jueves, 14 de abril de 2011

Buscamos xogadoras para Torneio Fútbol Sala en Semana Santa!!


Co solciño que anda a facer e a Semana Santa que xa chega temos ganas de saír a xogar ao fútbol!!


Así que nos inscribimos nun torneio de Fútbol Sala feminino e andamos a buscar máis xogadoras.
Os partidos son en Semana Santa, pero tranquilas que de nós ninguén é profesional pero temos ganas de pasar unhas risas!! ademáis os partidos van ser só de 20 minutos!! quén non pode con iso!!!

Asi que animate a facer un pouco de deporte, pasalo ben xogando e nas cañas de despois!!!

E como equipamento non temos, e non vamos gastar cartos nel, dende a asociación pomos ás camisetas que temos do Orgullo pasado para poder ir todas iguais.

Asi que non teñas medo e incribete ou preguntanos máis info escribindo a aso_nosmesmas@hotmail.com!!!

0 comentarios: