Asociación Nós Mesmas
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Orgullo LGTB Vigo 2018
Nin disfóricas nin incongruentes.
Batukada feminista
Reivindicación
Visibilidade lésbica 2018
Bicada polas rúas do centro Vigo.
miércoles, 30 de octubre de 2019
#EuEducoEnDiversidade #TeñenDereitoASaber Acción contra a campaña lgtbfóbica de HazteOír nas escolas
16:17
No comments
Segundo a lexislación actual, os centros educativos de todo o territorio estatal teñen a obriga de incluír nos seus contidos a educacion en diversidade afectiva sexual e de xénero.
Por iso hoxe, entidades LGTBI de todo o estado, solicitamos ao Ministerio de Educación como as nosas respectivas Consellerías de Educación que se posiciónen ante este ataque a diversidade e recorden a toda a comunidade educativa a necesidade e obrigatoriedade de incluír a formación en diversidade afectiva sexual e de xénero nas súas aulas.
Dende Nós Mesmas envíamos a seguinte carta a Carmen Pomar Tojo, Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:
Estimada
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; Carmen Pomar
Tojo;
Poñémonos en
contacto con Vd. dende o colectivo lgtbi+:
Asociación Nós Mesmas,
entidade membro da FELGTB.
O motivo desta
solicitude é para trasladarlle a nosa preocupación
e malestar pola repartición en diferentes centros educativos de cartas,
folletos, panfletos, etc… entidade HazteOir,
con mensaxes en contra da realidade
lgtbi+, xa que non só son dirixidas á dirección dos centros senón que
tamen directamente ao profesorado, asociacións de ANPAS e entre o propio
alumnado. Denunciamos que nesta
campaña, aténtase contra os dereitos fundamentais das persoas, o dereito á
educación e a liberdade do ensino, fomenta
odio cara ás persoas e familias
lgtbi+, incumprindo a vixente
lei educativa e as normativas en materia
de Igualdade e Diversidade e que poden incorrer nun delito de odio.
Nós Mesmas confía
plenamente no labor e no valor docente, achegando as aulas a diversidade
existente na nosa sociedade e que tanto enriquece as aulas, pero preocúpanos o
efecto que recibimos dalgúns centros educativas e familias, parte tan
importante da comunidade educativa, despois da recepción de dito material e
como, este efecto, repercutirá no alumnado.
Coñecemos a
inclusión da obrigatoriedade de traballar a diversidade afectivo sexual no Plan de igualdade que se atopa
recollido no Plan Educativo do Centro co fin de que se garantan os elementos
incluídos na vixente lexislación educativa:
Na LOMCE
como un dos principios do sistema educativo
“a equidade, que garanta a igualdade de oportunidades para o pleno
desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa,
a igualdade de dereitos e oportunidades que axuden a superar calquera discriminación” así como “a
transmisión e posta en marcha de valores que favorezan a liberdade persoal, a
responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a
igualdade, o respecto e a xustiza, así como que axuden a superar calquera tipo
de discriminación”
No
Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que
se establece o Currículo de Educación Infantil en en Galicia, onde
recollesé como fin da educación desta etapa, no seu artigo 3: “Potenciarase a transmisión de aqueles
valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a solidaridade,
a tolerancia, o respecto (...) en todolos ámbitos da vida persoal, familiar e
social” e como obxectivo para o segundo ciclo de infantil, entre outros, plasma
o “Recoñecemento e respecto dos diferentes tipos de familias.”
No Artigo 11 do
Decreto 105/ 2014 do 4 de setembro
do Currículo de Primaria: “Evitaranse os comportamentos,
estereotipos e contidos sexistas, así
como aqueles que supoñan discriminación por razón dá
orientación sexual ou dá identidade de
xénero, favorecendo a visibilidade dá realidade homosexual,
bisexual, transexual, transxénero e intersexual.”
No Decreto 86/2015, do 25 de
xuño, do Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no artigo 4 establece que: “A consellería con competencias en materia
de educación fomentará o desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e
mulleres, a prevención da violencia de xénero ou contra persoas con
discapacidade, e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non
discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.
Evitaranse os comportamentos e os contidos sexistas e os estereotipos que
supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de
xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual,
transexual, transxénero e intersexual.”
E
no VII Plan estratéxico de Galicia para
a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020, na área
estratéxica 1, dedicada á igualdade na educación e nos valores, establece a
necesidade de actuar na promoción de valores e actitudes inclusivas e
normalizadoras respecto da orientación sexual e as identidades de xénero, dado
que a “homofobia, a lesbofobia e a
transforbia teñen a súa orixe nun sistema machista, que utiliza estas
manifestacións de rexeitamento social como un mecanismo para limitar a
diversidade de xéneros e que é moi efectivo para manter que os modelos de
“home” e de “muller” se sitúen dentro da “normalidade”, isto é, no socialmente
establecido” e no obxectivo específico 1.6, dirixido a promover valores e
actitudes inclusivas e normalizadoras respecto da orientación sexual e as
identidades de xénero, con tres medidas concretas, que, polo interese para este
proxecto, se detallan a continuación:
o 2.1.6.1 Desenvolvemento de accións de visibilización e
sensibilización social que fomenten actitudes de respecto e tolerancia á
diversidade de orientación sexual, desde a promoción dun cambio cultural e de
valores en favor da igualdade de xénero.
o 2.1.6.2 Impulso de espazos de encontro e participación do conxunto da
comunidade educativa nos que se promovan valores e actitudes favorecedores da
plena inclusión e a normalización das orientacións sexuais e a identidade de
xénero.
o 2.1.6.3 Fomento de actitudes de respecto e tolerancia entre a
poboación adolescente e xuvenil que favorezan a inclusión das diversas
orientacións sexuais e identidades de xénero.
