos para crear sinerxias e compartir a nosa visión sobre a inseguridade que lesbianas e bisexuais sentimos no noso día a día.

E recorda!! Despois do encontro, podes seguir a xornada cunha "Noite de Lecer Alternativo", nesta ocasión desde ás 21h ata que queramos, teremos ocasión de divertirnos con xogos de mesa, comezando polo noso famoso Cranium TransMaricaBiBollero!! 




Esta actividade está financiada coa subvención da:



luns, 4 de setembro de 2023

Mocidade LGTBI+ presente!!!

 

Temos preparadas moitas cousiñas!!!

Se tes entre 16 e 30 anos, temos un espazo exclusivo para ti!

Información e asesoramento sobre os temas que te causen dúbidas ou para os que precises apoio! 
Podes contactarnos por mail, redes sociais ou no noso local, pide cita!

Encontros de debate e obradoiros onde poder falar do que te interesa e atopar outras persoas mozas con vivencias similares ás túas.

E noites de lecer alternativo, un espazo seguro onde pasalo ben, coñecer xente e disfrutar!!

Contáctanos e estate moi atente ás nosas redes, irémos publicando todas as actividades!




Este é un programa que conta coa subvención da: 





luns, 21 de agosto de 2023

O valor do voluntariado


O voluntariado é o noso maior valor, sen dúbida, motor da nosa acción reivindicativa!

Estamos traballando para fomentar a participación social na nosa entidade e tamén para dar visibilidade á gran labor social que implica o voluntariado. 

Para isto, nos próximos meses, faremos diferentes encontros, queremos coñecer que pensas do voluntariado e da participación social, que necesidades detectas e en que causas te implicarías.

Ademais, contaremos cun espazo formativo e de convivencia para que as persoas que xa sexan ou queran ser voluntarias en Nós Mesmas tezan lazos, coñezan a entidade e se formen. 

Se queres recibir a información sobre estos próximos eventos, escríbenos un correo a nosmesmas@felgtbi.org e manterémoste informade!



Este proxecto conta coa subvención da Consellería de Política Social e Xuventude.

 

martes, 1 de agosto de 2023

NOVO PODCAST! Construíndo Cara ao Queer

 

Este mércores 2 de agosto ás 19h inauguramos o podcast "Construíndo cara o queer" presentado por Andrea e Grey🎙🎙🎧

Acudide como público a gravación que terá lugar na sede de Nós mesmas (Torrecedeira 19, Vigo)!! Estades todes convidades! 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️😎😎

Se tedes algunha pregunta sobre o tema deste primeiro episodio, Múltiple discriminación: muller, LBT e racializadas no que entrevistaremos a nosa compañeira solicitante de asilo, Juliet, e queredes que contestemos ou preguntemos á invitada podedes deixala en comentarios

Este é un programa de Iniciativa Xove subvencionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia










Coa colaboración da: 

luns, 19 de xuño de 2023

Proxección Curtas La Pecca

 


A cultura é parte esencial das nosas vidas, crea referentes e é un reflexo da realidade. 
Por iso é fundamental apoiar e visibilizar as mostras culturais que fomentan a inclusión da diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar tamén polo Orgullo! 

En colaboración coa Asociación LGTB DeFrente de Sevilla, co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, Marco e subvencioandas pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, realizamos a proxección das curtas finalistas e gañadoras do "Pequeño Certamen de Cine de Ambiente La Pecca" o vindeiro martes 20 de xuño ás 19.30h no salón de actos do MARCO  (confirmamos a existencia dun erro no programa completo do Orgullo Crítico LGTBI onde esta actividade consta o día 21 de xuño, non ter enconta esa data)

La Pecca naceu como proxecto sociocultural no ano 2007, chegando a ser, na actualidade, un dos certames de curtametraxes máis importantes a nivel internacional na súa categoría, por varias razóns, entre as que destacan a súa lonxevidade, a calidade das curtas e a cantidade de obras concursantes anualmente, así como polos premios repartidos.

Na proxección disfrutaremos de 4 das curtas participantes, entre elas a Pecca de Plata, que abordan temáticas moi variadas nas que as súas protagonistas son persoas LGTBI, historias reais, ficticias, humorísticas...que consiguen o obxectivo perseguido polo certame, visibilizar e naturalizar a realidade LGTBI nun ámbito con tanta importancia social como é o cinema.

Presentará o acto, Elisabet Pérez, compañera de Nós Mesmas e xurado desta edición de La Pecca 2023.

Esperámosvos!



mércores, 31 de maio de 2023

Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2023

 Estamos emocionadas por compartirvos a programación do Orgullo Crítico LGTBI+ que terá lugar en Vigo!!!


Preparen as axendas xa que ven repleto de actos culturais, reivindicativos e de lecer! 

Esta programación recolle as accións organizadas tanto por Nós Mesmas como por Avante LGBT Vigo e as organizadas por A Panadaría, ademais de contar con outras entidades colaboradoras como o Comité LGTBIQA+ de Provivenda, Facendo Camiño...

Esperámosvos!!!






As actividades organizadas por Nós Mesmas están subvencionadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo: