Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

mércores, 19 de outubro de 2016

Actividades para Outubro e Novembro


OUTUBRO:

18_19h Mesa Redonda Sufrindo ás presións do patriarcado, organiza CIG, no seu local, falan: Eli Pérez (Nós Mesmas), Laura bugalho e Mai insúa (Lésbicas Creando)

21_20:30h Cineforum DiversXs: Las aventuras de Priscila Reina del Desierto, proxección e debate na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) Con motovo do día da Despatoloxización Trans


22_17:30 a 19h Actos de rúa polo día da Despatoloxización Trans: mesa informativa, acto de rúa e lectura manifesto, na rúa do Principe (aínda por concretar punto exacto) 


22_ todo o día: Estaremos na Asamblea Constituínte da Plataforma Feminista Galega en Compostela

23_12h Manifestación por unha Lei de Identidade de Xénero Xa!! organizada por os colectivos galegos: Transforma, Nós Mesmas, Alas, Ultreia, Arelas e Casco, na Coruña

24_Charla Diversidade Afectivo Sexual, IES Politécnico, 1º ESO

25_20:30h Presentación do libro STOPGorgofobía pola súa autora Magda Piñeyro no Café de Catro a Catro, organizado por Nós Mesmas e pola Cordinadora de Vigo da plataforma Feminista.


26_ Charla Diversidade Afectivo Sexual, IES Politécnico, 2º ESO

29_Estaremos nas Xornadas Feministas que organiza o CS O Fresco en Ponteareas, cunha charla na que falarán: Eli Pérez e Raquel Cordeiro

31_22h Cea Samain para recadar fondos para o mantemento do local, apuntate por correo nosmesmas@flegtb.org


NOVEMBRO: (polo de agora)

2_ Charla Diversidade Afectivo Sexual, IES Politécnico, 2º ESO

3_ Charla Diversidade Afectivo Sexual, IES Politécnico, 1º ESO

5_12h Presentación anuario Pikara Magazine, lugar aínda por concretar.


17_19:30h Presentación do Fanzine Galiza Nación Cuir, do Centro Social A Galleira, no noso local


26_Estaremos na FESTIVALA Mulleres Creando en VIlagarcía, co obradoiro "Destruíndo o amor romántico" e unha mesa de merchandaisng.

mércores, 8 de xuño de 2016

Semana Cultural Orgullo LGTBI Vigo 2016

Como non podía ser doutra maneira, este ano a Dinoseto enarbola a nosa bandeira para anunciar a chegada da SEMANA CULTURAL DO ORGULLO LGTBI+ VIGO 2016!!

Este ano presentamosvos un programa que sacamos con moito traballo, horas de esforzo e adicación e pouco apoio (ou nada) por parte do Concello da nosa cidade, a lo menos que saibamos a data de hoxe.

Pero contamos con moita xente, moitisima, que si quere ver Vigo das cores do arco da vella! neste 2016 máis que nunca podemos dicir que este, será un ORGULLO de TODXS, porque sen o apoio dxs comerciantes, dxs artistas que veñen a actuar DE BALDE e de todxs xs que contribuides no Crowfounding, non poderíamos ter semellante programación!! Dende Nós Mesmas non nos cansaremos de agradecelo!! 
E, agora sí, a programación:

Martes 21_20h_MARCO, Vigo
Visita guiada "Borrador para unha exposición sen título" CABELLO/CARCELER

Mércores 22_20h_Colexio de Arquitectos, R/ Doutor Cadaval, Vigo
Mesa redonda "A LGTBfobia na educación despois dos avances legais"
Inaugura Carmela Silva, Presidenta Deputación de Pontevedra.
Modera: Beatriz Súarez Briones
Ponentes:
Charo Alises: Avogada, presidenta da Comisión de Derechos Humanos do Colexio de Avogados de Málaga e presidenta da Asociación LGTB Ojalá de Málaga.
Conchi Unanúe Cuesta: socióloga, redactora de MAGLES (revista para mulleres lesbianas). Profesora de Dereitos Humanos en UNILEON. Profesora dos Graos de Socioloxía e Traballo Social na UNED.
Mercedes Oliveira: Profesora de secundaria no Alexándre Bóveda en Vigo, catedrática de filosofía e exporta en educación emocional.
José Vela: sociólogo e educador. Experto en estudos de xénero, teoría feminista e masculinidades.

Vénres 24_17h_saída de Laxe (parada de taxis)
Ruta Senda de Barragán (Pazós de Borbén) 

Sábado 25_Praza da Pedra, todo o día!
12h Feira de asociacións e actividades infantís
Refuxiados Galicia recollerá alimentos e portabebés.
12.30h Concerto Tardis Band  
14h Sesión vermú con DJs Petard Pop
18h Concerto Cool Funeral

19.30H MANIFESTACIÓN ORGULLO (saída dende a Praza da Pedra)

21h Performance Martinita y sus maromas.
22h Las Supremas
23.30-03.00h DJ Edi

Luns 27_19.30h_Casa das mulleres, R/Romil, 20, Vigo
Encontro colectivos "Tecendo redes: os dereitos LGTBI dende a base"

Martes 28_Praza do Abanico
FESTA FIN DE ORGULLO
21h_Sesión Dj Petard Pop
22.30h_Proxección curtas Festival La Pecca

Ademáis....
Exposición filmo e bibliográfica nas Bibliotecas Pondal e Neira Vilas.
Exposción fotográfica "Abrindo portas a diversidade" de Xavier Piñeiro na lonxa do Concello (aínda sen concretar por parte do Concello)

PARTICIPA NOS SORTEOS DE DUAS CEAS DOADAS POR LA SABROSA E OUTRA CEA DOADA POLA COVA DOS RATOS (PARA DÚAS PERSOAS), CDS DIVERSOS DOADOS POR FRENOPÁTICO, BANDEIRAS DO ORGULLO DOADAS POR BABIECA, PRODUCTOS DO SEX SHOP DOADOS POR PICANTE. Todo colaboración de diferentes locais da cidade!!

                             





domingo, 29 de maio de 2016

Recadación fondos para o Orgullo LGTBI Vigo

Un ano máis esperamos construir Orgullo entre todas!!

Recadamos fondos en Generosity de Indiegogo para facelo posible, colabora e difunde! este ano imos máis lentas que nunca coa publicación do Orgullo, xa que estanos costando suor e lágrimas conseguir a financiación coa que poder levalo adiante, por iso, cada € conta e recibimos donacións dende 1€ e todo o recadado vai destinado a financiar estas actividades.

No video poderás ver a data da manifestación e seguro atopaste nalgunha foto! 
Ademáis na descripción atoparedes datos sobre as accións que teremos do 20 ao 30 de xuño.

Entra aquí para ver o Crowfounding do Orgullo:

Video Orgullo 2016:



E DIFUNDE!!!

xoves, 21 de abril de 2016

Accións mes de Abril: peli, coloquio e Día da visibilidade lésbica

Vénres 22 de Abril, dúas opcións en Vigo ou en Ourense, 
con cal te quedas?




Próximo sábado 30 de Abril....Xornada polo Día da Visibilidade Lésbica (toda info despois do cartaz)



17.30h Comezaremos cun obradoiro de empoderamento e visibilidade, para quentar motores.

Facilitado por Mar Cendon, especialista en xénero e feminismos.
O obxectivo é traballar as ferramentas coas que contamos todas para a autoaceptación, a saída do armario (ou a re-re-re-saída en diversos entornos) e como defendernos e protexernos en situacións que sentimos como agresivas.

20h Proxección documental e coloquio

Este ano, queremos achegar diferentes visións sobre un mismo tema: a Situación actual das mulleres lesbicas. Estas visións verán da man das máis novas que pisan forte, que creceron nun estado con moitos dereitos acadados e loitas percorridas e daquelas que vironse na obriga de percorrer eses camiños empurradas polas que veñen, de aínda máis lonxe e tiveron que ganar batallas miudas pero que romperon muros inmensos.

22h Cea "picoteo" pola Visibilidade lésbica e polo estreo da nova sede!

Cearemos todas as que se queden e as que se queran achegar! haberá pinchos vexetarianos como sempre!
Nesta ocasión a cea non terá un prezo, senón que cada unha costeará a/as bebidas que consuma e como no resto da tarde, haberá botes para quen queira facer unha aportación para sufragar a actividade.

00h Festa Lésbicas e diversas! 

Dende ás 12 da noite estaremos no Pub Plaff! pasando un moi bo rato, boa música e xuntarémos un moi, moi bo ambiente!! 
Que máis para festexalo? Pásate! e non esquezas mercarnos a nos as túas consumicións, das consumicións que Nós mesmas venda, o Plaff! donará unha parte para a Asociación!


(Todas as actividades son DE BALDE, non queremos que ninguén deixe de asistir por ter que porlle un prezo a un espazo de debate e formación, haberá botes para recibir doazóns cos que sufraxarase o gasto da actividade e remunerarase á facilitadora do obradoiro.)

Onde: (onde sempre, só mudamos ao fondo do corredoiro!) Porta do sol, 11 bis, 3º, Vigo

xoves, 24 de marzo de 2016

Bus Orgullo LGTBI Madrid 2016




Despois do éxito do ano pasado....REPETIMOS!!

Viaxa a Madrid o Sábado 2 de Xullo, disfruta do ambiente, maniféstate, coñece a festa nas rúas madrileñas nestas datas e volve a casa a descansar o Domingo 3 de Xullo.

Ás saídas realizaránse dende SANTIAGO, A CORUÑA E LUGO, por 50€ ida e volta
e dende PONTEVEDRA, VIGO E OURENSE, por 40€ ida e volta.

O desprazamento realizaráse nun autocar de alta gama e inclúe Seguro de Viaxe e a organización técnica do viaxe ven da man da Axencia Agarimo (XG 528 R/Xeneral Rubín, 21, Baixo, 36800, Redondela-Pontecedra)

Se te interesa...ATENTX ás condicións detalladas a continuación:

-A saída realizase o sábado 2 de madrugada, a hora de saída e os puntos de recollida aínda están por concretar.
-O regreso realizase o domingo 3, saíndo ás 12 do medio día dende a Praza de España (Madrid)
-Prezo ruta norte con saídas dende Santiago, A Coruña e Lugo, 50 euros.
-Prezo ruta sur con saídas dende Pontevedra, Vigo e Ourense, 40 euros.
-Inscrición:
SE SAES DENDE SANTIAGO, A CORUÑA, LUGO, PONTEVEDRA OU OURENSE: contactar directamente coa Axencia Agarimo no tlf 986 125 438, para facilitar os teus datos (nome completo, documento de identificación, tlf contacto e localidade onde vas a coller o bus) e obter o número de conta onde facer o ingreso do prezo completo da viaxe.

SE SAES DENDE VIGO: contacta coa Asociación Nós Mesmas no tlf 627 736 965 ou por mail nosmesmas@felgtb.org, para facilitar os teus datos (nome completo, documento de identificación, tlf contacto e localidade onde vas a coller o bus) e acordar onde e cando facer o pago do prezo completo da viaxe.

-DATA LÍMITE INSCRICIÓN: DOMINGO 26 DE XUÑO

-ALOXAMENTO en Madrid: se queres que Viaxes Agarimo te axude en buscar aloxamento, contacta directamente con eles no 986 125 438. Dende Nós Mesmas non facemos reservas nin búsquedas grupais de aloxamento.

-NON SE FAN RESERVAS DE PRAZA, debido a que o bus fletase a partir dun número de prazas, temos que ter asegurardas as mesmas e non podemos estar a espera de que no último momento confirmese a reserva ou non.

-DEVOLUCIÓNS: o importe total da viaxe será devolta en caso de que non se flete/n o/s bus/es por falta de inscricións, en tal caso avisarase con 5 días de antelación á data da saída. O importe non será devolto se finalmente a persoa non pode asistir.

Coloquio “Corpos e sexualidades nas marxes do sistema laboral”


Coloquio organizado por FestiVal das Bretemas na Biblioteca Pública de Ponteareas  
19 de marzo de 2016.



 O pasado 19 compartimos esta gran mesa con compañeirxs do FestiVal das Bretemas e con Martina (sexóloga) e Antía (1ª xogadora de voleivol federado trans) que falaron, xunto a Nós Mesmas, sobre os corpos e sexualidades nas marxes. Deixamos a continuación a charla da nosa compañeira sobre o que tratamos. Esperamos a vosa opinión.


Ponente: Elisabet Pérez Costas
Na situación actual do mercado laboral quedarse na marxe non é unha novidade nin exclusivo do colectivo LGTBI. Nesa marxe atopámonos moi acompañadas das e das xóvenes que se precarizan ou non atopan o seu primeiro emprego, das maiores de 45 anos, das migrantes, daquelas que teñen unha funcionalidade diversa....
Sendo realmente a marxe moito máis ampla que o propio mercado.

E todas as que formamos parte desa marxe débese, sen dúbida, a unha razón imperante: non damos o perfil que o capitalimos espera de nos...

NON somos homes, brancos, de clase media-alta, heterosexuais e cisxénero, a poder ser casados (cunha familia heteronormativa e cun patrón patriarcal para que a descendencia non sexa un impedimento para a súa carreira) de entre 30-50 anos e con formación universitaria a poder ser.
O que ven sendo, en resumo, que as trans, as nixerianas ou peruanas, a que ten Síndrome de Down ou deficiencia visual, as bolleras, xunto coas naís solteiras e un longo etc NON CUMPRIMOS o estereotipo heterocentrista, machista, mixóxino e racista da nosa sociedade.

De todas formas, TEMOS LEIS, que é moi bonito e moi progue facelas, e para aquelas que si están dentro de ese mercado laboral e se pregunten...e logo, ¿poden despedirme por non ser heterosexual?
POIS NON

Pero as vías para o despido poden ser moitas (e cada vez máis doadas e baratas para o empresario), e é sinxelo atopar unha escusa políticamente correcta para largarte, e se non, sempre queda exercer presión sobre a traballadora para que abandone o posto.
Amparado ademáis en que o acoso laboral, de calqueira tipo, vai ser moi dificil probalo (máis se te larga por la túa orientación e ti estas “dentro do armario”....problemón).

Ante esta situación, por medo ao que poida acontecer, moitas persoas optan por non ser visibles no traballo. 

Ante esta dicotomía, ser visible ou non, moita xente te dí que o privado é privado, e que no traballo non tes que andar a contar con quen te acostas ou ir de abanderada.

Agora ben, o ámbito laboral é un espazo de socialización, onde desenvolvemos parte da nosa vida, pola súa cotidianiedade e cercanía, polas horas que pasamos nel e as relacións que alí establecemos. 
Ocultarnos neste ámbito é negarnos a nós mesmas.

E, ¿cómo se pode ser visible no traballo?

RESPOSTA INOCENTE: do mesmo modo que é visible unha persoa hetero.
E dicir, falando da súa partella, dos seus ligues, das súas relacións afectivas e sexuais, da súa vida social en xeral.

Pero a realidade indicanos que non é frecuente actuar así.

Será polo temor ás reaccións negativas da empresa ou dos compañeirxs, dos comentarios lgtbfóbicos que se escoitan a cotio, dos chistes que vexan a túa orientación ou identidade...todo en conxunto contribue a ter preocupación e ocultalo, acudindo a ese “dereito a intimidade”, que acaba sendo, simplemente, a xustificación, tanto da persoa que se oculta como daquelas que o consideran normal, da lgtbfóbia social existe.

A ningunha persoa hetero ocorreríaselle ocultar esa parte da súa vida, polas consecuencias que lle poda ocasionar no traballo. ¿Imaxinades a un home pensar “vou quitar o anel para que non me pregunten como se chama a miña muller”?

Iso, non é intimidade, é medo e é lgtbfóbia.

Por outro lado, esta invisibilización consciente no ámbito laboral ten outro rasero, xa que reforza a hipótese da inexistencia de persoas LGTB nas empresas. SIMPLEMENTE NON EXISTIMOS.

E, se non existimos, como vai a haber problemas de discriminación ante os que elaborar medidas concretas? (esta é unha razón dada tanto por empresarios como por representantes sindicais).

En definitiva, a visibilidade como ferramenta de igualdade, de loita contra a discriminación e de fomento da diversidade é fundamental. Sobre a visibilidade lésbica, destaca a dificultade que existe entre as mulleres para visibilizarse como “lesbiana”.

Moita xente opina que porque temos que etiquetarnos, persoalmente penso que unha “etiqueta” por así chamalo, non ten que ser un estereotipo, que é onde está o problema, pero é un dos xeitos básicos nos que nos relacionamos as persoas, categorizándonos, usando categorias sociais construídas, que non son estáticas nin excluíntes.

Identificarnos como “lesbianas” agora mesmo, supón aceptar a definición que a sociedade nos impón do que é unha lesbiana e que, probablemente, non corresponda coa nosa propia experiencia e mentras estes significados, vagos e negativos, sobre o lesbianismo sigan vixentes, non nos identificaremos e por tanto, continuaremos invisibilizándonos. Ante isto debemos implicarnos todas nun proceso de deconstrucción, derrubar o muro da invisibilidade e construir unha identidade lésbica positiva, fora da marxinalidade, e aberta aos milleiros de perfís que existen.

E nisto é no que andamos en Nós Mesmas, en saír a rúa e visibilizar as diferentes realidades, achegalas a outros colectivos, traballar a diversidade cxs máis novxs, denunciar a discriminación e reivindicar unha sociedade nosa, de todas. 

domingo, 13 de marzo de 2016

Estaremos nas XII Xornadas para a Igualdade en Allariz

Aquí vos deixamos cartaz e programacións destas XII Xornadas para a igualdade que terán lugar, un ano máis en Allariz organizadas polo seu Concello e nas que temos o pracer de participar na xornada do martes 15 de marzo ás 19h.

Animádevos a participar!