Como na Lei 2/2014 do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non
discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales que ten coma obxectivo garantir o principio de igualdade
de trato e de non discriminación
Pero é preciso unha
aposta maior polos dereitos do alumnado, polo que esixímoslle un posicionamento público e firme a través
dun comunicado chegue a toda a
comunidade educativa, en especial ás familias, ANPAS e Escolas de Familias,
afianzando os valores democráticos que a
Carta Magna outorgou a todos os cidadáns, coma queda recollido no Art. 27 “a
educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no
respecto ós principios democráticos e ós dereitos e liberdades fundamentais”, para erradicar calquera comportamento
discriminatorio cara a comunidade LGTBI+ e a necesidade e a obriga de formar o
alumando na diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero.
Pola nosa banda,
estamos á súa disposición para facer todo o necesario para axudar a
construír unha sociedade de persoas
responsables, respectuosas, con valores, con capacidade de esforzo e
compañeirismo, alegres e tolerantes. Así
mesmo, emprazámoslle a unha reunión
proximamente para abordar este tema entre outras cuestións
lunes, 28 de octubre de 2019
Entre NÓS, Grupo de acompañamento e crecemento para homes GBTI+
17:13
aceptación, atención psicologica, bisexuais, gay, homofobia, homosexuais, igualdade, LGTB, psicologa lgtb, respeto, tolerancia, transexuales, transfobia, transxénero, vigo, visibilidad, visibilidade
No comments
NÒS nace coa intención de facilitar, fomentar e conformar un grupo onde os chicos e homes GTBI+ atopen un lugar onde expresar as súas necesidades, intereses, dificultades…
Onde poder compartir o noso proceso vital nun lugar de igualdade e respecto, coa comunidade como respaldo. Onde poder observar o que preciso na miña vida, neste momento, e que teño ao meu alcance para poder conseguilo.
Onde poder descubrir á comunidade GTBI+ que nos acolle e decidir como quero/podo formar parte da mesma.
Este grupo xurde da proposta do que será o acompañante destas sesións, Iván Fernández, terapeuta Gestalt especializado no acompañamento de procesos personais e grupais de crecemento persoal a través da terapia Gestalt, como o grupo de exploración terapéutica acerca da e sobre a masculinidade, Lugar de Home.
O grupo desenvolverase a través de sesións grupais, os luns ás 19.30h, comezando o 11 de novembro, con frecuencia quincenal na sede de Nós Mesmas, sendo ideal que os participantes manteñan un compromiso mínimo de participación que será comentado na primeira sesión pola cohesión grupal e para valorar resultados.
Para inscribirte podes chamar ao 661 536 263 ou mandar un correo a nosmesmas@felgtb.org
viernes, 18 de octubre de 2019
III Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo Sexual e de Xénero nas aulas, 30 novembro 2019
11:07
educación, LGTB, Nos mesmas, profesorado, psicologa lgtb, respeto, vigo, visibilidad, visibilidade, xornadas
No comments
A educación é un pilar fundamental para o avance social.
Para construír unha sociedade na que todas, todos e todes teñamos cabida.
Presentamos a III edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.
Nestas xornadas se abordan contidos e se comparten experiencias que se están a desenvolver nos centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa, a futuros profesionais da educación, así como a psicólogos, pedagogos...e aquelas persoas motivadas a adquirir formación para introducir a diversidade afectivo, sexual e de xénero na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia.
Día: Sábado, 30 de novembro, 2019
Lugar: IES Audiovisual de Vigo, Rúa de Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, Pontevedra
PROGRAMACIÓN:
11.00-12.00h Prevención do acoso por diversidade afectiva- sexual e de xénero en secundaria. A experiencia de Xàbia Diversa con Carmen Ivárs, Universidade de Sevilla e formadora en Xàbia diversa.
12.00-12.30h Pausa café
12.30-14.00h Traballar a diversidade nas aulas de primaria. Proxecto Plurileand con María Jesús Guedes, Coordinadora del Programa de Igualdad y Educación Afectivo Sexual. Dirección General de Ordenación, Innovación y Calidad. Consejería de Educación del Gobierno de Canarias.
16.00-17.15h Como incluír a DASeX nos plans de igualdade nos CEIP e IES. con Marcos Barreira, CEIP Plurilingüe de Tirán e Paloma García, IES Castro Alobre.
17.15-18.10h A importancia de crear referentes: profesorado LGTBI visible con Javier Cantos, Universidade Jaume I e investigador social.
18.10-18.30h Pausa café
18.30-20.00h Boas prácticas para centros escolares: Rede Escolas Seguras e Rede Educativa de Apoio LGBTQI con Juan Francisco Fernández,director proxectos educativos Lambda e Ana Ojea e Denis Vicente, Rede Educativa de Apoio LGTBQI.
INSCRICIÓNS:
Dúas modalidades de inscripción:
1-PROFESORADO EN ACTIVO EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA
120 prazas
Inscripción a través do Fprofe, Inscrición CFR
Referencia do curso V1902027
Instrucións de inscrición
2- RESTO DE PERSOAS INTERESADAS
60 prazas
Inscrición aberta
As prazas otorgaránse por orde de inscrición ata o día 15/11/2019, enviarase un correo para informar da praza asignada e disporá de 3 días hábiles para CONFIRMAR A ASISTENCIA, no caso de non confirmar, a praza pasará as persoas el lista de espera.
Coñece o noso blog de educación e descarga recursos para traballar na aula:
Organiza:
Subvenciona:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)