lunes, 18 de enero de 2010

“Obradoiro infantil de lectura pola igualdade”


O pasado 29 de decembro tivo lugar o primeiro obradoiro de lectura para nenas e nenos que
organizamos dende a asociación.
Este xurdiu da idea de realizar unha actividade cos máis cativos, xa que, por
unha parte celebrábase no 2009 o “Ano pola diversidade afectivo-sexual nas
escolas”
, e por outra quenda, as e os pequenos LGTB son os primeiros en
sufrir ás discriminacións dos seus iguais nacidas froito dunha educación e
socialización patriarcal e androcentrista, que rexeita e discrimina ás
minorías.

Pareceunos este un xeito didáctico e divertido de achegarnos ós máis
cativos e, como non, ás súas nais e pais (e avoas por suposto!) e de
mostrarlles a existencia de narrativa infantil en galego como alternativa ós
contos tradicionais.

Contamos con 12 nenas e nenos de entre 3 e 9 anos, e as nais e avoas
dalgúns quedáronse e participaron connosco no contacontos e nas
actividades posteriores.

A relación coa biblioteca foi moi positiva dende o momento do primeiro
contacto aínda que escasa xa que ceñiuse a facilitarnos unha aula na
biblioteca infantil e a realizarnos difusión da actividade o mesmo día con
carteis que eles mesmos crearon.


De tódolos xeitos o consideramos un avance e unha porta aberta para
actividades futuras con actividades deste tipo, e esperamos tamén que nos
reciban do mesmo xeito en breve, xa que plantexamos solicitar a adquisición
de títulos (narrativa e estudios) e films de temática LGTB cos que non
contan na actualidade e consideramos importantes.




Para quen o solicite contamos cos libros cos que traballamos en prestamo.









0 comentarios: