viernes, 28 de abril de 2023

Buscas emprego ou mellorar a túa formación? inscríbete!

 

Dentro do servizo Para Nós, dirixido a mulleres trans, damos inicio a unha nova acción, unha lista de suscripción en materia de emprego e formación.

Suscribíndote nesta lista recibirás de forma periódica información no teu correo electrónico sobre cursos, ofertas de emprego, actividades para mellorar a empregabilidade, tips para crear o teu CV...

Se queres suscribirte, entra no seguinte enlace e cubre os teus datos e se queres coñecer máis sobre o programa Para Nós, clica aquí ou contáctanos.



0 comentarios: