Asociación Nós Mesmas
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Orgullo LGTB Vigo 2018
Nin disfóricas nin incongruentes.
Batukada feminista
Reivindicación
Visibilidade lésbica 2018
Bicada polas rúas do centro Vigo.
xoves, 30 de maio de 2019
I Maratón fotográfico Orgullo LGTBI Vigo 2019
12:49
bisexuais, homosexuais, lesbianas, LGTB, luita, Nos mesmas, orgullo, respeto, vigo, visibilidad, visibilidade
No comments
Durante o 29 de xuño, co galo da celebración da Manifestación do Orgullo LGTBI en Vigo, celebrase a I Maratón fotográfica do Orgullo.
A temática da maratón é o Orgullo LGTBI+ Vigo 2019.
As persoas participantes deberán fotografar sobre esta
temática dentro dos actos organizados pola Asociación Nós Mesmas o día 29 de xuño no que
terá lugar a manifestación do Orgullo LGTBI+ e a Festa DiversX.
Para máis
información sobre o programa de actos aquí.
PREMIOS
1º premio, diploma acreditativo e vale por valor de 100€ dunha coñecida
tenda de electrónica e electrodomésticos.
2º premio, diploma acreditativo e vale por valor de 40€ dunha coñecida
tenda de electrónica e electrodomésticos.
3º premio, diploma acreditativo e pack de agasallos (camiseta serigrafiada
a man, libro de María Xosé Queizán, chapas e chaveiro do Orgullo)
xoves, 23 de maio de 2019
Programación Orgullo LGTBI+ Vigo 2019
09:31
besada, bisexuais, dragking, dragqueen, homosexuais, igualdade, lesbianas, LGTB, luita, Nos mesmas, orgullo, psicologa lgtb, respeto, transexuales, transfobia, transxénero, visibilidad, visibilidade
No comments
| Deseño de Sr.Nadie |
PROGRAMACIÓN
50 nos de Orgullo, 50 anos de loita
50 nos de Orgullo, 50 anos de loita
🔻10/06 ao 30/06 ás 19.00h Casa das Artes
Inauguración exposición:
Ver máis sobre a exposición.
🔻11/06 ás 19.30h na Oficina Municipal de Distrito
Parladoiro "Migrar para ser ceibe, situación das persoas migrantes LGTBI"
con Daniel Bóveda Castro, responsable provincial de Accem Vigo e varias testemuñas en primeira persoa.
Actividade coorganizada con Accem Vigo.

🔻15/06 dende as 12 da noite no Mogambo Pub
II Noite Drag
Ver máis info e inscripción.
🔻16/06 no Monte do Vixiador
Senderismo e encontro familias
15h Xantar compartido e senderismo
16.30h Encontro familias, con actividade para as crianzas
Máis info e inscripción.
🔻18/06 ás 19h no Centro de documentación feminista (Biblioteca Juan Compañel)
Coloquio "Autoras galegas rachando cos moldes"
Con Iria Misa e Eva Mejuto
🔻21/06
ás 17.30h na rúa PrincipeMesas informativas e xogos lgtb.
Actividade coorganizada con Avante LGTB Vigo
ás 19.30h no MARCO
Proxección documental "Vida e morte de Marsha P. Johnson"
🔻22/06 dende ás 13h na rúa Don Bosco
Vermú TransMaricaBiBollo
con DjSeñora
Lectura de poesía LGTBI
Postos de entidades sociais e venda
Posto de comida vegana da Cova dos Ratos
🔻23/06 ás 21h na Praia de Carril
Fogueira ceibe LGTBI+
🔻24/06 ás 19.30h na ONCE
Mesa redonda "Corpos disidentes"
con Nanina Santos, activista maior lesbiana
Equipo DES, grupo de persoas LGTBIH con discapacidade intelectual
Falaremos das sexualidades e corporalidades fora das marxes do normativo. De como reapropiarnos do discurso e das prácticas e como disfrutar e sentirnos persoas plenas e válidas nos nosos corpos, nos nosos afectos e sentimentos e coa nosa sexualidade.
🔻26/06 ás 19.30h no MARCO
Mesa redonda "Xogamos Seguros: VIH, VPH, Prep, Pep..."
con Dr. Antonio Ocampo do HAC, afondará nas ITS e no Prep/Pep.
Laura Labajo Leal, enfermeira VIH, falará sobre VPH en homes que teñen sexo con homes
Carmen Pazos Alonso, enfermeira VIH do HAC, falará sobre Chemsex.🔻28/06
ás 17.30h na rúa Principe Mesa informativa Stonewall Inn
Actividade coorganizada con Avante LGTBI Vigo
hora por concretar, nos Multicines Norte
Estrea documental "Me llamo Violeta"
Documental que afonda na vida de dous menores trans en España.
Ao finalizar debate coa Asociación Avante LGTBI Vigo, coa Asociación Chrysallis e coa Asociación Nós Mesmas.
🔻29/06 TODO O DÍA na Praza da Pedra
Ocuparemos a praza con música, obradoiros, actuaciones e moita, moita reivindicación polo 50 aniversario das Revoltas de Stonewall.18h Inicio I Maratón Fotográfica do Orgullo. Máis información aquí.
18h Obradoiro Batukada. Trae o teu cubo/caldeiro e mazas, aínda que temos algúns de préstamo.
19h Actuación Las Supremas
20h Pregón Orgullo da man de Crysti Tojo
20.30h MANIFESTACIÓN ORGULLO É REIVINDICACIÓN
21.30h Lectura do manifesto da man de Paula Pier
22.15h Actuación Carolina Smith
23h Concerto Flow do Toxo
00h DJ Ingrit Mosquera
01.30h DJ Noe
xoves, 16 de maio de 2019
II Noite Drag, queres participar?
II NOITE DRAG
Despois do éxito da pasada edición, afianzamos as perrucas, tacóns, bigotes postizos e maquillaxe para repetir unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!!
Seleccionamos a un máximo de 8 participantes dragqueen e dragkings que queiran amosar a súa arte enriba do escenario do Mogambo cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público asistente!
Os únicos requisitos son, ser maior de idade, que a actuación non reproduza condutas machistas, sexistas ou lgtbfóbicas e que a actuación teña unha duración máxima de 5 minutos.
Se queres ser a Drag do Orgullo LGTBI+ Vigo 2019, non tardes en inscribirte, tes de prazo ata o 5 de xuño!!
Inscríbete no seguinte formulario.
Primeiro premio_ King ou Queen do Orgullo LGTBI+ 2019, ademais da posibilidade de actuar o 29 de xuño, despois da manifestación do Orgullo, na Praza da Pedra ante miles de persoas, recibirás un lote de produtos valorado en 150€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.
Segundo premio_King ou Queen Fantasía 2019, recibirás un lote de produtos marabillosos por valor de 80€ de comerciantes e hostaleiros da cidade.
Ademais....agasallos para todas as e os Drag participantes!
martes, 23 de abril de 2019
26 abril, Día da Visibilidade Lésbica
19:03
No comments
Aquí vos deixamos os actos que temos preparados para este vindeiro venres 26 de abril!
Lesbicas e desportistas, mesa de experiencias con:
Cristy Shedimar Tojo Velasco, Campiona Europea de Parakátate,
Romina Davila, xogadora de balonman,
Lucia Nespereira, xogadora de fútbol sala
Carmen Mariño, capitana do equipo de rugby feminino. 🥋🏐⚽️🏈
Ás 20.30h na "LA GALERIAjazz"
BolloCea 👩❤️💋👩🍮🍮🍻🍷🍤🍻🍻🍻ás 22h na sede de Nós Mesmas
(incríbete para poder asistir no correo nosmesmas@felgtb.org)
Resumo atencións 2018
19:03
atención psicologica, bisexuais, educación, formación, gay, homosexuais, igualdade, lesbianas, LGTB, luita, Nos mesmas, orgullo, transexuales, transxénero, vigo, visibilidad
No comments
Despois dun ano máis de traballo aquí vos deixamos unha pequena infografía que recolle parte das nosas accións desenvolvidas no 2018. Esta información reflicte as atención realizadas na nosa sede, así como a través do correo electrónico ou da liña de teléfono, sendo atendidas na súa maior parte polo equipo de voluntarias de Nós Mesmas.
Se queres ver a Memoria de actividades de 2018 completa clica aquí
Todas estas accións deseñanse, organizanse e levanse a cabo grazas a todas as persoas voluntarias que fan posible Nós Mesmas. Organizanse nas asambleas e xestionanse en diferentes grupos de traballo, se queres coñecer máis sobre como traballamos, se te gustaría participar e por da túa parte, contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no tlf 627736965 e informámoste!!
Se queres ver a Memoria de actividades de 2018 completa clica aquí
Todas estas accións deseñanse, organizanse e levanse a cabo grazas a todas as persoas voluntarias que fan posible Nós Mesmas. Organizanse nas asambleas e xestionanse en diferentes grupos de traballo, se queres coñecer máis sobre como traballamos, se te gustaría participar e por da túa parte, contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no tlf 627736965 e informámoste!!
martes, 22 de xaneiro de 2019
Curso de preparación de probas de Competencias Clave
14:13
2 comments
O próximo mes de febreiro, comezamos cun curso gratuíto de preparación das probas de competencias clave nivel 2 en Matemáticas, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Estranxeira (Inglés) orientado a aquelas persoas que desexen acceder a formación conducente aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e non contan co título da ESO ou equivalente.
A formación é gratuíta e desenvolverase en grupos de máximo 10 persoas.
Duración: 70h
Inicio: Febreiro
Horario: martes e xoves de 10h a 12.30h
Lugar de impartición: Asociación Nós Mesmas, Praza Porta do Sol, 11-Bis, entresollado 3, Vigo.
PRAZAS LIMITADAS
Se desexas máis información ou inscribirte, contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no teléfono 627736965
venres, 9 de novembro de 2018
Charla de reproducción asistida e dereitos na maternidade homoparental
10:59
bisexuais, homosexuais, igualdade, lesbianas, LGTB, vigo, visibilidad, visibilidade
No comments
O próximo 20 de novembro a nosa compañeira Soledad Torres compartirá experiencias e testimonios reais en torno a Reproducción asistida e a maternidade homoparental nestas xornadas que organiza o Hospital de Fátima.
Dúbidas tan comúns como como iniciar o proceso, quen me ten que derivar, que técnica é a que mellor se axusta a miña situación ou como é o proceso de filiación, DEBEMOS ESTAR CASADAS?? terán resposta nestas charlas
Pero ademais, son outra ocasión para reivindicar a falta de formación e información sobre Reproducción Asistida para parellas de mulleres que ten moito persoal médico, en especial na mediciña de familia, primeiro paso na derivación así como facer patente a necesidade de que se aprobe a Lei estatal de igualdade LGTBI e as parellas de mulleres deixemos de ter a obriga de contraer matrimonio para filiar a unx fillx.
Inscríbete en jornadasfatima@vithas.es ou no teléfono 986 901 975
DÍA 20 novembro ás 19h
LUGAR Pranta Baixa do Hospital de Fátima, vía Norte, 48
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










