jueves, 28 de mayo de 2015

Festa Pre-Orgullo SUMMER PARTY 2015


O Orgullo non se pode facer esperar!!! temos ganas de FESTA, de BOA MÚSICA e de MELLOR AMBIENTE

O próximo sábado 6 de xuño organizamos no Plaff!! a antesala do que nos espera este ano polo Orgullo!!!
Primeiro, ás 22h, todas as que queirades e quepamos, cea-quedada na sede da Asociación (8€ socias, 10€ non socias), inscríbete por correo: info@nosmesmas.com , a mellor forma para ir quentando motores e coñecendo xente!
A partir das 24h, vémonos no Plaff, coa mellor música, en mans de DJ Fantasma, teremos un ambiente diferente, divertido, che de sorpresas e para TODXS!! sexas marica, trans, maribollera, bollera a secas, bi, pan, hetero, inter, queer....está é a túa noite!

Dende Nós Mesmas estaremos vendendo tiquets para copas a 5€ e cervexas a 3€ recadando fondos para o Orgullo coa colaboración do Plaff! así que non te esquezas de buscarnos antes de pedir a túa copa!


0 comentarios: