Manifesto do Día contra la Homofobia, Transfobia y Bifobia (17 de Maio):
Este día contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia impulsa o recoñecemento internacional da loita pola igualdade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais que paso a paso vamos conseguindo.
Pero aínda que vemos hacia diante non nos podemos esquecer de todas e todos os que quedaron no camiño, víctimas de crimes homofóbicos como os nosos veciños Julio e Isaac, e de todos aqueles e aquelas que viven e sufren nas súas casas, nas aulas, no traballo…O odio e desprezo hacia a diversidade afectivo sexual.
E é importante lembrar que a nivel internacional a Homofobia, a Transfobia e a bifobia teñen forma de lei. Leis que condenan as relacións sexuais entre persoas do mesmo sexo, como ocorre actualmente en 80 países, e que incluso aplican a pena de muerte, como segue pasando en 8 nacións do mundo.
Destacar tamén a especial discriminación que sufren as mulleres lesbianas, esa dobre discriminación que as invisibiliza e victimiza unha vez máis por ser muller; así como destacar o pesadelo que viven no mundo as persoas transexuais que se enfrentan especialmente cada día á violencia, abuso, violación, tortura e crimes de odio en todo o mundo e que se atopan aínda máis desamparadas no ámbito legal e social.
Nunha sociedade como a nosta, que traballa pola igualdade e pretende rematar coa discriminación tránsfobica, homofóbica e bifóbica, a intervención no ámbito educativo é irrenunciábel, xa que a educación en valores, no respeto á diversidade é unha ferramenta básica para acabar co problema de raíz.
Porque é o descoñecemento, a ignorancia sobre a realidade LGTB, a que fomenta a maior parte das discriminacións. Consideramos fundamental a incorporación da diversidade afectivo-sexual e familiar na educación, asegurando un espazo de respeto e igualdade. Para extinguir dos centros educativos o acoso que sufren as e os menores e xóvenes e que quebranta a garantía do libre desarrollo da súa personalidade e do seu benestar.
É por isto que pedimos:
Á OMS, que deixe de considerar a transexualidade como transtorno mental, e promova o acceso á atención da saúde e o apoio psicolóxico axeitado, tal e como demandan.
Que os Organismos de Dereitos Humáns de Nacións Unidas examinen as violacións aos dereitos humáns que enfrentan ás persoas trans en todo o mundo, e que tomen medidas concretas para combatilas.
Que a educación na diversidade afectivo-sexual e familiar sexa unha realidade nas nosas aulas, contando co apoio e traballo dos centros e do profesorado.
Ás administracións públicas de Vigo, pedimos o seu apoio e o seu compromiso, na loita contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia; para promover e normalizar a visibilidade dos colectivos LGTB na cidade; e para establecer accións dirixidas especialmente a erradicar a homofobia entre a xuventude.
E a todas e todos vós, ás familias e amizades e coñecid@s de persoas gais, lesbianas, transexuais ou bisexuais, pedimos comprensión, empatía, apoio e, sobre todo, respeto.
Porque outro mundo é posibel, pero só é posibel con nós.
lunes, 18 de mayo de 2009
Día contra a homofobia, transfobia e bifobia!!
15:56
bifobia, bisexuais, educación, homofobia, homosexuais, lesbianas, respeto, tolerancia, transfobia
No comments
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario