lunes, 17 de mayo de 2010
II Semana contra a Transfobia, a Bifobia e a Homofobia
13:37
No comments
DO 18 O 21 DE MAIO
POLO DEREITO A IDENTIDADE E A LIBERTADE AFECTIVA E SEXUAL.
Martes 18___MESA INFORMATIVA ás 18h na farola de Urzaiz.
Outro 17 de Maio no que o Mundo non aprendeu a aceptar e respetar a diversidade sexual. Outro ano máis no que algo tan doado como que todas as persoas somos diferentes -con diversas formas de entender o amor, o sexo, as identidades…- lonxe de comprenderse como unha riqueza, segue habenco quén o percibe como unha amenaza....por iso este día segue sendo preciso que as nosas voces alcense alto e claro.
Mércores, Xóves e Vérnes___PELIS+COLOQUIO
Día 19_ "C.R.A.Z.Y." ás 18.30h no Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12)
Sinopse: relato dun neno, e logo dun adolescente, diferente que renegará da súa natureza máis profunda por non perder o amor do seu pai. Zachary cóntanos a súa historia de 1960 a 1980, rodeado dos seus irmáns, de Pink Floyd e dos Rolling Stones, entre as voltas en moto para impresionar ás rapazas, os porros fumados ás agachadas e un pai ao que intenta volver a atopar con desesperación.
Día 20_"¿Entendes?" ás 18.30 na Casa da Muller (Rúa Romil, 20)
Sinopse: Aínda que os catro amigos vivan a súa propia homosexualidade como algo moi importante e non o oculten na vida diaria, non responden igual en presenza dos seus pais. Ninguén mais que Josepha, a nai de Camille, está o corrente e co fin de axudar a pais e fillos a dialogar decide organizar unha fin de semana familiar moi especial.
Día 21_"Ma vie en rose" ás 18.30 no Centro Cívico Casco Vello (Rúa Oliva, 12)
Sinopse: : Ludovic é un neno que soña con converterse nunha rapaza. Unha historia que fala da identidade sexual dende o punto de vista da infancia onde todo é posible, sen ter en conta as barreiras impostas pola sociedade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario